Necesitamos un crack

Creo que o que necesita este pais, desgraciadamente, é unha quiebra importante, o sistema da seguridade social, dos concellos, da sanidade, ou mellor ainda do paro. Mentras non se produza unha rotura que poña a xente en garda, e que se dían conta do lío onde estamos metidos non haberá conciencia para dar o xiro fundamental que necesitamos para sair adiante, porque hai moita xente que está un pouco confusa e hai xente que está durmindo ó quente do paro.
Señores, esto temos que arreglalo os que traballamos, porque os políticos non van a facer absolutamente nada que perxudique a súa propia carreira, ós sindicatos só lles interesa a súa propia supervivencia, non a dos seus representados (que non afiliados) e os empresarios complen coa súa misión que é maximizar os beneficios da empresa, non ser una ONG.
A todos se nos enche a boca de protestar pola deslocalizacion das empresas, pero ningúen bota as contas de que hai moitísimos productos que ahora valen moito menos que fai dez anos por causa das importacións chinas, e as tendas de producto chino están cheas de xente, valoramos mais o precio e os horarios, xa están abertas os domingos (unha cesión gubernamental ós chinos, que non vale para os españois, a cambio de que compren deuda española) que a calidade e servicio post-venta. E esto lévanos a pechar empresas a montóns, non queda mais remedo que producir mais e mais barato para ser competitivos, eso sí, sin tocar un pelo das garantías sociales, nada de traballar mais, si acaso menos, e esto é prácticamente a cadratura do círculo.
Mentras nolo vai solucionando o goberno, nosoutros seguimos tirando de producto chino, que total, ben me vale e é moito mais barato.
Tampouco vamos a montar unha piscifactoría que poida dañar un herballo calquera, deso nada, que a monten en Portugal!! Nós xa viviremos do aire. Moitas fábricas están montando no norte de Africa, porque aquí non poden ser competitivos, Ford por exemplo está montando un fabricón en Tanxer, onde as autoridades deixáronlle montar a fábrica con saida directa ó peirao, de maneira que os coches acabados van directos ó barco. Aquí teñen que pasar a un porto seco intermedio, en tren, e despois en camión ou outra vez en tren ó barco, aparte do precio da mao de obra e outras cuestións como as fiscais. Cando esta fábrica esté funcionando, a de Almusafes de Valencia, a qué se vai dedicar? E cando esas e moitas mais vaian pechando, de que vamos a vivir?
Por suposto seguiremos pagando a enerxía moito mais cara que os demais, porque o que se leva é o verde, así que temos que sufragar unha enerxía moitísimo mais cara, pero, ¿Por qué non poñen varias tarifas para os que queiran enerxía verde a poidan comprar (ó precio real) e os outros poidan comprar a de sempre? A resposta é facil, porque non a compraría ninguén.
E moito me temo, que hasta que se produza un bó petardazo, non vai haber maneira de cambiar cousas que son un lastre do pasado:
o sistema de funcionarios
o sistema sindical
o sistema laboral
o sistema político
Mentras non se meta mao a todo esto, pero non con parches, si non con reformas intensas que orienten o mercado hacia a eficiencia, rentabilidade e producción, estamos tocados do c*r*ll*.

o problema son os políticos

Resulta que o terceiro gran problema para os españoles según as ultimas encuestas son os políticos, por detrais de paro e situación económica. Estos son os tres pilares de preocupación dos españois.
Despois está o terrorismo, inseguridad ciudadana e vivenda.
Non figuran as grandes preocupacións de este goberno, igualdade, alianza de civiliciacions, a lei do tabaco, enerxia ecolóxica....
Era ben que cambiasen un pouco ó tiro, porque parece que non van mui encamiñados a solucionar o verdadeiro problema, que a xente non ten traballo e por ende ten problemas económicos. E para solucionar esto, podían de paso solucionar o terceiro gran problema, irse todos para a casa (polo menos a maior parte ) e poñer a xente preparada a tomar decisións que eles non se atreven a tomar por aquelo dos votos. E ollo, non me estou referindo só ós que gobernan, anque estos, como é lóxico, teñen a maior parte da culpa.
Así que fáigannos o favor de solucionar os tres problemas que mais nos preocupan a todos de unha soa tacada. É de supoñer que as medidas tomadas por verdadeiros economistas (non de pandereta como a sra. Salgado) teñan algo de rigor e nos empecen a pór no nóso sitio, porque non tendo unha moeda que devaluar, a única forma de ter competitividade é vía axuste interno. Así o fixo Alemania (que é bastante mais competitiva que nós, pero que de todas formas non quere perder o primeiro posto ) que recuou das 35 horas semanais, que se conxelaron e en moitos casos baixaron os soldos, para manter os seus postos de traballo e a competitividade das suas empresas, nun acordo tripartito entre sindicatos, empresas e goberno. Pero claro, son Alemanes, non estan ahí por casualidade.
Nós mentras tanto, decimos a todo o mundo que non se apure a buscar traballo, que teñen paro para largo, casi lles decimos (ou polo menos moita xente o está entendendo así ) que como esto logo se amaña, e despois xa o virán buscar á casa, e mentras que tire da teta estatal. O malo e que cada vez hai menos quen lle día herba á vaca, e o ubre estase acabando, e naide lle pon remedio a esto, en lugar de tratar de equilibrar a balanza, non lle poñemos solución á orixe dos prblemas e seguimos endeudándonos para sostener o tinglado.
Pois vale. Está ben.
Para o que teña tempo deixo aqui un enlace de unha entrevista na televisión catalana (tranquilos está en castelán) con Tepper, 45 minutos de pura e aplastante lóxica.