Ai, meu pepiño!!! Que agradecido me és, ben deito del!!
Porque é raro o día que non meta a pata hasta o escroto, mira que hai que ser redondo. Pero cantos asesores ten este elemento? Quén llos escolleu? Parecer, parece que llos fichou Rajoy, pero tamén dudo da súa capacidade para discurrir tanto. Esto ten que ser cousa de pepiño.
Pero como se che ocurre, alma de cántaro, decir que Repsol foi privatizada por Aznar!! Si o 60% da empresa foi privatizada por F.González!!
Despois podemos rirnos á conta do comentario de que "ellos no tienen pasado". (risas de lata) "¡Basta ya de la doble moral ante situaciones que ellos provocaron, fomentaron y defienden cuando no están ocupados en rasgarse las vestiduras por defender justo la posición contraria!". (mais risas de lata)
Xa lle esquenceu a pepiño quen estaba en contra do intervencionismo no tema de Enel-Endesa. E tamén polo que vemos, quen privatizou a maior parte de Repsol. Como digo, un choio para calquera que queira criticar o goberno do psoe.
Pero esto o que nos leva, é ó verdadero problema de fondo. Como se articula un mercado libre para que os sectores estratéxicos de cada pais sigan pertencendo a propietarios nacionais, ben sexan persoas ou empresas? No seu discurso, Rajoy tamén esquece que casi todas as petroleras mundiais son de propiedade privada, entre elas todas as americanas, e no pasa nada non? Así que algunha forma terán de evitar que as compren os arabes ou os rusos, só temos que copiar as cousas que os demais fan ben. Zp pode estar tranquilo, non vai ter que discurrir (que non digo que non poida, e que ainda non se sabe si pode ou non) só hai que ver como fan os outros e facer igual.
De aquí para diante, non vamos a falar de todas as patadas de pepiño, so meteremos algunha de vez en cando, porque si non vai monopolizar o blog.
Ay pepiño!!
lunes, 24 de noviembre de 2008 | Publicado por layla en 15:09 8 comentarios
Dareiche o que me pidas...
A lúa si a queres meu amor....
Xa lle gustaría ó bo de Sarko que a Bruni lle demostrara tanto amor... pero bueno, é o que hai. Que bonito queda si non fose tan patético.
O noso presidente despreciu ós EEUU infinidade de veces, e criticou malamente ó sr. Bush outras tantas, e pensou que eso non lle ía pasar factura, pensou que todos son como os españois, que nos mexa por derriba e dicimos que chove... Pois non, ainda hai que ten dignidade, e deixa a España sin voz nin voto no clube. A pesar do furibundo ataque de pepiño, unha das mellores exportacións que fixemos os galegos á política mundial, que lle puxo os puntos sobre as íes ó iankis, ó decir que quen son os americanos para quitarnos de ir á cumbre. Ahí pepiño ahí!Ataca! Ben se deita de ti. E porque non quixo apoiar á Obama na campaña, para non influir, que si non sácalle, non un 7%, si non un 37% de votos (como o PP ó PSOE nas ultimas autonómicas). Este pepiño... para o clube da comedia non tiña precio.
Pero a última hora apareceu Sarko, que ante esta proposición amorosa non pode negarse e cédelle un posto ó insigne economista ZP para que vaia a propoñer un cambio ideolóxico. Claro, temos que propoñer algo insustancial, etéreo, filosófico e incluso poético, porque do resto, do real, do práctico, do que importa, non temos nin puñetera idea. En fin, que vamos a falar de algo tipo "alianza de las civilizaciones" (que por certo, foi unha aportación fundamental ó devenir mundial).
E despois de tanto criti
car, ahí o vedes na foto, con unha sonrisa de cartón que vai de orella a orella intentando caerlle ben ó "boss". Dios!, que vergonza allea.
En fin, o importante é saber a factura que nos van a pasar os gabachos por deixarnos a silla. Da outra vez, ó señor Felipe, outro gabacho mui listiño como este, enchufounos os trenes de alta velocidade por moverse un pouco no santuario frances de ETA, xa non estuvo mal a facturiña. Pero esta... moito me temo que será peor. Non obstante, de esto non podemos falar, porque ainda haberá que esperar un pouco.
Do que xa podemos falar é da reunión en si:
Bush di que a culpa non é do liberalismo económico, xa que Europa ten moito mais control sobre a banca e sobre a economía en xeral, e ten os mesmos problemas ou peores que América. Razón que convence (a min polo menos).
De ZP, por ahora non se sabe nada.
Gordon Brown, na súa línea de solucións claras e concretas (convén non olvidar que foi o primeiro en adoptar medidas de apoio e incluso nacionalización de banca, e ademais fixoo mellor que nosoutros, que o fixemos mais tarde e peor, bueno, fixemos non, porque hasta ahora non se fixo nada) propuxo unha acción conxunta mundial de incentivos fiscais para que as empresas poidan respirar e non periguen os empregos. Bien Gordy, tu si que sabes.
De ZP, por ahora, nada.
Sarko di que se necesita un organismo único que controle a banca, pero parece que os ianquis non están pola labor.
De ZP, pois nada, coma sempre.
Os chinos, co Hu Jintao á cabeza, trae a bolsa chea de pasta e di que vai crear un fondo de 460.000 millóns de eurso (estos no se andan con chiquitas) para revitalizar a economía China, e de paso a mundial (pero solo de paso).
A ZP, casi se lle saen as cexas da cara cando veu a cifra, e reclamoulle ó traductor que non traducira ben, que eso non podía ser. Aparte de esto, nada de nada.
Bueno, por ahora a intervención do presi resúmese en:
Saiu na foto con Bush. (el odiado)
PD.
Lévalle unha, dedicada do propio puño e letra de Bush, para Pepiño Blanco alias "el estudiao".
sábado, 15 de noviembre de 2008 | Publicado por layla en 16:38 1 comentarios