Pois si, resulta que a pouco nos van a chegar os 400 pavos que nos da o goberno (que lle da a algunhos, non a todos, e desde logo non os que mais falta lles fai, porque sin non chegas ó mínimo da declaración, nanai de la china). Resulta que nos descontan os 400 da declaración, pero súbennos o gasoil (mais de un 25% este ultimo ano), a electricidade (http://www.publico.es/dinero/081284/cne/propone/mayor/subida/luz/20/anos) e non solo a tarifa, senon que tamén queda anulada a tarifa nocturna, co que a subida real pode andar entorno ó 50% (http://www.monclovitas.com/foro/showthread.php?t=40174), tamen sube o IPC a ritmo galopante, pero non tan galopante como a cesta da compra (http://www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAS&idnoticia_PK=457606&idseccio_PK=1009) que era a finais do ano pasado un 20% mais cara que o ano anterior, e vendo como vai este ano... non vos quero contar.
Todo esto (subida de combustibles, luz, alimentos, etc) retrata mui claramente a política social de ZP. Sube todo o que nos importa a xente de a pé (seguro que ós grandes capitais non lle importa moito o gasoil que lle bota ó iate ou si sube o caviar...). Por suposto os soldos non suben na mesma proporción, e ademais, os productores reciben o mesmo polos seus productos, sen suba.
E esperade, que esto nada mais empeza, dentro de uns dias veremos como se poñen en folga os sectores do transporte, peixe e agricultura, porque non poden manter mais tempo esta desfeita.
Si o transporte sube tarifas, entonces todo, absolutamente TODO, vai subir na mesma proporción, e si non sube, será porque o goberno lles baixe o gasoil para que poidan traballar os mesmos precios sin poñer cartos. Entonces o goberno recibirá menos en impostos (a baixa só pode vir pola rebaixa de impostos que graban os combustibles, que actualmente é mais da metade do prezo) e o famoso superavit se irá ó limbo (http://www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAS&idnoticia_PK=457606&idseccio_PK=100) como xa se está indo sin que o empuxen. E esto sumáse o que se ingresa de menos pola caida da construcción e o maior gasto en paro.
A política social remátase con uns intereses polas nubes, polo cal a xente con cartos está recibindo unha boa pasta polo diñeiro que ten, así que non os move do banco, non os invirte, non se crea riqueza, e os perxudicados quenes son? Pois si, os currantes de a pé, que irán ó paro, ou verán conxelados os seus soldos. E como teñan que ir ó banco a pedir unha axudiña... leña ó mono!
Pero ante todo optimismo, menos mal que goberna o PSOE, o partido dos obreiros! o adalid das políticas sociais! o fustigador do capital ! o campeón da.. da... da mentira e o engano!!!
Tres Hurras polo presidente ZP! hip hip!
a pouco van chegar os 400 €!!
miércoles, 28 de mayo de 2008 | Publicado por layla en 16:21 2 comentarios
Seguimos coa carta
Despois de unhas semanas, sigo sin oir ningún comentario dende o PSOE de Alfoz, sobre a "famosa" carta que os alumnos do colexio público de Alfoz enviaron o Presidente Zapatero. O único comentario que fun que de leer, fixo o "maestro" no xornal La Razón (http://www.larazon.es/39150/noticia/6/Educaci%F3n_para_la_camarader%EDa), e a sensación que me queda, e que está a escurrir o bulto, decindo que foi unha idea dos rapaces, que al él tamén o sorprendeu... Señor "maestro", afortunadamente, neste pobo, todos nos coñecemos, e seguramente a case ninguén lle sorprende esa actitude de "tirar a pedra e esconder a man". Pero para calquera que aspire a representar a unha parte dos veciños do pobo, o mínimo que ten que ter e asumir os erros que un poida cometer e non agacharse destrás duns nenos para non ter que dar a cara.
Tamén estou esperando que o Partido Socialista de Alfoz, nesa especie de publicación qeu fai de vez en cando, nos de unha explicación. A xente de Alfoz estaríalles muy agradecida de poder leer algo coherente que condenara as actuacións partidistas e sin duda moi pouco intelixentes, impropias de unha persoa que desexe (anque por agora con pouco éxito) ser algún día o representante de tódolos veciños.
Señor José, esto da pólitica non e un xogo, donde un poida facer o que lle pete sin consecuencias de ningún tipo, polo que se os seus compañeiros de partido non llo pidén, será problema deles, pero o que vostede debera facer, e deixar o seu posto de concelleiro, seguir dando clases de coñecemento do medio e deixar de mentirlle a xente. E digo seguir dando clases de coñecemento de medio, porque espero que non teña que dar algún dia clase de ética, xa que con estas actuacions, coido que lle sería bastante dificil.
domingo, 18 de mayo de 2008 | Publicado por layla en 17:11 2 comentarios
a voltas coas listas de espera
Bueno, que vos parece, estos días estase vendo de onde saleu o superávit de Solbes ( o incompetente). Resulta que os xuzgados non tardan en celebrar os xuicios (eso xa o sabiamos ) si non que ademais tampouco executan as penas. Con razon hai tanto sinvergonza neste pais, no caso de que te collan, tardarán dous ou tres anos en xuzgarte, e mentas estarás por ahí facendo o que facías (roubar, zurralle á parienta ou violar algunha menor que outra) despois de xuzgado, é posible que non cheguen a executar a pena, ou no peor dos casos para o delincuente tardarán outros dous ou tres anos en executar a pena. Total, que si lle roubas un coche a un veciño, contas con 4 ou 6 anos de marxen para seguir roubando, e despois, si é o primeiro delito ou si tiña as chaves postas, pois nin irás ó cárcere, e en caso de que vaias, nun prazo ridículo de tempo, estarás de volta. Por suposto, cando saias da cadea, onde estaras facendo cursos pagados e gozarás de todos os servicios (posiblemente mellores que fora, sobre todo en sanidade), e moito mais que posible que cobres o paro. Xesús, que país.
En fin, ainda con todos estos retrasos e faltas, a cadea está chea de xente, así non me diredes que este pais non é un nido de delincuentes. Ten que haber moitos, porque aquí, o delito, sae mui, mui barato.
E por outro lado temos o tema da sanidade. Listas de espera interminables, e xente que morre antes de que o atendan. Non nos deixemos enganar pola verborrea dos floristas. Todos temos algún conoñecido ou familiar enfermo e sabemos o que se tarda en dar consulta, meses ou anos para oftalmoloxía, xinecoloxía, e así varios -xía mais. Os floristas dicen que o PP trata de privatizar a sanidade, pero eu creo que os maiores favorecedores da sanidade privada é o PSOE, xa que si queres que te atendan, si non queres morrer no intento, o mellor é que faigas un bó seguro privado e que te deixes de lerias. Entonces quen é mais progresista, o que te obriga a suscribir un seguro privado para ter atencion primermundista ou o que che da a elexir?. En fin.
De todas formas, a nivel local, temos mostras mais que suficientes do ben que funciona o tinglado. De todos é sabido que se retirou a atención pediátrica no noso val e non se volveu a repoñer. Os floristas dixeron que era momentaneo (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/08/05/5001083.shtml) e de paso criticábase ós alcaldes, supoño que por non protestar (protestar contra os superiores de Jorge Val&Cia). Esto foi o 5 Agosto do 2006. Non se podía permitir tal afrenta, para unha vez que gobernan os socialistas, non podían empezar quitando servicios sociales (de esos que quita a dereitona fascista) así que falan cos seus superiores, e o sr. Jorge Val, volve a aparecer nos papeis o 17 de agosto do 2006 para decir que o delegado provincial do Sergas, lle dixera persoalmente (ollo non ó concello que goberna ós alfocenses, si non directamente ó sr. Val, se ve que deben ter mui bon rollo) que tiñan intención de repoñer o servicio.(http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/08/17/5031249.shtml). Algunha mala lengua decía nesas fechas que se retirara o pediatra do Valadouro para reforzar Foz (de alcalde socialista). O que pasa é o de sempre, non é o mismo ter intención de facer tal cousa, que facer tal cousa, porque para eso, hai que ter algo mais que gana de falar, hai que poñer os medios, facer partidas presupuestarias etc.
O 6 de octubre do 2006 o PP seguia peleando polo pediatra e abogaba pola axuda dos grupos da oposición no concello, (pero que gobernan na xunta e ó fin e o cabo, son os que poden mandar o pediatra) para que botaran unha man. Pero estos estan desasparecidos, onde estarán que se denominan defensores dos veciños de Alfoz? (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/06/5171398.shtml) Pois non se sabe.
O que si se sabe, é que o Sergas, o 26 de abril do 2007, por fin se quita a careta e confirma que non haberá pediatra para Alfoz e Ferreira
Pero espera, que esto non acaba aquí, resulta que o BNG reclama mais atención pediátrica para Foz (http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2007/10/11/0003_6217353.htm) porque ahora non dan feito xa que teñen que atender ós nenos do Valadouro. Co cal nos tememos que cando haxa pediatra, cando o dían encontrado ou dían programado finaciación para pagalo, non será para o Valadouro, si non que será para Foz. En fin.
Un caso similar se deu co PAC de Foz, onde o alcalde cortou a carreteira, encadeouse en Santiago e fixo de todo contra a grandísima inxusticia que o goberno da xunta (daquela PP) estaba a ter cos veciños de Foz. Unha vez que gobernaron os da rosa, xa non é tanta a inxusticia, e hai que comprender que ben pode estar Foz sin PAC. E non pasa nada. Os veciños a tragar.
Asi que, amigos e veciños, xa sabemos de onde sale o superávit de Solbes, de reducir todo tipo de servizos ós votantes, e ainda encima, témolos convencidos de que o facemos ben e síguennos votando. Alegría.
miércoles, 14 de mayo de 2008 | Publicado por layla en 10:38 2 comentarios
