ring! ring!

Vaite ho! Mira que é mala sorte. O grupo do PSOE, critica o despilfarro que supón ter 8 moviles no concello de Alfoz, e fíxate tú, que ‘La Voz de Galicia’ publica hoxe unha noticia (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/04/29/0003_6774781.htm) sobre os móviles que teñen os seus xefes da Xunta.
Vaia por Deus, mira que hai que tér mala sombra. Estes periodistas son uns fachas, seguro que sacaron a noticia para desprestixiar o grupo local da rosa. Pois resulta que os moviles da xunta costannos ós galegos unha boa cantidade de millons de euros ó día. Casi ná.
Como son un pouco aficionado ós números, deume por dividir o numero de líneas que ten a Xunta (3700 ) entre os km cadrados de Galicia (29574) e multiplicalo polos km cadrados que ten Alfoz. Co cal, esta conta arroxa un resultado de 9.75 líneas de moviles da Xunta dedicados a Alfoz (je, je ) co cal os oito do concello ainda están por debaixo da media dos floristas (os da rosa). Outro éxito mais da contención de gastos do goberno do PP en Alfoz.
Non deixa de ser unha tontería, pero fíxome gracia.

Solbes é incompetente.

Ou algo peor, mentiroso, ou algo similar, unha marioneta.

Este insigne experto en economía, leva dous anos sin saber por donde anda (a non ser que si o sepa, e o que quere é que non o saibamos nós). Ben, o ano pasado este campeón do superávit fixo unha previsión de crecemento para España dun 3.5%, o cal xa reduceu a un vago 2.8% ou similares (curiosamente despois das eleccións, pero esto sería por casualidade non?), pero que será por debaixo do 2% a finais do verao, e si non, tempo ó tempo. E eu pregúntome, será tan dificil, con todo o equipo que ten un ministerio de economía, acercarse un pouco mais ás cifras reales? Pois non, non é tan difícil, como proba poden visitar http://www.libertaddigital.com/index.php?action=desaopi&cpn=39569 , onde un economista de verdade, que non ten porqué mentir, fai unha previsión (publicada en setembro do 2007) sobre a economía española no 2008.

En este artículo, este señor, que non ten toda a información nin medios do ministerio, pero ten algo que vale mais que todo eso, un cousa chamada SENTIDO COMUN, e despois dun sinxelo análisis dos factores nacionais da economía, fai una prevision de crecemento ó 2.8% ("el crecimiento de la economía española sería menor del previsto. ¿Cuánto? No lo sé, pero probablemente podría restar, al menos, 0,5 puntos al crecimiento. Por tanto, quizá un crecimiento del 2,8% es más probable que el 3,5% previsto") vale, Solbes, con todo o aparato, tamén coincide con este dato pero sete meses mais tarde. Señor mio, vaia fillo setemesino que lle deu a este pais.
Pero a cousa non acaba ahí, si non que despois de outro pequeno análise dos factores internacionais, fai outra previsión ("Conclusión. La economía española podría crecer en torno al 1,7% en lugar del 3,3% que ha previsto el Gobierno."). Que, mire vostede por donde, coincide bastante cos datos do Fondo Monetario Internacional que o sitúa nun 1.8% (http://www.elmundo.es/mundodinero/2008/04/09/economia/1207746383.html).
O que pasa é que este tal Alberto Recarte, aparte de saber un güebo, é un pouco de dereitas (será por eso que é bon en economía, ou será que como é listo non é de esquerdas?) e por esa razón, xa é un agorero e un dinamitador da excelsa labor económica do PSOE, polo cal non se lle debe facer caso ningún. Lamentablemente o tempo dalle a razón, e digo lamentablemente, porque eu prefería que se equivocase e que as cousas foran mellor para todos, pero eso sería como que o burro tocara a flauta, unha casualidade como outra calquera.
Creo que á vista de estos datos está claro, que este ministro é un autentico desastre, polo menos en canto ó seu traballo, que é polo que cobra. Sin embargo, tamén quedou demostrado, que nos debates televisivos é mais eficiente que Pizarro. Como toda a súa compañía, o sr. ministro é todo pantalla, pero con nada por detrais.

Sr. Solbes, por favor, xa que vostede non vale, fáiganos un favor, rodéese de xente competente e fáigalles caso, vostede só ten que sair na tele a decir o que esta xente lle diga. E siga cobrando, que este pais ben pode con outro chupatintas mais. Pero polo menos non nos engane.
Por suposto ZP, volveo a poñer na carteira de economía, co ben que o está facendo non me extraña.

Somos conformistas.

Dende logo temos un pais que é do mais tolerante. Somos os votantes mais conformistas que se pode pedir. Todo nos parece ben. Si o ministro de Economía asegura e reasegura durante as eleccións que non hai tal crise, e que o pais vai de coña, creémolo. Anque a nosa carteira diga todo o contrario. Pero, bueno, ¡non vou saber eu mais que un ministro! Si di que todo vai ben, é que vai ben. Si despois, só unha semana despois, se da conta de que non é verdade, de que non vai ben, e que estados sumidos nunha crise que non a salta un gitano, pois tampouco pasa nada.
Pois que queredes que vos diga, eu creo que si que pasa. Pasa unha destas duas cousas:
1- O ministro non o sabía. Polo que é un incompetente para non ver tamaña obviedade e debe dimitir e marcharse para a casa, xa que está claro que non ten nin idea do que leva entre maus.
2- O ministro si que o sabía. Polo que é un mentireiro que oculta información ós españois para favorecer os intereses electorais do seu partido, e debe dimitir por faltar á verdade.
Só unha das dúas cousas, pero con igual resultado, o ministro debería irse, pero non se vai. ¿Por qué? Porque neste pais de pandeireta todo vale. Demóstrase claramente que un ministro nos minte descaradamente en todos os medios con algo tan importante como a economía, para ocultar un dato que desacredita gravemente a xestión do seu partido, e naide dí nada. Si naide protesta,¿ Para que carallo se vai ir?
Outro caso, temos unha ministra como é o caso da Magdalena Alvarez (si, a de ‘antes partía que doblá’) que é claramente unha incompetente, que foi protestada por todos os grupos, e ZP, vólvea a poñer no mesmo posto. Pero vamos a ver, sr. ZP, xa sabemos que manda vostede ho! Non fai falla que faiga alarde de mando.
Manda vostede, pero mande ben, carallo, non lle digo que poña un do PP, nin siquera un que sexa bon (que seguramente non o terá nas súas listas) pero polo menos poña alguén que non sexa manifestamente incompetente. Porfa.
Mais casos, o da ministra de Defensa Carme Chacon. Ollo, nada que objetar á valía como ministra, pero non de Defensa, que unha persoa que publicamente se recoñece nacionalista e pacifista non pode estar ó mando dos Exércitos dun pais, dun pais que lle gustaría trocear en outros mais pequeniños. Tampouco unha pacifista, cuidado que pacifistas somos todos, pero o término pacifista aplícase á xente que aboga pola disolución dos exércitos, ós que considera culpables das guerras. Bueno, pois dígalle eso ós mariñeiros que están secuestrados por uns piratas somalíes, os cales intentará liberar unha fragata de esos pérfidos exércitos. Ou senón vaia a falar cos piratas e convénzaos dialogando con talante, de que devolvan o pesqueiro e tal. Que si, que todo é moi bonito en teoría, pero na práctica, hai que ter un exército para que nos protexa de ameazas alleas, nos guste ou non.
E qué decir dos trasvases, pois nada, resulta que unha semana antes das eleccións non se podía facer ningún trasvase, pero ahora si. Claro que tampouco se trata dun trasvase si non dunha aportación puntual de auga.
Está claro que si Barcelona non tén auga para beber hai que solucionalo, e está ben que se faiga. Pero tamen é certo que esta (e outras obras importantes) estaba recollida no plan hidrolóxico nacional, e estaban todas as obras subvencionadas pola comunidade económica europea. Poidéronse facer todas sin que lle custara un peso ó estado español. E si despois de feitas se vía que non se debían usar todas, pois podería deixarse de utilizar algunha. O tempo demostrou que ainda estando en contra da totalidade, algunha era moi necesaria, incluso para o PSOE. Ahora vámola pagar nós. Hasta un ex-diputado e ex-presidente da comunidad de Madrid socialista nada sospeitoso como o Sr. Leguina, recoñece que el Gobierno paga ahora su "demonización de los trasvases” (http://www.joaquinleguina.es/ ) Hai outro caso, o do Embalse Andévalo, feito polo goberno do PP no 2004 e que quedou sin canalizacións pola derogación de dito plan hidrolóxico (http://www.diariodesevilla.es/article/andalucia/37630/la/presa/andevalo/esta/inoperativa/los/cuatro/anos/su/inauguracion.html) . Pois leva catro anos sin que os regantes os poidan utilizar, teñen unha enorme piscina, pero non poden regar dende fai catro anos. Ahora tamén as vamos a pagar nós. En fin.
O que desde logo fixo moi ben o PSOE durante todos estos anos e a domesticación hasta niveles serviles dos sindicatos. ¿Onde están ahora os CCOO e UGT tan belixerantes en outros tempos? ¿Acaso non ven que o poder adquisitivo dos seus afiliados está caendo ano tras ano? Qué tranquilos andan ahora. Será porque o pais vai ben.

O lider do PSOE en Alfoz, adoctrina nenos.

Pois si, fíxate tu, que o líder do grupo local do PSOE en Alfoz, á sazón profesor, utiliza os seu cargo, pagado por todos os españois (sexan ou non do PSOE), para adoctrinar políticamente os seus alumnos.
Este insigne profesor, o nambergüan da tolerancia, nada partidista e que realiza o seu traballo con gran profesionalidade, fixo redactar os seus alumnos unha carta de felicitación ó presidente Zapatero pola súa victoria. Despois, cheo de orgullo zapaterista, reunéu a todos os nenos para leerlles a contestación de Presidencia dándo as gracias por tan amable misiva. Momento que aproveitou para insinuarlles ós rapaces que xa vían que había que votar ó PSOE.
Pero home como é vostede tan sumamente cazurro. Mira onde van a estar os caciques. Que pouco aprecio lle teñen ustedes á súa profesión, por outro lado tan noble, que a encochan ca política. ¿Que pasa, que como non é capaz de convencer a mentes formadas, ten que intentalo cos nenos? ¿E que están tan sumamente enfermos de resentimento que dedican cada momento da súa vida a facer campaña? Si non toca hasta dentro de dous ou tres anos!! Reláxese home!

Tamén houbo invitacións a esgalla para celebralo, e eso paréceme ben. Faino cos seus cartos, e si non lle da vergonza mostrarse públicamente tan forofo, pois que o disfrute. Pero mire señor, a vostede págalle (e ben) o estado para que imparta clases de materias que veñen no plan de estudios, e esta clase que vostede imparteu non ven en dito plan. E faigo referencia a que lle paga o ministerio de educación, porque vostede tende bastante a confundir os términos, a vostede non lle paga o PSOE, págalle o estado, e o estado somos todos. Anque ahora gobernen os do PSOE.
Vostede está malversando o tempo que lle paga o ministerio para dar unha serie de consignas que non veñen ó caso, porque tamén haberá entre os seus alumnos fillos de votantes do PP, que ó mellor teñen a intención de educalos nunhos valores distintos ós seus, e non porque señan distintos teñen que ser equivocados. Vostede debe impartir coñecementos, non ideoloxías políticas, eso pertenece ó pasado, pertenece a un episodio de dictadura que fai anos que se acabou.
¿E vostede presume de demócrata?. ¿Vostede se atreve a decir que ademais de ser honrado hai que parecelo?
Eu creo mais nas realidades que nas apariencias, para min é mais importante ser, que parecer.
E vostede, nin é nin parece.

analise do panfleto do psoe

Imos intentar analizar (non é doado) o folletín que a agrupación local do PSOE, reparteu por Alfoz estos dias. Non é doado analizar seriamente tal sarta de medias-verdades e mentiras sin sentir vergonza allea, non é facil sobrepoñerse a cobardes ataques personais basados en mentiras e en mala baba de perdedores resentidos, cabreados có mundo e con todo o que non sexa o universo do seu (limitado) punto de vista. A ver como sae a cousa:
Na primeira páxina, maravillosos resultados electorais, sentímonos felices e contentos, aplaudimos cas orellas do bós que somos. Que ledicia. Vendo os datos, resulta que que o bloque empata, lóxicamente os partidarios do BNG son bastante acérrimos, e hai que esperar a que cumpran anos para que cambien de idea. IU perde trescentos e pico mil votos, outros tantos esquerra, perde tamen cincuenta mil Ciu, e cento e pico mil PNV, total hai unha baixa de oitocentos e pico mil votos. E resulta que o PSOE solo apaña cuarentamil, e o PP catrocentos mil.
Pois vai ser que os votos de esquerra e iu non foron para o PP, si non que foron para o PSOE (non vaia a ser que gobernen os fachas) e os sectores mais centristas do PSOE cambiarian a PP. Esta explicación parece mais probable que o feito de que un votante da izquerda mais lateral cambie de voto ó PP.
Asi que, señores, non señan tan autocomplacientes, que si non chega a ser pola axuda do voto util da esquerda mais radical, estarían ustedes na oposición.
Despois dinos que si somos progresistas e solidarios temos que ser do PSOE. Si non o somos, si somos egoistas e retrógrados, entonces podemos ser do PP. Vale, en fin...
Paxina segunda, o desconcertante 'sabías que...'
A seguridade social do alcalde... ¿E logo, que tiña que estar, sin asegurar? Non entendo o enunciado, custa o que marca a lei. ¿non? Menuda parvada. Sin comentarios.
Todos os vehículos do concello están con MAPFRE, ¿e qué? Todos o vehículos do concello son dous (creo). Evidentemente parece un suculento festín para calquera broker de seguros. Vaia por Dios. Esto é o que dedica o tempo os candidatos do PSOE, a buscar Marbellización en Alfoz, je, je. Pero serán muertos de hambre. je, je. De todas formas si esta xente ve indicios de prevaricación, que vaian o xuzgado, que para eso está e que se deixen de bobadas, e de intentar confundir á xente decindo medias verdades, como si tér dous vehículos asegurados en MAPFRE fora un capital.
Que os familiares dos concelleiros non poden desempeñar traballos nos concellos, vale, esto debe ser unha nota informativa, que sempre agradecemos desta xente tan interesada na nosa cultura. Por outro lado non vemos que aplicación pode ter no concello de Alfoz. Seguiremos esperando a ver si son mais explicitos, ou si simplemente se trata de tirar a pedra e esconder a mau como fan sempre.
Que os concelleiros non poden vender materiais o concello, pois o mismo, non consta, pero si ven indicios, xa saben a onde teñen que ir... que por outro lado é a súa obriga.
Que hai móbiles no concello, claro... ¿Habían falar por tam-tam? Por señais de fume non se pode, non deixa SEPRONA. Outra parvada mais de desocupados sin moito que facer.
Que o goberno subeu o imposto de aparcamento. Si. E tamen subeu o pan. E a electricidade, señores, desde que gobernan os seus superiores, subiron moitas cousas, os productos agrícolas subiron un 46% desde o 2006 (publicado diario 5 dias, 19/04/08) subiron na tenda porque ós nosos veciños non se lles paga mais (o feito de que os intermediarios ganen mais nos productos agrícolas que antes e o productor cada vez gane menos debe ser pola eficiente política progresista do goberno de Zapatero), o gasoil un 23% (http://inversores.es/espectacular-subida-del-precio-del-gasoil-y-la-gasolina-23-y-12/) nun ano. O precio das hipotecas , mellor non falar o euríbor duplicouse en dous anos, pode comprobarse fácilmente en calquera páxina economica. Claro que todo esto non é culpa do goberno do PSOE, faltaría mais, é culpa da oposición, que son uns agoreros. E claro ante todo esto, que é unha tonteria, vemos que o imposto municipal subeu 6€. Je, je. Non sei si son así de incompetentes, ou é que a cabeza non lles da mais. Vamos a ver señores, o pobo votounos a ustedes para que intenten facer algo productivo, non para buscar unha mota de polvo no basureiro no que están convertindo este pais.
Seguinte punto, o PSOE non puido celebrar un mitin porque habia un sindicato (non se oviden do dato importante, afín ó PP) celebrando un curso. Bien, este punto merece un comentario. Señores do PSOE, aquí pecan ustedes de maldade, porque non pode ser que despois de 30 anos intentando ganar unhas eleccións no Alfoz, non coñezan ainda a lei electoral que rixe neste pais e regula todo o concerninte ás campañas de eleccións. ¿Que querían ustedes, que se desaloxara un curso de un local municipal, para que ustedes ocuparan un espacio que non solicitaran como é preceptivo á xunta electoral? ¿Quen se creen que son ustedes? Supoño que a leis rexirán igual para vostedes que para os demais. ¿Ou vostedes están por encima das leis? Tamén pode ser que queiran dar a entender que o concello, o gobernado polo PP, lles negou ese local. Pero ustedes saben que o goberno municipal non ten esa potestade ¿Verdade? Entón porque tratan de confundir á xente. ¿Será porque non son capaces de ganar limpamente e calquera cousa vale? En fin, é o que hai.
O PSOE ganou nas mesas de S. Pedro e Bacoi, pois vale, enoraboa ós premiados.
Os peores resultados sacounos no Pereiro. Non entendo esta noticia, ¿Queren decir algo con esto? ¿Tratan de que se sintan avergonzados os do Pereiro?¿Acaso son os culpables de que non ganaran a alcaldia? Non sei, a noticia escapase á miña comprensión. Igual é algún tipo de clave secreta.
Que a consellería liberou o concello de pagar polo centro de primaria. Moi ben, unha boa xestión do concello. Para que despois digan que non traballan.
Que o concello desconoce as subvencions da Deputación. Bueno, bueno... Hai que ser jetas para reconocer públicamente que a Deputación sáltase o goberno do concello utilizando as subvencións públicas (ollo, públicas, que non as pon o PSOE, que as poñemos todos cos nósos impostos) para que os cadidatos do PSOE, fagan campaña directamente cos veciños, ocultando a información a Alcaldía. Hai que botarlle h..vos!! Pero mira que hai que ser incompetente para decir esto! Non me extraña que leven 30 anos intentando derrocar o PP.
Que os grupos non teñen información sobre o PXOM, pois non sei porque non a teñen. ¿Será que non teñen nada que decir por ahora? Supoño que os seus socios de goberno na xunta, que ostentan a carteira de Urbanismo teránnos puntualmente informados non?
Resulta que nos cae mui ben o presidente de Deputación. Pois vale, pero non sei a quen, porque preguntei por ahí e naide o veu. ¿non viría velos a ustedes namais non? Porque a deputación é de Lugo, da provincia de Lugo, non concretamente dos votantes do PSOE supoño. Espero que non estean facendo uso partidista dun órgano provincial. ¿Verdade que non? ¿Verdade que si ven o Presidente ou Vicepresidenta da deputación vai a vir a interesarse polos problemas do concello, no concello, co goberno legal de este concello? Non creo que xente tan democrática e progresista ande por ahí ó marxe do Concello, da mau da oposición facendo méritos. Ustedes non farían unha cousa tan rastrera ¿Verdade?
A deputación aprobou unha traida de auga para Pereiro e Oiras. Descoñécese o dato dos resultados electorais nas Oiras. Porque parece que se da a entender que as subvencions da Deputación e os resultados electorais están ligados. Convén recalcar que os cartos da Deputación saen dos nosos impostos. Dos de todos.
Vai solicitar que se envíe información os domicilios. Ben feito, pero creo que será contraproducente para vostedes. Si a xente ve o que realmente pasa, non vai creer a sarta de tonterías e mentiras que din no seu panfletucho.
Que as actas chegan tarde, vale. Mui mal por non darlle a oposición as actas dunha reunión na que estuveron presentes. Que desfachatez. Con un goberno municipal con estes fallos tan clamorosos vamos á ruina segura. Outra parvada mais. Hai que rellenar.
Que non se convocou os veciños á concentración contra o terrorismo. Vale. Non quererán decir que a alcaldía de Alfoz está a favor do terrorismo. Eso mais ben corresponde ó seu partido. Non creo que lles faiga falta recordar que ata fai pouco tiñan un etarra confeso (con 25 asasinatos recoñecidos, e orgulloso de cometelos e que nunca se arrepenteu de nada) tomando os viños polo seu pueblo, mentras as súas víctimas tiñan que esconderse na súa casa.
Que o PP seguiu facendo campaña cando estaba suspendida. Volvemos ó mismo, si dicen verdade (que non a dicen), e non denuncian un delito, están incumplindo co seu deber. Pero como saben que o que dicen non é verdade, e non teñen probas de nada, o que ustedes fan chámase calumnia.
Paxina 3. Ahí temos á vicepresidenta da Deputación, coa plana maior do PSOE. Non sae naide do PP, ¿Onde estarán?. Vaia, vaia, a que vai ser verdade que andan ás escondidas. Eso está mui feo.
A piscina. Fixose unha festa para inagurala, e parece ser que foi cara. Barata non foi. Pero ainda é mais caro levar a un pediatra ca ministra de defensa a Afganistán para que se luzca aló, cando non hai pediatras acó. Se ve que o superavit de ZP non da par mellorar a sanidade.
O seguinte, pois mais do mismo. Acúsase o delegado de obras de roubar ó concello. Mentindo, como sempre.
O grupo do PSOE, fixo unha pregunta ó respecto como recoñecen no papelucho (na última páxina), a cal se supón será contestada no seguinte pleno. ¿Entonces cómo acusan a alguén de algo tan grave si non lle deron ainda resposta?.¿ Non será porque lles da igual o que lles contesten porque xa teñen condenado ó delegado de obras no seu particular xuicio sin defensa algunha?. Pois ben, o que dicen, aparte de cobarde acusación, é mentira. E tamén dicen mentira sobre o da ponte de Santa Mariña. Calquera que teña interese en saber a verdade pode acudir as actas dos plenos de aquela época. Con respecto ó de ahora, tamén verán que minten cando lles dían resposta no pleno. A ver si despois son capaces de reconocelo no papeliño este que publican ustedes.
A ultima páxina (gracias a dios) fai referencia ó inxente traballo que fixeron estos dias con un traballo sin igual, e tal, Pascual. Bla bla e pouco mais.
Despois algún dos abnegados profesores da lista do PSOE, danos unha clase de semántica. Gracias. Pero non sabemos a que ven. Que algúen lles chamou chusma a algún de ustedes. Desde logo, ¡qué afrenta!. E moito mellor chamar, caradura, ignorante, ladrón, prevaricador, interesado etc. a algunhos dos compoñentes do Goberno do Alfoz (aquí convén recordar anque lles pese, que é o goberno elexido polos veciños de Alfoz, que os preferiron antes que a vostedes, pero no perdan esperanzas, algún día... quen sabe. Si Pepiño Blanco cheguou onde chegou, e Chikilicuatre vai a Eurovisión, ¿Por qué non van gobernar vostedes?)
Espero que poida ter tempo para contestar o próximo folletín desta xente dan pouco amargada e resentida.

os vellos da farmacia

-A ver pepe! Moito tempo hai que non te vexo.
-Moito, e a ultima vez tamen foi na farmacia, e boa verdade que todo se garda para a vellez! Como che vai ho
-Ben, doeme un pouco o óso, pero será cousa do tempo. E ainda por riba, cada vez vexo peor, o outro día quixen ler unha propaganda que mandaron e solo puiden ler as letras gordas roxas!
-Tampouco te perdiche nada, non valía gran cousa.
-E logo de que iba?
-Falaban do contentos que tan porque gañaron as elecions, e tal.
-Ai si, xa me dixo o meu neto que lle escribiran ó ganador unha carta, está moi ben arrimarse ós que ganan, xa no lo decían os da falange. Asi e todo hai cousas que non cambian…
-Pois non creo que faga falta escribirlle unha carta, ben llo podian decir de palabra, o que ganou non vive na Seara?
-A ese non, animaliño! Ó que lle escribiron foi a Zapatero. Taba tan contento que houbo festa rachada, pero seica non taba para tanta leria cando ganou o da Seara, andaba algo retorcido.
-Non me extraña, co tempo que levan intentandoo, ben lles podían deixar gañar algunha vez. Anque só seña pola antiguedade. Porque hai algun que leva 25 anos batallando. Fíxate si están emburrados, que hai un que dixo que se ía cando se fóra o vello, que o había tumbar. E tan embalado que estaba coa victoria que non se acordou de irse!.
-Tamén abusan algo deles ho, porque mira que non botar á xente que estaba no salón de actos para que poideran facer o mitin.
-Dende logo, hai que botarlle valor. Que falla de democracia.
-E logo ti poque crees que non ganaron, será por que non teñen boa xente?
-Non, no é por iso.
-Será logo polo programa.
-Tampouco.
-Entón será porque a xente non se fía moito deles.
-Non ho! Seique é culpa dos do Pereiro, e eso que ahora traenlle a auga da diputación, que debe ser algunha xente que traballa aparte do concello porque según parece alí non se sabe nada deses cartos que mandan para acó.
-Pero diranlle algo? Ou será algo secreto, ó mellor o esconden como o da crise.
-Secreto non é, porque os do folleto sabeno todo.
-Pois estos do concello mira que son burros! Que o sepa a oposición e non sepan nada no goberno manda carallo! Se ve que non len o mesmo periodico.
-Si ho, esto da diputación está moi ben, hasta o que manda nos cae moi ben.
-E logo coñecelo?
-Na miña vida o vin, pero no panfleto di que nos cae ben.
-Pois si o di nos papeis será verdade. E fala algo da crise esa que tan famosa é?
-Non, deso non di nada, pero é normal porque colleunos de sorpresa, fíxate tu que o dia antes das eleccións nadábamos na abundancia e unha semana despois estábamos nunha crise que nos levará dous anos levantar si hai sorte. Así que a cousa tuvo que vir moi de repente. Sería desas galopantes.
-E tamén e culpa do Pereiro?
-Non ho! Esto é culpa do petróleo e duns bancos de América que fixeron non sei que hipotecas.
-Bueno, o caso é ter a quen botarlle a culpa.
-Ben se ve que estes non son túzaros como os outros, saben doblar. Si os outros dician que había crise, e tiñan razón, pos dáselle e punto, para que temos que discutir si é certo. E co da auga igual, si non o fixeron ben e rectifican anque sexa tarde non o fan mal de todo. Que mais da que antes o pagara Europa e ahora o pague España, están todos tan lonxe!
- O caso é que non no lo quiten da pensión, porque co que subeu todo non me chega para nada. Viche o que subeu a leite?
-Na tenda si, pero na vaca non. Ben se deita que a xente ahora e mais civilizada, porque fai pouco ben se montaba unha tratorada para trancar as carreteiras porque a Xunta non facía nada polo agro.
-Xa ora, pero ahora non é culpa da Xunta…
-Será dos do Pereiro logo.
-Non ho, é culpa das leiteras. Antes era culpa de Fraga, ahora son as leiteiras. Así e todo, si non se corta a carreteira non se consegue nada, senón pregúntalle ós de Foz, que xa deben ter os médicos, porque non volveron a trancar nada.
-Non sei si neso non che cambiarían tamen de parecer, coma cos etarras, que antes queríanse rendir, pero despois non, e ahora, xa non sei quen está a favor ou en contra, porque parece que algo pasou tamen no concello, que non sei se non estarán a favor deles.
-Bueno ho, o caso e ter talante, que tempo hai para amaña-las cousas. Moito peor é o meu, que me dixo o veciño que me roubaran no cabanote.
-É sábese quen foi?
-O veciño di que si, que el sabe quen é o ladrón, e xa me dixo quen foi e todo, bueno, díxomo a min e a todo o barrio.
-E pois haberá logo que denuncialo que para eso están os tribunais.
-Non se atreve, porque para min que non ten nin idea do que di, e debe ter medo a que despois o acaben denunciando a el por mentir. Éche algo falabarato.
-Pois tamén o teu veciño é algo cantamañanas, si sabe que alguén rouba e non o denuncia, ou minte, ou é complice do ladrón.
-Boh, hai que deixalo, eu creo que non che está moi ben dos nervios. En realidade eu creo que non me falta nada.
-Pois logo haberá que chamar á asistenta, que lle bote unha ollada ou que veña o medico da seguridade social, que para eso está.
-Non che sei si terá seguro, creo que nunca pagou o censo.
-Tampouco creo que faiga falta, según teño entendido, ándanche criticando á xente por pagala, ahora non debe ser obligatorio. Igual é voluntario, así que só a deben pagar os parvos!
-A onde vamos chegar, entre tanto regalo, e non pagar os que traballan a ver de que vamos cobrar nós!
-En fin pepiño que che vaia ben.
-Hasta outra manoliño.