Temos aquí un caso de matrimonio de conveniencia, e ben atado por lazos de interés mutuo. Resulta cando menos raro que ante unha crise de tamaño xigantesco como a que nos azouta non se plantexe ningun tipo de reforma laboral. Eso non se toca!!
E tamen resulta raro que os sindicatos non digan nin mu con respecto a cifra galopante de parados.
Tamen resulta raro que ningún medio de comunicación se leve as mans á cabeza cando o presi foi a suplicar o outro día á reunión dos sindicalistas, "os necesito", e a decir que non se levará a cabo ningunha medida de tipo laboral sin a aquiescencia dos sindicatos. E esto que quere decir? Que si os sindicatos din que non a todo, non se facerá nada anque sexa necesario? Esto é unha claudicación en toda regla a cambio da paz social, a cambio de apoios e silencio nas rúas.
A mellor de todas é a da nova responsable de economía, que empeza con bó pé, decindo o venres que o despido non debe estar mui caro cando hai 800.000 novos parados. Bárbaro! Esta debe pensar que as empresas botan á rúa a xente e función do que lles coste o despido. Entonces nada! subímolo, poñamos a... x10 veces o costo e así, xa non hai más parados!! olé! como non se nos ocurreu antes!!! Mamaiña o tren!!! Qué volva Solbes, por favor!! (nunca pensei que diría esto)
Esto é unha vergonza.
Pero claro, os sindicatos recaudan menos do 10% do seu presupuesto das cuotas dos asociados, o resto ven de subvencións estatais. E importalles un pemento si a situación é sostible ou insostible para unha balanza da seguridade social que se vai ó carallo. O importante é conservar os postos (non os dos traballadores, os deles). E tampouco importa a creación de traballo mediante flexibilización dos novos contratos, non!! O importante é que se aumente o gasto social para que todos sigan cobrando o máximo tempo posible, sexa cal sexa o impacto no déficit público. Por eso o presi se enfada tanto últimamente defendendo a capa e espada o indefendible, o inmobilismo ante o que todo o mundo (e cando digo todo o mundo digo OCDE, confederacion de empresarios, de autónomos, FUNCAS, comisón europea, Banco de España... ) lle está pedindo, que reforme urxentemente as areas laboral, de educación, de xusticia e fiscal (por certo a laboral e de xusticia xa as puideron facer os do PP e tampouco as fixeron).
E para esto estamos casados, para protexernos mutuamente e esconder a folla de ruta de este barco que se vai ó garete sin remedio.
E para sair en manifestación nas comunidades autónomas onde non goberna o PSOE, hai que joderse.
canto nos queremos!
lunes, 27 de abril de 2009 | Publicado por layla en 10:33 0 comentarios
por certo....
E que me esquencía...
Qué foi do éxito augurado polo presi que ía ter o plan E, ese que gastaba 8.000 millons de euros nos concellos, e que iba ter un impacto letal nas cifras do paro?
sábado, 25 de abril de 2009 | Publicado por layla en 18:02 0 comentarios
a liberación de zapa
Non é que se faga liberal d. José Luis, non. É que por fin se liberou. Por fin se desatou e xa pode gobernar sen impedimentos ó seu antoxo. Porque este Solbes, aparte de un aburrido, é un pesado có tema de non endeudarnos mais. Porque ZP cree que ainda hai marxe para endeudarse mais, así que superaremos o 8% do PIB o próximo ano (como co tema dos parados, acepto apostas). Entón, di ZP, mellor poñemos alguén que sexa mais dócil. Esta Elena está ben. Esta Elena, que desde os circulos socialistas levan semanas dicindo que é unha gran xestora, e que ten un master en economía e tal, non é tal cousa. O seu escaso curriculo non admite duda.
Promulgou a lei antitabaco, lei que está funcionando en toda Europa menos en en España, porque aquí se sacou mal, a medias, dunha forma que naide entende, porque perxudica a unhos e favorece a outros (polos famosos 100m2). En Francia, Italia, etc, non se pode fumar en NINGUN sitio público, e non pasa nada. Aquí, pódese fumar si o local é menor de 100m2, pero nos restaurantes non (segun a lei), ten que haber un comedor separado para fumadores, pero hai a confusion cos dichosos 100m2, porque si ten bar e restaurante, e o bar ten menos dos 100m2, pódese fumar ou non? Por outro lado, non se sanciona a ninguén. Resultado? Fuman hasta os camareiros detrás da barra. Fracaso total. Salgado suspende.
Tamén quixo promulgar unha lei que penalizaba duramente o consumo de alcohol, sin reparar en que perxudicaba gravemente a industria do viño. Que non só é unha industria, si non unha cultura deste país. O sector levantouse en armas e a ministra tuvo que recuar. Outro fracaso da xestora.
Despois deste rutilante paso por Sanidad callado de éxitos, estivo en Administracións públicas, con un brillantísimo feito, conseguir que os funcionarios, que son o único colectivo que ten asegurado o seu traballo nesta crise, viran incrementados os seus soldos nun 3.5% este ano, en plena recesión. Posiblemente sexan os ciudadanos do Estado que gañarán poder adquisitivo neste exercicio. Con un par.
E esta vai ser a que leve a economía.
Pois moito me temo que o swing que quere imprimir o presi vai de esto, de despilfarro. Pero bueno xa se verá (pero que se vaia vendo, por favor, que esto empeza a ser inaguantable).
O que está claro e que o que se quería conseguir, foi un fracaso total. Porque cando se fai un cambio de goberno é para xerar novas ilusións non? Pois o 63% dos españois (según nc report) opina que o fará igual ou peor que os que estaban antes. Pois eso.
Publicado por layla en 17:07 0 comentarios
imos cambiar?
Parece que vai haber cambio no goberno de ZP, falta fai, pero chega tarde. Non vou entrar no tema de fomento porque me parece unha broma de mal gusto, Maleni era infame, e o semihumano, pois bueno... sin comentarios, poñer a un iletrado de ese calibre ó frente de unha carteira semellante, esto só se lle pode ocurrir a Zapatero.
Vamos ó que nos importa, á economía. Sobes pedía a berros dende fai dous anos que o relevaran do seu cargo, só a egolatría do seu líder e o ter un saco de golpes detrás de que parapetarse o mantivo no cargo tanto tempo, si non, cómo un tipo que se equivoca tantas veces e en tanta magnitude pode estar ó frente dunha economía nacional?
Debatíu con Pizarro, e polo visto gañou (a min pareceume que non, pero según todas as encuestas si) só fixeron falta uns poucos meses para que tivera que comer as suas palabras con patacas, minteu sobre o paro en maio, en setembro, en decembro, en xaneiro e en febreiro (ou non sabe mais). Fixo unhas previsións nas eleccións tachando á oposición de catastrofistas e non patriotas (corrixeunas catro meses despois), fixo un presupuesto para o 2008 que levantou críticas ata en Bruselas, tivo que correxilos en Maio, e despois en Setembro, para o 2009 elaborou uns presupostos que causaron hilaridad (si, hilaridad, xa é triste que non te critiquen, que se rian directamente) e á semana seguinte ( UNHA SEMANA!!!) a comunidade económica europea tasou o crecemento económico de España na MITADE da predicción do sr. Solbes, ahora recoñece (un par de meses mais tarde) que teñen razón. Por outro lado o presi ven da reunión do G20 decindo que está mui contento e que lle aplauden as medidas.
Pero este rapaz, qué fuma? A que reunión foi? Será que como non ten nin papa de inglés non se entera? Pero si nos deron unha tunda tremenda polo endeudamento criminal que estamos acadando!! Endeudamento para non facer nada, todo seña dito de paso, para o famoso plan 'E' para maior gloria do presidente pero que non invirte en nada productivo para este pais.
En fin. Que parece ser que ainda que sexa tarde chega o relevo para a área económica do goberno e parece que a elexida é a Sra Salgado. Que así na distancia parece unha señora seria e hacendosa, con un curriculum bastante competente, (menos o famoso plan E, anque esto viríalle imposto supoño) así que xa veremos que tal lle vai.
Peor non creo que o faiga ( falta ver si lle van deixar facer algo ou si tamén lle van impoñer a política económica dende presidencia).
lunes, 6 de abril de 2009 | Publicado por layla en 15:45 2 comentarios