non veu a luz, claudicou.

Onte vimos un presi abatido, a verdade é que me deu pena. Ó final houbo que dar o brazo a torcer, pero non por convencemento, non porque se dese conta de que o que todo o mundo lle estaba decindo era verdade, se non por imperativo: Ou entras polo aro, ou non hai un euro para España. E claro, será un megalómano, pero tolo de todo non.
Asi que onde dixen digo, digo Diego, e tan ancho. Está ben, pero xa postos:
Baixase un 5% de media ós funcionarios (xa circulan hoxe por ahí sms's que dicen "quitanme un 5% de soldo, pois traballo unha hora menos"), e será proporcional dende menos porcentaxe ós soldos mais baixos a mais nos mais altos, chegando ó 15% para os altos cargos. Pero hai que ir mais alá e reformar a lei de funcionariado para que empecen a funcionar como as empresas privadas, cobrando en funcion de rendementos, obrigando a manterse ó dia das novas tecnoloxías, e sobre todo acabar con ese halo de intocables que teñen actualmente. Podíanse cambiar xente dos concellos e das diputacións (que sobran a mitade) e pasala, por exemplo, para os xulgados, que están colapsados.
Porque si non se amaña a base do problema, este volverá a surxir en breve. En este caso, o mellor e mirar que se fai na empresa privada, e aplicalo na pública. Ningún empresario en sano xuicio baixa os soldos dos empregados, salvo en casos críticos de sacrificio extremo, antes de eso, recórtanse as pólas menos útiles ou mais enfermas deixando o groso do sistema productivo en bó estado para que o árbol siga medrando con boa saude.
Facía falta resolver, tamén, a dúbida de si os centos de asesores do goberno van a ver recortado o seu soldo ou si van a quedar ó marxe.
Tamén se quita o cheque bebé e se conxelan as pensións, pero eu creo que hai moitos outros sitios onde recortar sin ir a estes colectivos tan sensibles, por exemplo nas subvencións que estan papando moitos sectores e que non son merecidas, por non falar da xente que está no paro e traballando de tapadillo, ou baixas finxidas a montón, e por suposto das dietas dos políticos ou a axuda exterior (somos o sextos do mundo, lugar que non casa para nada co nóso lugar nas economías mundiales). Por suposto mención mui importante ó tema dos sindicatos, autenticas máquinas políticas de cobrar pasta do estado para non facer nada polos seus asociados. Ainda me pregunto porqué o estado ten que manter unha estructura sindical, que a manteñan os seus asociados como en todos os demais paises do mundo. Ahí xa quitaban unha boa tallada. Sin esquencernos dos ministerios de igualdade, cultura e vivenda.
Pero a chave das noces en cuestion de recorte son as administracións autonómicas, a ver si ahí lle chega... a ver si ten valor de menterse nos centos de fundacións creadas ad hoc de ser impenetrables e colocar ós amiguiños que lles teñen que pagar favores, a ver si está tan valente como cos xubilados e as familias.
Pero o principal problema non é o recorte, é que estas medidas son como toda-las ocurrencias de ZP, trampalladas discurridas en unha noite de insomnio, e non por convencemento, si non por imperativo dos que mandan, que son os que teñen os cartos. Pero para solucionar o desaguisado, hai que ir á base do problema, hai que recortar un montón de calidade de vida que non podemos tér, porque non nos corresponde, estivemos vivindo unha vida que non nos pertence e ahora temos que pagar as consecuencias. Debemos darnos conta de que temos que traballar mais ou mellor, non sei o que, pero o que si que sei é que o resultado ten que ser distinto, temos que conseguir unha maior productividade para que esto marche, e eso que ninguén se equivoque, é a base de sacrificio dos traballadores, dos empresarios, dos funcionarios, e dos políticos, de todos, e si non... pois descender á segunda categoría, con Grecia, Letonia e compañía.