Corazón de Verano!!

Gustaríame charlar sobre a actualidade neste entrañable e inigualable val do Ouro, así como do que acontece hoxe en día en Galicia. Permítese dicir Galicia non? Pero senón tamén podo dicir Galiza, ou como se queira, non pasa nada.
Cando un observa o que está pasando esta tempada no Val do Ouro, pode pensar que todo vai como quere a maioría, non? Pois parece certo, pois según teño escoitado, nos plenos as mocións presentadas polos partidos políticos da oposición son escasos e incluso nulos. E iso que no seu día se criticou a reducción de plenos. É triste, señores, é triste, que somente valgamos para falar nos mostradores dos bares e soamentes estemos a empregar a política para arremeter persoalmente contra a xente, chámense alcaldes, concellais, amigos dos alcaldes. É triste. Por favor, señores do PSOE e do BNG, menos tontería e máis traballar en común polo progreso e benestar da sociedade galega, que por certo, está a anos luz do resto do pais (de novo, supoño que poido referirme ó noso país, España, como tal, pois de momento é o que temos amigos!).Por todo esto, creo que o mellor é ir a un pleno con gañas de aportar, non de descalificar e insultar, como segue a acontecer moitas veces. Da pena ver como chegas a calquera lugar de Alfoz e Valadouro, e determinada xente te mira mal sómentes polo que votas (afortunadamente, unha minoria). E triste!! Despois falamos de caciques e fachas!!! Como se soe decir, ainda han de volver os machos ós arrieiros.Por iso pediríalle ós representantes do PSOE e do BNG que foran máis profesionais da política e menos persoais, home, que para iso xa están os mostradores. Segue a haber moito politiquillo de bar e moi pouco de papel e lápis, que é o que fai falla.

Nesta tormenta veraniega de ideas, venme á mente o tema do rural en Galicia, e da coalición BNG-PSOE. Nas miñas andaduras estudantís, sempre recibín unha formación, errónea polo que vexo, de que o PP de Fraga non loitaba polo medio rural, pola Galicia rural, a que nós coñecemos. Os profresores progresistas e de esquerdas, pregoaban o mal que estaba o mundor nas vilas, falaban de políticas europeas e fondos europeos destinados a estas labores, que se estaban perdendo ou empregando para otros menesteres, etc. Falábase da PAC, do LIBRO VERDE, do FEOGA, do FEDER, dos grupos de acción locais... De todo esto que estaba moi ben pero moi mal empregado nesta nosa querida Galicia. Por certo, ¿coñecen os noso representantes locais estos termos? Sería importante que sí!
E resulta que agora, pasados uns cantos anos dende a chegada á Xunta de Galicia deste novo grupo de goberno, sigo sin ver moitos cambios. Todos estes mecanismos de dinamización do medio rural seguen ser empregados de igual forma; subvencións ós maiores, asfaltado de carreteras con prioridade según a cor de goberno, axudas a grupos empregadas preelectoralmente e con moi malas artimañas, etc. É decir, máis do mesmo. Aquelas cabezas pensantes que decían ían a cambiar Galicia o día que chegasen ó poder, poder saír de novo fóra da Xunta sen que se note o seu paso por alí.
Na miña opinión, debo decir que o Sr. Fraga neste áspecto non o fixo ben, non, fixo mal. A Coruña (sur) e Pontevedra sempre tiveron moitas mellores comunicacións, mellor tecido empresarial, as novas tecnoloxías antes que ninguén. Lugo (o Sr. Fraga é de Vilalba), Ourense e o norte de Coruña sempre a remolque, coma o que tiraba os bois non hai moitos anos. Sempre fumos por detrais. Visto esto, en que cambiou a situación?? Donde se está a traballar no AVE de Galicia?, Falamos de autoestradas?? Aquí soamente está a A-8, e como está!!! Menos mal que temos a carretera que nos comunica con Foz, gracias ós representantes locais socialistas, ja ja ja, y yo me lo creo!!!
Lugo e Coruña norte seguen igual de mal, igual de atrasadas. E sobre todo o medio rural. Poñamos un exemplo: Como queren os nosos gobernantes que a xente se quede no Val do Ouro se por exemplo para levar un neno ó médico (agora chámamoslle pediatra, pero non deixa de ser un médico no nenos) hai que ir a Foz? Esto é calidade para o rural?? Sres. representantes do BNG-PSOE, deisenxe de tonterías linguísticas e culturais e apliquen eses coñecimientos que tan ben aprenderon na teoría. Menos demagoxia e máis traballar home!

Outro tema. Recentemente, ante esta criste que nos está a afectar a todos, lín na prensa que os gobernantes locais debería aplicar medidas contenedoras do gasto público. Ós poucos días, coma resposta, sómentes o Sr. Orozco fixo algo. Que exemplo o do Sr. Orozco! De novo demagoxia da barata e manipulación por parte da maioritaria maquinaria socialista falada e escrita. Se analizamos os seguintes recortes, http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/01/08/4404254.shtml, http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/08/20/000383AE5103D4A6BC84019239266EB19E33.htm.
podemos observar que onde verdadeiramente se está producindo o gasto é arriba. Que un gobernante local execute unha medida para reducir o gasto de Admon. é de alabar, pero non nos vai sacar pobres. Que haxa menos chupando do bote si! E esto era o que se lle achacaba sempre so CACIQUES do PP, os amiguitos. Tomemos nota!
P.D. Durante os meus anos estudantís, recibín sempre clase en Castelán. Creo que teño unha capacidade de aprendizaxe dentro da media. Non me considero unha lumbrera. Pero sí fun capaz con sómentes unha asignatura en Galego, e falar cotidianamente en galego na miña casa, cos meus amigos, o que me deu o coñecemento necesario para falar e escribir correctamente nesta miña materna lingua (pido disculpas polos erros que poidan aparecer neste texto, pero ningúen é perfecto). Ninguén nunca me impuxo nada, nin galego ni castelán. Incluso os profesores meus falaban como querían. Falei sempre o que quixen. Por favor, Sres. do BNG-PSOE, non sexan agoras máis dictadores cós de antes, deixen á sociedade avanzar, que un rapaz galego poida ir á Leon e poida falar e expresarse correctamente en castelán. Deixense de Galescolas, faigan garderías, deixense de Galiza, A Coruña, e tonterías destas que despistan á atención do pobo, e traballen por todos nós, para crear unhas mellores condicións de vida e para que Galicia non sexa sómentes terra de comer, beber e festa. Non falemos do Inglés, non vaimos pasarnos de listos. Para que nos representen a nós, xa temos os politiquillos de turno tan formados, tomemos como exemplo de persoa preparada ó Sr. José (Pepiño para los amigos) Blanco.
Felíz verán e que todos poidamos convivir pensemos o que pensemos.

Un triste día para a xusticia

Ollo para a Xusticia con maiúsculas, non para a lei. Porque según a lei, está ben que un mamarracho que mata 25 persoas e en ningún momento se arrepinte de nada, non só non se arrepinte si non que presume de elo, cumpra só 21 anos e os dous ultimos por ameazas. (19*12/25=10 meses por morto, e 24 por ameazar a un xuiz?).
E di a súa abogada que está un pouco baixo pola folga de fame, manda carallo. Na imaxe publicada non se ve demasiado baixo, só se ve un asesino ríndose de nós e do noso sistema xudicial, e dos noso políticos de merda que presionan a uns xuices demasiado ávidos de poder e con pouca gana de facer o seu traballo. Ten fociños por non escribir outra cousa, que de 3000 anos de condena, se cumplan 19, sendo un preso conflictivo (estuvo por esa causa varias veces incomunicado); non arrepentindose de nada, é mais, celebraba con cava cada asesinato perpetrado polos seus compañeiros; soltando frases como "Sus lloros son nuestras sonrisas y terminaremos a carcajada limpia"; non recoñecendo o tribunal que o xulgou, pero ben que coñece os requiveques da lei para reducir pena, ainda que 700 dias foron reducidos con documentación que parece ser que é falsa (un dos títulos concedeullo sua irmá).
Pero como coño pode ser que un elemento de este calibre presente documentación para reducir pena de cárcere e non se examine hasta cada letra, cada selo, cada firma que apareca nela? Ahora, porque algún periodista o denuncia, se vai a mirar. Ahora?
E ainda por riba un despliegue policial dende as cinco da mañá para protexer a este animal. Un depliegue pagado por nós, e realizado polos compañeiros dos asesinados por esta hiena, que sae ríndose de todos.
Non facia falta ninguha protección, as víctimas, vanse manifestar pública e pacíficamente. Como sempre. Os que queiman colectores, autobuses, insultan, golpean, agreden, ameazan, secuestran e matan, son os outros. Os que parece ser que hai que protexer.
Qué pasa si, Dios non o queira, o fillo ou a viuva de un dos asesinados lle pega un tiro a semana que ven en San Sebastián? (algun vaino ter fácil porque van vivir na mesma rua).
Canta pena lle vai pór o xuiz?
Si este suceso se chegara a producir, e de verdade espero que non suceda, non creo que lle poñan mais de 10 meses ó que se toma a xustiza pola súa man. Ou si?