folletus paxina 3 e 4

Pouco que decir desta terceira páxina. Reclámase que non se dían pasos atrais nos avances do bipartito, como si esos presupuestos os pagara o PSdG, e entre as obras das que se presume está, tachán! A concentración Parcelaria!! Esta que ahora estamos criticando porque está de pena feita. Esto ten mérito. Supoño que se quere decir que durante os 4 anos de goberno socialista se estuvo facendo ben, pero en cento e poucos dias, o PP consigueu destragar todo.
Tamén se sigue falando da diputación, como un organismo que traballa pola súa parte, e que parece non ter nada que ver co concello, si non que está directamente vinculado ós socialistas de Alfoz. Aquí moita razón non lles falta.
E na Catro pois criticamos a concentración parcelaria, esta que na páxina anterior era un avance socialista, ahora é un problema, e hai que facer unha comisión de seguemento para a comisión de seguemento da concentración parcelaria. Hai unha crítica a que o alcalde debe de estar facendo trato de favor para algún veciño, que como sempre son palabras ó vento, baladronadas de quen non ten nada que decir.
E tamén se critica que se deixan as obras en maus dos técnicos... e logo... como queren facer? Sería mellor que a concentración a trazase o propio alcalde? Eso é un estilo moi socilista, o de manexar as institucións para servir a intereses partidistas (Véxase De la Vega-fiscalía) pero non é o mais adecuado. As obras deben plantexalas e levalas a cabo os técnicos, si non se está de acordo co reparto da concentración (como non está o candidato socialista) fánse alegacións. Precisamente estamos en este punto. Supoño e espero do concello que se día cobertura e axuda ás reclamacións dos veciños, pero a quen se tramitan é ós técnicos do organismo encargado, non ó concello.
E para o remate, o xa tradicional "Sabías que:" dedicado a glosar as excelencias da diputación, que polo visto empezou a facer obras este ano. Antes non facía nada.
En fin, catro páxinas de... ¿nada?

folletus paxina 2

Esta é moi boa. Da mesma maneira que o hábito non fai ó monxe, o ter mestre na lista non vos da razón en temas de educación. Cos gobernos socialistas sempre se baixou o rendemento académico dos nosos estudantes (será porque pensan que si Aido, Maleni, Pepiño... chegaron a ministros, para qué estudiar), eso está requetedemostrado, e esto é así por ese pertinaz intento de inculcar a todos os rapaces a cultura do non-esforzo, a de tu tranki que si non aprobas cinco, pasas igual de curso, a de ter rapaces de dezaseis anos que non queren estudar recluidos en aulas á forza molestando a profesores e compañeiros. Xa falamos en outras ocasións da educación, e como fomos baixando inexorablemente na lista tanto Pisa como na da OCDE.
Non creo que os pais queiramos para os nosos fillos libros gratis (salvo casos de rentas moi baixas, que o necesitan) o que queremos é educación de calidade. Non me dían ustedes o chocolate do loro, para que logo teña que pagar clases particulares de Inglés si quero que o meu fillo sepa algo, ou ter que envialo a clases específicas do que non se da correctamente nos colexios públicos.
Dise que a xunta está a restrinxir gastos, pois claro!! Haberá que tapar os furados que deixou a administración do bipartito na Xunta, e como sempre, ese traballo téno que facer que quere, sabe e pode. Uns valen para desvalixar e outros para volver a encher a caixa. Seguimos sendo campions mundiales en gastar o que non temos, pero eso non importa, porque podemos seguir endeudandonos ata o infinito, e si lle facemos caso á ministra Salgado, un pouco mais aló.
Como sempre, calquera medida levada a cabo por un goberno do PP é insolidaria, inxusta e parcial, que cada traballador pague 355€ mais de IRPF dende que goberna o PSOE non, está claro que é moito mais solidario, porque o pagan todos. Hai que jod..se.
En lugar de demandar libros de texto gratis, que ahora está claro que o forno non está para bolos na caixa estatal, por qué non se mira de reformar o sistema educativo para conseguir algo mais de motivación nos alumnos e profesores? Por qué non intentamos sacar algo mais do que xa temos? Eso sí seria aprecio polo colectivo. Por qué non intentamos fortalecer a autoridade dos profesores, abatida por unha lexislación totalmente laxa á hora de regular os castigos ós rebeldes e ós que non deixan estudar ós compañeiros? Eso sería respeto.
Cando eu estudaba recomendaban subraiar os textos interesantes para reforzar o aprendizaxe, esto cambiou? Porque non sei como se fai con un libro en préstamo. Eso si, mais ecolóxico é.
En resumen, que como os libros non son gratis, o PP esta suprimindo o dereito a unha educación pública de calidade, universal e gratuito. Casi nada!! e de unha soa tacada!!

habemus novo folleto!!

Alegría. Por fin, oito meses mais tarde do ultimo temos novo folleto de Alfoz Socialista, e confirmase a línea mais moderada que xa levaban no anterior número, polo cal volvemos a felicitalos cordialmente. Así que imos botarlle un vistazo, en entregas, que estamos en vacacións. Hoxe, a páxina 1:
Ben, a xa tradicional crítica ó alcalde polo soldo, como é a única crítica nas catro páxinas, damos por ben feito o resto do seu traballo. Enhoraboa entón ó Sr. Alcalde.
Tamén anuncian xuntanzas polas parroquias, esto está ben. A ver si son para acadar información sobre os problemas que poidan ter os veciños parar tratar de amañalos, non para utilizalos como arma arroxadiza contra o concello. Ou para intoxicar, que pode ser... ainda que son algo mal pensado. Seguramente será para o outro.
E o plato forte da páxina é o PlanE. Din que é o plan Zapatero (por si se lle esquece a alguén). E di que nos dan 380.000€. Ou sexa que ZP nos da 63kg. das de antes.
Convén aclarar que non nos da nada, que esos cartos saen dos nosos impostos, e que non son do partido socialista, son nósos, o goberno só os administra, anque bastante mal. E resulta que ahora é bo, según evidentemente di o PSOE local (que van decir si non?).
Pois será, pero o IEE (instituto de estudios económicos), o diario The Economist, e un sinfín de expertos en economía e finanzas, pensa que é un dilapidar o erario público, xa que non xenera empleo si non que só sirve de pequeno (e extremadamente caro) parche. Pero non fai falta irnos a buscar referencias mui sesudas, basta con botar un vistazo ás cifras do paro, e recordar as promesas de ZP sobre o que este plan ía a conseguir, e dende a súa aplicación ainda perdimos moitos mais traballos que antes e o noso diferencial con Europa é vergonzante (para quen a teña).
Nesta línea de investigación, o PSOE local asegura que os 27 traballadores que realizaron obras en Alfoz están traballando gracias a esto. Porque si non, evidentemente estarían no paro, esto xa o saben os candidatos do PSOE, supoño que usarán as mesmas avanzadas ferramentas que usaban no anterior número para saber que os colectivos extranxeiros do Alfoz votan maioritariamente a ZP.
E no último párrafo din que o equipo de goberno non lle preocupa que desas 27 persoas que están a traballar nas obras do concello ningunha é de Alfoz. Eu non sei si lles preocupa ou non, pero ¿Qué exactamente está a propoñer a oposición? ¿Quere facer algún tipo de discriminación ás empresas que non teñan traballadores de Alfoz?, ¿Queren mais cuotas? Esto casi quere decir que si unha empresa non ten traballadores de Alfoz negámoslle o dereito a facer obras aquí. Puro nazismo.
Definitivamente están perdendo a olla.

resposta a "moncho"

ATENCIÓN, TOSTÓN IMPORTANTE.... non está nos comentarios á entrada principal, que é a do circuito porque non cabe...
«Queremos demostrar á xente do concello que as nosas promesas non son só iso, senón que son compromisos serios cos veciños. Se a xente do BNG de Alfoz nos compromemos en algo é porque o podemos conseguir»«fai que vexamos cumprida a nosa promesa feita ao clube de motocross Enduouro. Eu mesmo me comprometín con eles en que ían posuir un circuito e xa temos en marcha o único circuito de motocross da comarca da Mariña, polo que estamos moi satisfeitos».
Son palabras de Marrube en medios escritos da zona falando do circuito. (Progreso e Voz de Galicia). Hai mais declaracións neste sentido, pero quedámonos con estas, por non aburrir. Esta claro que se fala de "compromiso" e de "promesas". Non son eu quen lle levo a contraria ó candidato. Non pretendo tampouco convencerte, porque tu, ou sabes perfectamente como foi o tema e polo tanto sabes quen non minto, ou non o sabes nada de nada, e tratas de defender a quen pensas que che axudou. Pero pensa unha cousa, para tratar de defender a alguén non debe facer falta atacar a outros, e pensa que pasaría si un día te estiveras afogando, quen queres que te veña salvar?, un que sepa nadar ou un que non sepa o que está facendo e te mande mais axiña para o fondo?. Eu polo menos teño claro, por mui boa intención que teña, si non sabe o que está a facer, que se quede na beira.
E esto lévame ó segundo punto, non quería, pero como me acusas de mentir, non me queda mais remedio, e vouno poñer en miúsculas como fas ti, para que che quede claro, NON TEDES OS PERMISOS NECESARIOS PARA ESA OBRA, porque, facendo gala de poucos coñecementos, dices que está autorizado pola xunta, debes saber, que para proceder ó movemento de terras en zona rural, como é o caso, debes facer un proxecto visado por un técnico autorizado, presentalo no concello que tramitará esta petición á xunta, quen da o visto bon ou non, para que en última instancia che día a licencia o Concello. Polo menos é asi para o resto dos mortais, non sei si para o Moto-clube se fixo algún tipo de maniobra distinta que á que temos que facer o resto dos veciños para proceder con unha obra de ese tipo. Si é así, por favor, infórmanos de como se fai, para que o resto dos contribuintes poidamos gozar tamén do favor das administracións para saltarnos á torera todos o trámites legais. Así que amigo moncho, estades á merced de que un veciño vos denuncie, por eso che decía antes o de un xuiz, pero eres tan insistente que non me queda mais remedio que poñelo aqui para que se entere todo o mundo. A eso me refiro cando digo que se involucra un clube e tal, non digo quen foi buscar a quen, solo que se fixo unha xestión mal feita que pode ter repercusións negativas (ojalá non) para o motoclube, e se bota merda enriba de quen che dixo dende o principio que esa obran non se podía facer así, que necesitaba uns permisos e unhos proxectos que non había. Ahora que o teu presidente, está tratando có concello de legalizar a obra, sabe mellor de que vai o tema, e non creo que alí lle estean poñendo problemas, pero os trámites son os que son (anque non se saia nos periódicos falando).
En canto á distancia do circuito, pois bueno moncho, creo que estás errado, e anque non entendo nada de motos, si vas a esta dirección
(http://fedemoto.net/ImgFCK/file/2009/MOTOCROSSELITE/Reglamentos/REGLAMENTOS%20MX%202009(1).pdf) verás o reglamento nacional de motocross, onde se especifica que o circuito ten que ter como mínimo 1500 m, creía que o reglamento galego o rebaixaba ata os 1200m. pero non estaba seguro, de todas formas podía rebaixalo ata 1000 e seguiría sendo o doble do que ten o de Alfoz, que como
moito, ten 500 m. Si tu dices que faltan 200m. quere decir que a Federación Galega homologa circuitos de 700m, menos da metade que o nacional. Pode ser...... pero non é: Artigo 039.2.2. Longitud.
"El recorrido no debe ser inferior a 1,50 km. ni superior a 1,75 km. Esta medida será tomada a lo largo de una línea central de la pista." Esto é o que di a normativa da FGM, así que teño que darche a razón, é mentira que o circuito teña a mitade dos metros necesarios, en realidade ten a terceira parte, e non che faltan 200m. faltan órredor de mil. Outra cousa é o supercross, que debe ter entre 400 e 600 metros. Ahí si que podería encaixar.
Hai algunha cousa que si que dices ben, non teño idea de quen financiou a obra, é certo, porque como veciño de a pé que son, non teño acceso a certo tipo de información, solo sei o que poido leer nos medios ("El club de Motocrós Enduouro, que preside Roberto Prieto, es el encargado de gestionar este circuito, que fue creado al amparo de un convenio con la Diputación. La entidad provincial aportó 30.000 euros para la primera fase de los trabajos (movimiento y acondicionamiento de tierras y cierre de la superficie en la que se celebrarán las competiciones)" La Voz. Fecha de publicación: 6/7/2009 ) e o que oigo a algún protagonista, e polo tanto solo sei que provén dun convenio coa Deputación, o que non sei e quen pode autorizar esa subvención para unha obra que non ten permisos. Así que si tu dices que non houbo donación... pero Antonio Veiga, responsable de deportes de Deputación, inaugura o circuito... e se publica que este organismo destina 30.000€ para movemento de terras e cierre de instalacións... que vos fixeron?, un préstamo?. Chámalle como queiras, son cartos públicos que teñen que estar regulados. E preocúpame como cidadán contribuinte de este pais, que é o que se fai cos cartos da administración que sae dos meus (nosos ) impostos. O mismo que caso Gürtel o os mais recentes de Maiorca. Nada mais. Non lle busques tres pés ó gato, e pensa que ti ahora estás queimado porque a xente pregunta de onde viñeron os cartos, pero si fóse para unha pista de squash (por exemplo), para un clube privado de Alfoz, tamén te estarías facendo estas preguntas, non se pode apartar a vista cando a auga corre para o teu prado, e despois reclamar cando vai para prado de outro, os cartos públicos deben estar dispostos con transparencia e máximo criterio, para evitar agravios.
Está claro, pois, que había promesa e compromiso por parte do BNG, e ese compromiso estaba cifrado en pasta, en moita pasta, porque con esa pasta íase a facer un circuito do doble de distancia que se fixo, pero a pasta solo foron 5kg. das de antes, e a obra foi menor. Si non, cómo vos íbades a meter en semellante obra con 40 socios? Ibades a repartir miles de euros a pagar cada un? Claro que vos prometeron a pasta, por eso vos comprometesdes coa federación galega de motociclismo a facer unha carreira de cross oficial e pagastedes a fianza, esa fianza que ahora que houbo que suspender a carreira, non vos queren devolver como di o regulamento (http://www.fgmoto.org/normal.asp?pageid=125) e vos dan como alternativa facer unha carreira de supercross a final de temporada.
En canto a si Marrube e Veiga son amigos ou non, non o sei, si leíche os comentarios anteriores verás que digo que é unha suposición sin fundamento o barruntar que quere aspirar a mais no seu partido, xa que non coñezo as súas aspiracións políticas, simplemente se trata de unha entelequia que surxe a partir das súas declaracións en contra dar rexional do BNG, pero nada mais. Si que sei que foron na mesma candidatura, e que resultou gañadora, pero sabes si levaba o posto en esa cadidatura que quería ou era inferior? Insisto en eu non o sei, simplemente conxeturo a partir das declaracións que pon no seu Blog.
Despois de este ladrillazo, que non creo que lea naide, solo quero deixar claro que non teño nada en contra de Ivan, ó que considero un bon rapaz, solo critico unha acción política que me parece equivocada, e sobre todo, o feito de sair nos medios a sacar peito por un pestiño semellante. Parece que ahora a política é esto, facer moito ruido, salir moito na prensa a decir "nosoutros fixemos" "os outros non fan nada", lanzar acusacións infundadas sin ningún recato nin responsabilidade, meter as mans no erario público sin vergoña algunha, facer gala dunha incultura atroz (ex. "miembras", "antes partía que doblá"...), etc, e sinceramente, os votantes estamos aburridos de esta clase política, creemos que se pode facer mais e falar menos, que se poden aparcar os intereses dos partidos polo ben dos intereses dos veciños, e que xa estamos cheos de ver a nivel nacional o vergonzosa que é a ralea dos nosos políticos para que tamén a nivel local teñamos que ver este tipo de prácticas, (esto evidentemente non se refire concretamente a Marrube).
Así que xa ves, amigo moncho, que mentiras, non moitas, de todas formas creo que xa quedou clara a túa opinión a nivel de socio do Enduouro (porque que eu sepa non hai ningún moncho na directiva, polo que entendo que non falas en nome do moto-clube) e mais a miña, e creo que podemos dar por cerrado este tema, mais que nada porque se pode convertir nun pin-pan-pun que a verdade, abúrreme bastante, porque non aporta nada novo. Xa expresamos cada un o seu punto de vista e ahora, que cada quen que saque as súas propias conclusións. Por suposto, si queres aportar algo novo ou distinto, cando queiras, serás sempre benvido.