A tdt

Por fin aparece a oposición para decir algo. En este caso para falar da TDT, si, a televisión dixital terrestre. Porque resulta que se vai solicitar un repetidor, e o edil Marrube queixase de que xa o dixeron eles fai un ano.
Pero sr. Marrube, si a TDT a día de hoxe ainda esta en pañales, como estaba fai un ano? En Burela, que che é un pobo ben avanzado, teñen TDT, dende fai uns poucos meses, e por certo vése fatal. Pero bueno, non lle diamos voltas, está ben que teñamos tele dixital, e vaise poñer. Hala! todos contentos.
Pero a min o que me chama a atención de todo esto é a indolencia ou ignorancia da oposición do noso concello. Realmente non hai nada mais de que falar?. Esto é toda a política que saben desenrolar? Porque á vista das declaracións dos ultimos meses e das preguntas feitas nos plenos, temos que pensar que o concello vai como unha seda.
Señores, por favor, dedíquense a facer algo pola xente que os votou, é decir, intenten facer algo que sexa bó para Alfoz, non algo que sexa malo para o PP. Non deben esquencer que ésa é o seu verdadeiro traballo, e para eso os elexiron os votantes. Para dar voz ás demandas dos que non son oidos e para mellorar o noso concello. Non para falar de cousas como a TDT (que por certo está solicitada) ou para facer comentarios ofensivo-tabernarios de tipo personal sobre a xente que está gobernando en este momento ou a súa familia.
Hai outras cousas que son importantes e que están sin facer, seguro que si. Pero hai que vélas. Hai que abrir os ollos e traballar. Hai que estar pendente do que realmente fai falta, e vostedes non están por esa labor, levan as angarellas postas de atacar ó que goberna, de criticar e buscarlle as cóxegas ó que se fai. En lugar de buscar o ben común, buscan a maneira de desacreditar ou buscar unha fenda no que fai goberno para criticar o traballo feito.
Eso sin falar do absoluto desconocemento sobre o funcionamento dos mecanismos de goberno e financiación que demostran nos plenos do concello. De verdade que me gustaría que os fixesen públicos para que a xente que os votou, sepa realmente a qué se dedican ustedes e cal é o calado do seu traballo, e que están facerndo coa confianza que depositaron os votantes en vostedes.
Supoño que será o entrenamento que teñen despois de trinta anos intentando gobernar, e dudo moito de que estén preparados para traballar en positivo. Están tan resabiados e rabiosos que só saben traballar para derruir.
Éche unha boa pena.

Recortes sociais

Tíñame proposto non escribir nada mais acerca da economía.
Pero é que non podo. Estánnos tomando tanto o pelo de forma tan descarada e con tan pouca resposta social, que me parece que somos conexos esperando a que nos díen o golpe de gracia na caluga.
Di o presidente que non se van recortar as prestacións sociais a pesar da crise. ¿Cales non vai recortar? Supoño que as que están garantizadas por lei, e que por suposto non pode tocar. Porque as outras, véxase as de dependecia social, que se recorta un 25% nada menos. E o que nos tocará.
Aparte da rabia que me da de que nos tomen por idiotas un día si e outro tamén, fastidiame especialmente que se recorten as axudas mais sensibles a xente discapacitada e que non ten medios para valerse, e sin embargo se manteñan subvencions para estómagos agradecidos como as escolas taller, por exemplo. Que lle costan a este país un huevo e parte do outro, e todo para ter unha panda de mangantes vivindo a conta do estado. Xa sei que esto sona un pouco forte, pero parémonos a pensar cantas veces non temos visto ós operarios de calquera escola taller de calquera concello rascándose o bandullo ou directamente deitados ó sol, mentras nós temos que estar traballando como negros para chegar a final de mes. E para que? Pois non o sei, pero gustaríame que se publicara un índice de éxito de estas escolas, poque eu vexo todolos días a mesma xente que vai de escola en escola, e o mesmo lle da que sexa de cantería, que de xardinería, que de punto de cruz. E unha temporada cobrando sin exigencias, con un bó horario e sin responsabilidade de ningún tipo. Pregúntome eu porque non se mete mau a este tipo de sangría económica. Será porque é rentable políticamente ter un bó numero de votos subvencionados por esta vía, xa que ademais controlamos a que concellos se lle conceden as escolas?. Pode ser. Está claro que calquera empresa se vai a cuidar mui moito de non contratar un operario que no seu currículum presume de pasar por catro ou cinco escolas taller. Pola conta que lle trae o contrar con empleados con semellante entrenamento.
A min o que me gustaría e ter un goberno (e unha oposición) como a inglesa, que si empeza a mirar de forma lóxica por donde hai que recortar gastos, lle doa a quen lle doa. En esta noticia, o goberno laborista, anuncia medidas como que os parados de larga duración teñan que facer traballos comunitarios para seguir cobrando a prestación. O mais bonito é que a oposición aplaude e apoia a idea. Imaxínanse a ZP iniciando unha campaña de este tipo, incluso levándoa mais aló e empezando a investigar as axudas que se dan alegremente cos cartos dos contribuintes e que se van non se sabe a donde, por vía de axudas ó mar ou agricultura de montaña ou sabe dios que. E imaxínanse á oposición refrendando estas medidas? O primeiro é difícil, e o segundo... encantaríame vélo.

por fin caeu da burra

Vale, houbo que esperar seis meses, pero por fin o ZP admite que hai crise. (noticia gaceta). E di o presi, como para quitarse un peso de encima, que ha de haber xente á que non lle afecte a crise.
Imprsionante documento, como diría un bó amigo meu. Pois claro que non, pero aparte de esos os que se refire o presidente (Botin, Amacio Ortega, etc etc, dos que se supón que son do PP, anque eles non digan nada ó respecto) hai moitos outros que tamen lles vai dar igual, por exemplo todos os manguis metidos a dedo nos ultimos tempos en concellos, diputacións, consellerías, ministerios e demais organismos, ademais dos que teñen chiringuitos montados para vender a precio de ouro informes que non fan unha falla a cambio de outras prebendas políticas. Non lle preocupa á ministra de igualdade, que no seu haber ten unha impresionante carreira profesional (tres meses de practicas en empresas do seu pobo) e con eso é ministra, tamen di no seu curriculo que ten unha carreira internacional, sin embargo non é capaz de decir seis palabras seguidas en inglés. Tampouco non lle importa a crise o mais mínimo a toda caterva de indeseables, ladróns, timadores, vendidos, corruptos etc que campan ás súas anchas polo noso pais, amparados por unha xusticia lenta, pasiva e permisiva con todos estos puferos que montan empresas fantasma para timar a outras empresas, a usuarios, e ó estado.
A esos non lles importa nada. Só lles importa a dous colectivos:
1. Os traballadores, que van ver reducida o seu nivel de vida de forma salvaxe. Non se deixen enganar con palabras de prestacions sociais, politicas sociais, etc que o único que fan e confundir á xente. Por exemplo, o ínclito ministro das corbatas, encheuse de razón decindo que non ían a permitir que as eléctricas subiran excesivamente as tarifas, que para eso estaba non goberno un partido progresista e tal. Vale campeón, entonces para que non suban as tarifas (que teñen que subir porque a enerxia en España é mui cara, entre outras cousas porque non queren ter centrales atómicas) chegamos a un acordo para que non paguen os impostos municipales polos encoros que teñen por todo o pais (ver noticia), así que o que che dou por un lado, quítocho por outro co arte do birli-birloque ou titiriteiros sin fronteiras. E tragamos. Así, os concellos que xa de por si non teñen un peso, ahora terán menos, e os veciños quedarán sen determinados servizos. Pero eso sí, en apariencia, e facendo gala da nósa política social, enfrentámonos como valentes ás todo-poderosas eléctricas e fixémoslles recuar para protexer ós contribuintes. Sin comentarios.
Esta é unha mostra do que fai este goberno, e esta (ver noticia) e a mostra do que vai a pasar, aquí o banco central europeo (que supoño que algo de esto saberán, anque non tanto como Solbes) di que si suben os salarios haberá paro masivo. Tampouco hai que ser ningún fenómeno para decir esto, e esto lévanos ó segundo grupo de xente ó que si lle afecta a crise.
2. As pymes. Si, as pymes (ou pemes) sufrirán nas súas carnes a crise, porque para estas pequenas empresas que supoñen unha importantísima parte do tecido industrial do pais, non teñen a forza que tenen as hidroeléctricas, por exemplo, para negociar co goberno, nin ferramentas para mandar xente ó paro como Siemens (nada menos que o 4% dos traballadores) nin moitas opcións de ir moderando a baixa tremenda que están tendo de ventas. E si baixan as ventas mais, indudablemente que van a ter que prescindir de traballadores. Moito mais axiña si se disparan mais o costes sociales e de soldos dos seus traballadores. Eso é a conta da vella. Por eso me fai tanta gracia que o goberno diga que non se van a recortar gastos sociais. Vale, e con que o vades pagar, figuras? O superávit producido polo boom da construcción xa o fundisteis cos 'equitativos' 400€ (digo equitativos, porque os Botin e Ortega que falamos antes, cobraron 400€, e os seus xardineiros tamén, pero o que non chegue ó minimo para retencion, non cobra un peso, todo mui socialista), así que con un pais que no segundo trimestre creceu un 0% (ver) o FMI decindo que o peor está por chegar (ver) e a morosidade crecendo a ritmos do 50% semestral (ver) pois non parece que teña o goberno moito de onde quitar para que sigamos mantendo o ritmo de vida e servicios que temos actualmente. Eso si, humor, talante e optimismo, temos para exportar o que se queira. Pos hala. A esperar o rebote.

educacion para a ciudadania e outras trapalladas

En este video ( pulsa para ver ), os humoristas de cruz y raya fan unha mui simpática parodia da educación da ciudadanía. Simpática por un lado, pero por outra xa non o é tanto, porque pón de manifesto a relaxación moral á que se encamiña a nosa sociedade, e por outro lado mais, tamén se equivoca, porque na nova educación que reciben os mais xóvenes non se inclue nada acerca do cuidado léxico que manexa o mangui do video. Eso sí, saberá un lote de cousas sobre o que non lle interesa a ninguén.
E digo que non lle interesa a ninguén, porque me parece sinceramente que é así, e si non non hai mais que ver o ultimo congreso socialista. Eutanasia, pero non con ese nome sinon co de 'muerte digna'; unha política mais laicista, para non chamarlle anticlerical; ensanchar o dereito ó aborto, para non chamarlle pro-abortista; e defender e equiparar os dereitos dos emigrantes, por non chamarlle 'o que sexa por outro voto'. Señores socialistas, faigan o que queiran con estos temas, en serio. Non nos importa. É mais, traenola ó pairo. Eso si, teñan o que hai que ter e chámenlle ás cousas polo seu nome (aprendéronlle ó do video ou o do video foi ó congreso)
E por favor, ocúpense do que realmente nos importa, 'desaceleración', 'ralentización do crecemento' ou calquera outra forma que ustedes teñan de chamarlle ó que vulgarmente se coñece como CRISIS.

O voto dos inmigrantes.

Aqui si que temos un dilema, que facemos cos inmigrantes? deixamos que voten nas municipais?
Dende o punto de vista progresista está claro, son parte das nosas comunidades e polo tanto deben poder incidir na vida política e no devenir da nosa sociedade, polo ben da integración e alianza de civilizacións etc, etc.
E si o miramos dende o punto de vista dos nosos concellos, pois, porqué non? Claro, porque aquí non hai inmigrantes (son insignificantes, en canto ó censo dos nativos). Pero, qué pasará en zonas como El Ejido? Quen vai gobernar o pobo? Os nativos de El Ejido ou os inmigrantes que traballan nos invernadeiros?. E en Ceuta e Melilla que facemos? Etregámosllas a Marrocos?
Si tivésemos políticos como é debido, non pasaría nada, pero tendo o que temos? Non, gracias. Si os concellales e alcaldes véndense por un polideportivo ou un capricho, que non facerán por gañar ou perder ás eleccións.
Ademais dánse situacións mui curiosas, si vostede mismo, que vive no valadouro dende toda a vida, se ten que desplazar uns cantos anos por motivos laborais a Madrid (por exemplo), terá que censarse alí por razóns obvias (sobre todo si tén nenos en idade escolar). Entonces no poderá votar nas eleccións municipais do que, en realidade, é o seu pobo, é o que vai a regresar de modo mais ou menos inmediato. Tampouco poderá votar ás eleccións á Xunta. Esto parece mais ou menos lóxico.
Pero si pensamos que un individuo que vive en Arxentina (por exemplo) cuio único nexo de unión con este pais é o ser neto de un emigrante que fai anos que morreu, sí que pode votar e decidir quen goberna na xunta... non vos parece que rincha algo?
E todo esto ven de que algún iluminado se lle ocurreu o mesmo que se lle ocurreu ahora a ZP. Que hai unha bolsa de votos ahí que está sin explotar, e vannos ser favorables si estamos listos. Os Votos, ollo!! non as persoas, Os puñeteros votos! que son o único polo que se rexe esta clase política que temos.
E xa vemos en que deu o concederlles ese privilexio, comitivas de politiquillos que perden o cú para ir a ultramar a repartir cuartos dos contribuintes galegos e españois, para garantizarse (comprar) os votos dos 'galegos do exilio'. Porque iso é o que fan, compran os votos con subvencións e pasta gansa que se manda ó cacique local de turno, disfrazado de agrupación folclórica-galega, para que reparta ó seu criterio. E claro, como lles importa ben pouco quen goberne aquí, porque eles están ali, pois danlle os votos a quen mais afloxe a bolsa. (e, por suposto, sin ningunha garantía de que os votos se faigan de forma lícita). Despois aquí, hai que se bota as mans á cabeza e se rasga as vestiduras denunciando que non hai garantías da legalidade do voto emigrante. Hai que joderse, canta caradura podemos chegar a ter!
Eu, particularmente, penso que hai que tratar ós inmigrantes como persoas, hai que darlles un traballo digno e pagarlles por elo. E para poder cumprir esto, teñen que vir con contrato de traballo, como fóron os nosos pais e avós polo mundo, non legalizados automáticamente como se fixo en este pais. Porque ahora, que temos unha crise como un camión (queira ou non queira recoñecelo o goberno), teremos que decirlles que non hai traballo, e que se vaian indo porque non temos nada para eles.
O dilema para un Colombiano (por exemplo) está mui difícil: Que faigo?, voume ó meu pais, onde hai moita mais pobreza que en España, onde reinan os narcotraficantes, onde posiblemente me peguen un tiro por unhas moedas, ou polo contrario, quédome en España, onde ademais vanme pagar unha axuda?. Vaille costar bastante decidilo...
Ademais, como contribuintes que son en este pais, deben gozar dos mesmos privilexios que nosoutros, en canto a sanidade e prestacións. Mentras estén aquí, e estén contribuindo ó ben de este pais. E unha vez que non estén, pois gracias polos servicios prestados, e que lle vaia ben, e esperamos que cos cartos gañados aquí poida empezar unha nova vida no seu pais. Porque se trata de esto non? De ir a gañar cartos ó extranxeiro para poder progresar nos seus paises de orixe, non? Porque si se oe a algún político, parece que nos veñen facer un favor, e non é así, é unha trasacción económica, veñen por uns cartos que non poden gañar no seu pais e que nós lles damos para que faigan un traballo que non queremos ou non podemos facer nós. Nin mais nin menos. O resto é pura propaganda política, discursos vacuos para cabezas valeiras (algo parecido ó que pasa cando se ficha un novo xogador brasileiro para o equipo de turno, e bica o escudo prometendo que desde neno sempre foi de este equipo, que lle saltan as bágoas, etc etc.... si o queremos creer...)

Non estamos falando de que vote un nacionalizado (que xa o fai) como un caboverdiano que leva 20 anos vivindo en Burela, ou a un arxentino que chegou hai 15 anos a Foz e traballa de panadeiro, non, estamos falando de que voten nas municipais unha xente que ven nunha cuadrilla de rumanos a construir un edificio en Barreiros e bota un ou dous anos, e despois vaise facer outro edificio a Balsicas (Murcia) e entonces vota alí.
Non creo que sexan os que deben decidir sobre a nosa forma de vida, nin do noso futuro, ése é un privilexio, e unha responsabilidade que corresponde únicamente ós españois, tanto os nativos como non nativos que despois de pasar uns anos aquí, e demostrar que son xente de ben, e que acatan as leis de este pais, concédenselle a nacionalidade.