Este post vai dirixido especialmente para Jota, ó que considero unha persoa intelixente e cabal pero, como todo militante activo do BNG, adoece de falla total de criterio crítico coa súa organización.
Mira J, todos os partidos (TODOS) teñen algo de amiguismo e enchufismo, como por outro lado é lóxico (sempre e cando se manteña nun orden) que un cargo queira ter como persoal de confianza xente que sexa do seu pau. O problema ven cando esto se xeraliza, e enton se empeza a meter, non xente de confianza para postos claves, nin persoas especialmente válidas para postos de responsabilidade, si non a todo propietario de carné de partido.
Esto que é de todos coñecido, e , como digo, hasta certo punto comprensible, tórnase puro clientelismo cando se incorpora indiscriminadamente a centos (+- 300) no sistema galego de benestar, polo teu partido. A dedo. Si, a dedo, como os caciques que criticades. Decides que o BNG ten unha traxectoria limpa, claro, porque nunca mandou en ningun posto de responsabilidade, porque para catro anos que leva con algun mando, ya leva un record difícil de igualar, porque aparte dos nombrados anteriormente, tamén están todos os que se meteron en SEAGA (servicios agrarios galegos). Dous organismos tachados polos sindicatos de “chiringuitos”. Polos sindicatos (que non son sospeitosos de traballar para o PP), ollo, non pola oposición.
Esto aparte de levar os vellos nun autobús subvencionado pola Xunta (os 15€ que pagaron non chega para o billete, e o r
esto vai en subvencións controladas polo BNG) a un mitin ó que non querían ir, ou polo menos non sabían que ían ir. Aparte da creación dun panfleto nacionalista de tirada gratuita no que 10 dos 14 anuncios (de media, e de páxina enteira) son pagados con diñeiro público é de organismos gobernados por Quin. Por non falar do caso de Mugardos, onde a aparexadora municipal, accedeu ó cargo sin oposición, e ahora tanto ela como o seu alcalde (do BNG) están imputados por prevaricación pola fiscalía (ainda que non condenados, como moitos que imputa Garzón, poden ser inocentes. No caso do super-xuiz, mais da mitade dos imputados, saen libres, ben por falla de probas, porque non se fixo ben o traballo, como no caso nécora, ou ben porque simplemente son inocentes, como o ex director da ONCE) ou do caso do qeu meteu a media parroquia na xunta.
Como podes ver, o teu partido tampouco está libre de culpa, ó mellor ten menos casos, porque leva menos tempo gobernando, pero non se trata de números. Trátase de telos ou de non telos. Anque como dixo Quintana, “Eu respondo pola profesionalidade e o mérito de todas as persoas que traballan no Sistema Galego de Benestar”, e xa está. Para qué oposicións. Xa o di o que manda, e todos a tragar. E falades de dictaduras, como si as vivirades. Si viviras a época do dictador, encontrarías ahora moitas similitudes.
Ollo, con este post non pretendo facer campaña, xa vistedes que non escribin ningunha entrada que fale da campaña, e penso seguir asi, pero paréceme que non está de mais poñer os puntos sobre as ies e intentar abri-los ollos de algún devoto da secta, sexa do color que sexa.
Porque TODOS son mui malos.



