a voltas coas listas de espera

Bueno, que vos parece, estos días estase vendo de onde saleu o superávit de Solbes ( o incompetente). Resulta que os xuzgados non tardan en celebrar os xuicios (eso xa o sabiamos ) si non que ademais tampouco executan as penas. Con razon hai tanto sinvergonza neste pais, no caso de que te collan, tardarán dous ou tres anos en xuzgarte, e mentas estarás por ahí facendo o que facías (roubar, zurralle á parienta ou violar algunha menor que outra) despois de xuzgado, é posible que non cheguen a executar a pena, ou no peor dos casos para o delincuente tardarán outros dous ou tres anos en executar a pena. Total, que si lle roubas un coche a un veciño, contas con 4 ou 6 anos de marxen para seguir roubando, e despois, si é o primeiro delito ou si tiña as chaves postas, pois nin irás ó cárcere, e en caso de que vaias, nun prazo ridículo de tempo, estarás de volta. Por suposto, cando saias da cadea, onde estaras facendo cursos pagados e gozarás de todos os servicios (posiblemente mellores que fora, sobre todo en sanidade), e moito mais que posible que cobres o paro. Xesús, que país.
En fin, ainda con todos estos retrasos e faltas, a cadea está chea de xente, así non me diredes que este pais non é un nido de delincuentes. Ten que haber moitos, porque aquí, o delito, sae mui, mui barato.
E por outro lado temos o tema da sanidade. Listas de espera interminables, e xente que morre antes de que o atendan. Non nos deixemos enganar pola verborrea dos floristas. Todos temos algún conoñecido ou familiar enfermo e sabemos o que se tarda en dar consulta, meses ou anos para oftalmoloxía, xinecoloxía, e así varios -xía mais. Os floristas dicen que o PP trata de privatizar a sanidade, pero eu creo que os maiores favorecedores da sanidade privada é o PSOE, xa que si queres que te atendan, si non queres morrer no intento, o mellor é que faigas un bó seguro privado e que te deixes de lerias. Entonces quen é mais progresista, o que te obriga a suscribir un seguro privado para ter atencion primermundista ou o que che da a elexir?. En fin.
De todas formas, a nivel local, temos mostras mais que suficientes do ben que funciona o tinglado. De todos é sabido que se retirou a atención pediátrica no noso val e non se volveu a repoñer. Os floristas dixeron que era momentaneo (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/08/05/5001083.shtml) e de paso criticábase ós alcaldes, supoño que por non protestar (protestar contra os superiores de Jorge Val&Cia). Esto foi o 5 Agosto do 2006. Non se podía permitir tal afrenta, para unha vez que gobernan os socialistas, non podían empezar quitando servicios sociales (de esos que quita a dereitona fascista) así que falan cos seus superiores, e o sr. Jorge Val, volve a aparecer nos papeis o 17 de agosto do 2006 para decir que o delegado provincial do Sergas, lle dixera persoalmente (ollo non ó concello que goberna ós alfocenses, si non directamente ó sr. Val, se ve que deben ter mui bon rollo) que tiñan intención de repoñer o servicio.(http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/08/17/5031249.shtml). Algunha mala lengua decía nesas fechas que se retirara o pediatra do Valadouro para reforzar Foz (de alcalde socialista). O que pasa é o de sempre, non é o mismo ter intención de facer tal cousa, que facer tal cousa, porque para eso, hai que ter algo mais que gana de falar, hai que poñer os medios, facer partidas presupuestarias etc.
O 6 de octubre do 2006 o PP seguia peleando polo pediatra e abogaba pola axuda dos grupos da oposición no concello, (pero que gobernan na xunta e ó fin e o cabo, son os que poden mandar o pediatra) para que botaran unha man. Pero estos estan desasparecidos, onde estarán que se denominan defensores dos veciños de Alfoz? (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/06/5171398.shtml) Pois non se sabe.
O que si se sabe, é que o Sergas, o 26 de abril do 2007, por fin se quita a careta e confirma que non haberá pediatra para Alfoz e Ferreira

(http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/04/26/5752123.shtml) o único que protesta é o sr. Balseiro (do PP). O sr. Jorge Val&Cia siguen desparecidos. Non sabemos si o delegado provincial volveu a chamar ó sr. Val para adiantarlle a noticia, como antes, ou si se rompeu o idilio, ou si siguen co bó rollo. En fin, o importante, é que o Valadouro sigue sin pediatra, e os floristas locais, siguen calados como petos. Outro galo cantou para Monforte (http://www.reporterodigital.com/galicia/post.php/2007/05/01/monforte_tuvo_que_salir_a_la_calle_para_) que despois de manifestarse, teñen pediatra, deben de ser mais fáciles de encontrar por aquelas terras que por estas.
Pero espera, que esto non acaba aquí, resulta que o BNG reclama mais atención pediátrica para Foz (http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2007/10/11/0003_6217353.htm) porque ahora non dan feito xa que teñen que atender ós nenos do Valadouro. Co cal nos tememos que cando haxa pediatra, cando o dían encontrado ou dían programado finaciación para pagalo, non será para o Valadouro, si non que será para Foz. En fin.
Un caso similar se deu co PAC de Foz, onde o alcalde cortou a carreteira, encadeouse en Santiago e fixo de todo contra a grandísima inxusticia que o goberno da xunta (daquela PP) estaba a ter cos veciños de Foz. Unha vez que gobernaron os da rosa, xa non é tanta a inxusticia, e hai que comprender que ben pode estar Foz sin PAC. E non pasa nada. Os veciños a tragar.
Asi que, amigos e veciños, xa sabemos de onde sale o superávit de Solbes, de reducir todo tipo de servizos ós votantes, e ainda encima, témolos convencidos de que o facemos ben e síguennos votando. Alegría.

2 comentarios:

jotavaladouro dijo...

Conven lembrar que a perda de servicios xa leva tempo, comenzou cando o PP estaba na xunta cando se quitaron as guardias e o ATS de fin de semana.

Tanto monta PP e PSOE neste caso

layla dijo...

jota, todo o que se di neste blog é certo, por eso me tomo o interese de publicar os links das noticias publicadas nos medios de comunicación. E este blog nace coa idea de rebatir un folleto publicado pola agrupación local do psoe, que de forma impune e torticera, minte, insulta e engana (tamen, como creo que queda demostrado, de forma torpe e pouco documentada).
Por suposto que non coincidiremos nas ideas políticas porque nese senso estamos en hemisferios distintos, pero na túa traiectoria política, polo que recordo, comportáchete de forma bastante correcta e sin insultar, nin contar medias-verdades ou mentiras directamente.
Xa sei que a perda de servizos ven de antes, pero o que se critica nesta nota non é a perda de servizos, si non a capacidade camaleónica que algún mini-político sometido a disciplina de partido, ten para decir hoxe unha cousa e mañá outra totalmente distinta, e despois desaparecer do mapa sin que se sepa mais nada. Todo dependendo de onde sople o aire do seu 'superior'