Un triste día para a xusticia

Ollo para a Xusticia con maiúsculas, non para a lei. Porque según a lei, está ben que un mamarracho que mata 25 persoas e en ningún momento se arrepinte de nada, non só non se arrepinte si non que presume de elo, cumpra só 21 anos e os dous ultimos por ameazas. (19*12/25=10 meses por morto, e 24 por ameazar a un xuiz?).
E di a súa abogada que está un pouco baixo pola folga de fame, manda carallo. Na imaxe publicada non se ve demasiado baixo, só se ve un asesino ríndose de nós e do noso sistema xudicial, e dos noso políticos de merda que presionan a uns xuices demasiado ávidos de poder e con pouca gana de facer o seu traballo. Ten fociños por non escribir outra cousa, que de 3000 anos de condena, se cumplan 19, sendo un preso conflictivo (estuvo por esa causa varias veces incomunicado); non arrepentindose de nada, é mais, celebraba con cava cada asesinato perpetrado polos seus compañeiros; soltando frases como "Sus lloros son nuestras sonrisas y terminaremos a carcajada limpia"; non recoñecendo o tribunal que o xulgou, pero ben que coñece os requiveques da lei para reducir pena, ainda que 700 dias foron reducidos con documentación que parece ser que é falsa (un dos títulos concedeullo sua irmá).
Pero como coño pode ser que un elemento de este calibre presente documentación para reducir pena de cárcere e non se examine hasta cada letra, cada selo, cada firma que apareca nela? Ahora, porque algún periodista o denuncia, se vai a mirar. Ahora?
E ainda por riba un despliegue policial dende as cinco da mañá para protexer a este animal. Un depliegue pagado por nós, e realizado polos compañeiros dos asesinados por esta hiena, que sae ríndose de todos.
Non facia falta ninguha protección, as víctimas, vanse manifestar pública e pacíficamente. Como sempre. Os que queiman colectores, autobuses, insultan, golpean, agreden, ameazan, secuestran e matan, son os outros. Os que parece ser que hai que protexer.
Qué pasa si, Dios non o queira, o fillo ou a viuva de un dos asesinados lle pega un tiro a semana que ven en San Sebastián? (algun vaino ter fácil porque van vivir na mesma rua).
Canta pena lle vai pór o xuiz?
Si este suceso se chegara a producir, e de verdade espero que non suceda, non creo que lle poñan mais de 10 meses ó que se toma a xustiza pola súa man. Ou si?

0 comentarios: