As pensions.

Ainda me acordo do doberman famoso, o que decía que a dereita ía recortar libertades, e cando se decía que o PP viña a quitarlle a pensión ós xubilados.
Cantas voltas da o mundo. Ahora resulta que quen recorta (non olvidemos que unha suba de retencións e un recorte se mire por onde se mire) pensións e en cuantía e duración son os autodenominados garantes dos dereitos sociais.
Si tan bó é ZP buscando asesores de propaganda, por qué non busca uns bos asesores económicos? Non sei como se pode ser tan cateto, a non ser que se trate de un novo globo sonda, como os que acostuma a usar o goberno. Solto a idea, e según sexa recibida, a uso ou non. Unha sorte de referendum mediático informal que suele usar o executivo.
Este pais ten un paro que está chegando ó 20% (en Extremadura e Andalucía o 26%), en menores de 30 anos o porcentaxe é ainda mui superior, e será mais si se retrasa a edade de xubilación en dous anos. Supoño que para o cambio de modelo productivo que pretende Jose Luis necesitará tamén un cambio xeracional, anque pode ser que non estén conectados estos dous plans (como suele ser habitual). Por outro lado non sei como se pode estar por encima dos 60 nun andamio ou nun boniteiro, onde si se pode estar é no hemiciclo (pero ahí por contra vanse coa pensión máxima con só estar sete anos no cargo).
E aquí chegamos ó meollo do problema, en lugar de atacar o verdadeiro problema e reducir drásticamane os gastos, e reformar o mercado laboral para crear un pais competitivo, que volva a crear traballo e riqueza, co cal as pensións estarían garantidas, collemos pola rúa do medio e retrasamos a xubilación, e como ademais os cartos non chegan, tamen lle facemos mais retencións.
Por outro lado seguimos vivindo como ricos, temos a mitade no noso exército en misión de "paz" (antes eran guerras ilegais, ahora restitución de democracia, con cargo ós presupuestos e ó capital humano) como si fósemos unha gran potencia, lástima que os mandemos en latas de sardiñas. Tamén temos sanidade gratis total para os inmigrantes que veñan aquí sin papeis non foran requeridos para traballo algún, colados masivamente polas fronteiras europeas. Mentras os traballadores que queiran seguir no seu traballo e ter unha atención normal, deberán afrontar o gasto de un seguro privado (ademais de pagar o público) para se atendido nun plazo razonable de tempo. Tamén temos 200.000 liberados sindicais, eso si, a cargo das empresas, lastrando o resultado das mesmas ó ter que cargar con un improductivo de mui dudasa utilidade para os seus compañeiros. Non olvidemos o gasto público, nada menos que un tercio dos traballadores en activo actualmente son funcionarios. E según o alcalde de Barreiros eso é un acto de responsabilidade, e si poidera pagalos, contrataría mais xente para o concello ( esto casi non merece comentario, pero só me gustaría recordarlle a tal rexidor, que non os paga el, que os pagan os veciños de Barreiros, con cartos que podían ir a algunha invesión útil, en lugar de acumular traballadores (?) que non teñen mais misión que elevar a nómina de votantes agradecidos). Os diputados deixan de traballar o mercores pola tarde, despois da sesión de control ó goberno, temos embaixadas de comunidades autónomas, televisións rexionais utra-deficitarias...
En fin, nivel de Suiza ou Arabia Saudita, para un pais que non é capaz de remontar emprego nin PIB, pero que non se priva de ningún luxo.
E esto sábeno perfectamente os nosos gobernantes, pero o que non saben é como facelo sin que pase peaxe electoral. O que eu me pregunto é: ¿Cando lles autorizamos en pensar mais en seguir chupando da teta en lugar de gobernar polo ben común de este pais? ¿En qué momento se produxo a rotura de causa-efecto de inoperancia-votos, malfuncionamento manifesto-protesta social?¿Cando nos convertimos en peleles?

0 comentarios: