ring! ring!

Vaite ho! Mira que é mala sorte. O grupo do PSOE, critica o despilfarro que supón ter 8 moviles no concello de Alfoz, e fíxate tú, que ‘La Voz de Galicia’ publica hoxe unha noticia (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/04/29/0003_6774781.htm) sobre os móviles que teñen os seus xefes da Xunta.
Vaia por Deus, mira que hai que tér mala sombra. Estes periodistas son uns fachas, seguro que sacaron a noticia para desprestixiar o grupo local da rosa. Pois resulta que os moviles da xunta costannos ós galegos unha boa cantidade de millons de euros ó día. Casi ná.
Como son un pouco aficionado ós números, deume por dividir o numero de líneas que ten a Xunta (3700 ) entre os km cadrados de Galicia (29574) e multiplicalo polos km cadrados que ten Alfoz. Co cal, esta conta arroxa un resultado de 9.75 líneas de moviles da Xunta dedicados a Alfoz (je, je ) co cal os oito do concello ainda están por debaixo da media dos floristas (os da rosa). Outro éxito mais da contención de gastos do goberno do PP en Alfoz.
Non deixa de ser unha tontería, pero fíxome gracia.

0 comentarios: