Dareiche o que me pidas...

A lúa si a queres meu amor....
Xa lle gustaría ó bo de Sarko que a Bruni lle demostrara tanto amor... pero bueno, é o que hai. Que bonito queda si non fose tan patético.
O noso presidente despreciu ós EEUU infinidade de veces, e criticou malamente ó sr. Bush outras tantas, e pensou que eso non lle ía pasar factura, pensou que todos son como os españois, que nos mexa por derriba e dicimos que chove... Pois non, ainda hai que ten dignidade, e deixa a España sin voz nin voto no clube. A pesar do furibundo ataque de pepiño, unha das mellores exportacións que fixemos os galegos á política mundial, que lle puxo os puntos sobre as íes ó iankis, ó decir que quen son os americanos para quitarnos de ir á cumbre. Ahí pepiño ahí!Ataca! Ben se deita de ti. E porque non quixo apoiar á Obama na campaña, para non influir, que si non sácalle, non un 7%, si non un 37% de votos (como o PP ó PSOE nas ultimas autonómicas). Este pepiño... para o clube da comedia non tiña precio.
Pero a última hora apareceu Sarko, que ante esta proposición amorosa non pode negarse e cédelle un posto ó insigne economista ZP para que vaia a propoñer un cambio ideolóxico. Claro, temos que propoñer algo insustancial, etéreo, filosófico e incluso poético, porque do resto, do real, do práctico, do que importa, non temos nin puñetera idea. En fin, que vamos a falar de algo tipo "alianza de las civilizaciones" (que por certo, foi unha aportación fundamental ó devenir mundial).
E despois de tanto criticar, ahí o vedes na foto, con unha sonrisa de cartón que vai de orella a orella intentando caerlle ben ó "boss". Dios!, que vergonza allea.
En fin, o importante é saber a factura que nos van a pasar os gabachos por deixarnos a silla. Da outra vez, ó señor Felipe, outro gabacho mui listiño como este, enchufounos os trenes de alta velocidade por moverse un pouco no santuario frances de ETA, xa non estuvo mal a facturiña. Pero esta... moito me temo que será peor. Non obstante, de esto non podemos falar, porque ainda haberá que esperar un pouco.
Do que xa podemos falar é da reunión en si:
Bush di que a culpa non é do liberalismo económico, xa que Europa ten moito mais control sobre a banca e sobre a economía en xeral, e ten os mesmos problemas ou peores que América. Razón que convence (a min polo menos).
De ZP, por ahora non se sabe nada.
Gordon Brown, na súa línea de solucións claras e concretas (convén non olvidar que foi o primeiro en adoptar medidas de apoio e incluso nacionalización de banca, e ademais fixoo mellor que nosoutros, que o fixemos mais tarde e peor, bueno, fixemos non, porque hasta ahora non se fixo nada) propuxo unha acción conxunta mundial de incentivos fiscais para que as empresas poidan respirar e non periguen os empregos. Bien Gordy, tu si que sabes.
De ZP, por ahora, nada.
Sarko di que se necesita un organismo único que controle a banca, pero parece que os ianquis non están pola labor.
De ZP, pois nada, coma sempre.
Os chinos, co Hu Jintao á cabeza, trae a bolsa chea de pasta e di que vai crear un fondo de 460.000 millóns de eurso (estos no se andan con chiquitas) para revitalizar a economía China, e de paso a mundial (pero solo de paso).
A ZP, casi se lle saen as cexas da cara cando veu a cifra, e reclamoulle ó traductor que non traducira ben, que eso non podía ser. Aparte de esto, nada de nada.

Bueno, por ahora a intervención do presi resúmese en:
Saiu na foto con Bush. (el odiado)
PD.
Lévalle unha, dedicada do propio puño e letra de Bush, para Pepiño Blanco alias "el estudiao".

1 comentarios:

don pinpon dijo...

Moi boa reflexión a que fas desta cumbre mundial.

Eso sí, eu botei en falta algunhas cousiñas. De ZP mellor non falar, posto que a xentiña do PSOE eche así, hoxe blanco, mañá negro se interesa, e pasado volve a ser blanco. Non pasa nada!!! Non ves que somos progres y liberales y miramos por la clase obrera?

Eu sen embargo voite en falta algunha das personalidades que temos neste país. Xa non digo que vaia Labordeta coa mochila e o caiado, pero sí podían ir representantes doutros “estados membros”. Coma por exemplo a Nazön de Breogän; GALIZA, recoñecida como estado en…. bueno, que máis da a data e o documento. Eu creo que o Sr. Touriño seguramente tería algunha magnífica idea para arrancar todo este desastre económico. E se non, aproveitaba a viaxe para decorarlle casa o compi Obama. En EEUU cartos ahí (ainda que agora menos) e o que fai falla e decoradores. E vendo o que fixo o Sr. Touriño no seu despachito, a Casa Blanca íalle quedar de cine. Eso sí, cartos ía costar oh! Ademáis, co seu flamante “sin carne” de 400000 € non ten problema en chegar. Porque este debe bucear e todo eh! Non vaia a pensar o pobo que o Sr. Touriño non pensou en todo. E senón, que mandaran a Quintana oh! que anda desaparecido en combate!
Outras opcións serían mandar os de ERC, mais que nada para mostrar a súa teoría de “Quero que me dedes 10 e eu douvos…as gracias”. Esa sí e unha boa maneira de gañar cartos. Si oh. Estes nacionalistas cataláns sonche listiños. Ademáis, coa partida de extras que se puxo un dos seus responsables no coche, fardaría moito por Times Square. Manda carallo! Como diría Fraga. Resulta que este se gasta unha pasta gansa en “extras para o coche” (eso e o que din, pero eu non mo creo) e con sair a semana seguinte pedindo perdon xa está, solucionado. Non pasa nada!. Estes amigos do Bloque sonche un pouco bromistas de mais.
E senon pode ir tamén o lendakari. De paso que deixa uns cantos inmigrantes de paso por terras amigas galegas, el sigue ruta ata Nova Yorke. Estes tamén son amigos do Bloque. Lembro esa especie de alianza que fixeron este ano. A alianza sirve para esto, para que nos manden o que eles non queren. Pero este lendakari podería expoñer esas ideas de “solo quien yo quiero” ou tamén a de “todo para mi y nada para el resto”.

En fin, que faltaron moitas cabezas ilustres a asamblea.
Mentres, aquí en España, ZP sigue con Garzon e a Memoria Histórica, coas bombillas do Sr. Ministro, con Sor Maravillas, e todo eso que tanto nos importa e tan trascendente é para o noso futuro.