Ai, meu pepiño!!! Que agradecido me és, ben deito del!!
Porque é raro o día que non meta a pata hasta o escroto, mira que hai que ser redondo. Pero cantos asesores ten este elemento? Quén llos escolleu? Parecer, parece que llos fichou Rajoy, pero tamén dudo da súa capacidade para discurrir tanto. Esto ten que ser cousa de pepiño.
Pero como se che ocurre, alma de cántaro, decir que Repsol foi privatizada por Aznar!! Si o 60% da empresa foi privatizada por F.González!!
Despois podemos rirnos á conta do comentario de que "ellos no tienen pasado". (risas de lata) "¡Basta ya de la doble moral ante situaciones que ellos provocaron, fomentaron y defienden cuando no están ocupados en rasgarse las vestiduras por defender justo la posición contraria!". (mais risas de lata)
Xa lle esquenceu a pepiño quen estaba en contra do intervencionismo no tema de Enel-Endesa. E tamén polo que vemos, quen privatizou a maior parte de Repsol. Como digo, un choio para calquera que queira criticar o goberno do psoe.
Pero esto o que nos leva, é ó verdadero problema de fondo. Como se articula un mercado libre para que os sectores estratéxicos de cada pais sigan pertencendo a propietarios nacionais, ben sexan persoas ou empresas? No seu discurso, Rajoy tamén esquece que casi todas as petroleras mundiais son de propiedade privada, entre elas todas as americanas, e no pasa nada non? Así que algunha forma terán de evitar que as compren os arabes ou os rusos, só temos que copiar as cousas que os demais fan ben. Zp pode estar tranquilo, non vai ter que discurrir (que non digo que non poida, e que ainda non se sabe si pode ou non) só hai que ver como fan os outros e facer igual.
De aquí para diante, non vamos a falar de todas as patadas de pepiño, so meteremos algunha de vez en cando, porque si non vai monopolizar o blog.
Ay pepiño!!
lunes, 24 de noviembre de 2008 | Publicado por layla en 15:09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
No tema da venta de Repsol eu non vexo que opcions pode empregar o estado:
1) Si prohibe a venta, poñeria a Sacyr camiño da quebra, e encontrariamos o final: con sacyr en quebra, miles de traballores na rua e as accion de repsol en venta nun concurso de acreedores. Aperte disto non entendo como se pode defender a liberdade de mercado e o mesmo tempo decirlle a unha empresa que non pode vender os seus activos e que debe irse a quiebra.
2) Que se encontre outro comprador. ¿Sinceramente crees que si houbera un comprador mellor que os rusos, sacyr non lle venderia encantado? Ou pretendemos que o goberno obrique a Sacyr a vender as suas accions de repsol a outra empresa que pague memos?
3) Que a parte de sacyr a compre o goberno. ¿Realmente queremos volver a unha nacionalizacion na que o estado posua o control de determinadas empresas?
Eu repito, non vexo que opcion lle queda a zapatero neste caso, pero para criticar unha medida hai que propor alternativas.
Neste caso poida que non sexa moi imparcial, por que eu son traballador de Sacyr, ainda que creo que non por moito tempo.
Creo que non me expliquei ben, eu non estou en contra de que sacyr venda, ó contrario, si lees (e constame polas tuas intervencións, que sí lees) verás que son bastante liberal en canto á intervención que o estado debe ter no mercado. Claro que sacyr debe vender, porque son activos da súa propiedade e facerá con eles o que lle pete, solo faltaría.
O que digo é que debe de poder facerse algo ó respecto de que estas empresas denominadas estratéxicas, caigan en maos de unha oligarquía internacional que despois manexe o mercado mundial de crú, podendo extrangular hasta a morte unha nación que non sexa da súa corda ou que non reme na dirección que mande, en este caso o kremlim.
E dís que propoña alternativas, pero desgraciadamente o meu coñecemento non chega tan lonxe (agradézoche que hasta o dudaras, :) ) non sei como se pode facer, pero algunha solución si que ten que haber, porque as grandes petroleiras americanas son 100% USA, e eso en 120 anos de historia non é nada facil, así que algo debe de haber.
E en canto á nacionalización, entendo que é o ultimo dos recursos. Está archidemostrado que a única forma segura de que unha empresa non funcione é facendoa pública. E si ademáis queres que sexa unha auténtica ruina, convirte os empregados en funcionarios, e tés garantizadas as perdas en tempo record.
O tema da entrada en sí, é o sumamente zoquete que é este pepiño, que non sabe nin da historia recente do seu propio partido, anque queda un trasfondo bastante turbio en canto a como debe ser a intervención estatal no accionariado (directamente o non) das empresas de tipo estratéxico. Está claro que as fábricas de armas americanas (por exemplo) son de capital privado, pero non creo que ningunha empresa rusa ou china poidan ter entrada en ese capital. O mismo si a fabrica é israelita con respecto a capitales de nacións islamistas, etc.
É un tema interesante, tratarei de informarme acerca de esto.
En todo este tema hai unha cousa que se nos olvida.
Estamos tratando de enerxía, dun ben básico para o noso país.
E de ideas xerais ai tamén casos particulares. Unha idea xeral pode ser o non intervencionismo do estado na empresa privada, co cal comulgo case o 100%. Pero este case precísamente se refire a estes casos especiais de bens de primeira necesidade (enerxía, alimentos...).
Se deixamos que todas estas necesidades primarias caian en mans alleas... mal vamos, así nunca seremos una potencia digna do G20 (ja ja). Bueno, esto xa o amaña o señor Zapatitos co seu homólogo francés.
Falando desta relación, ¿sabedes a cantidade de enerxía que España lle compra a Francia? Unha burrada, e ahí hai que pasar polo aro, non queda máis remedio. Desta maneira nunca seremos un pais, xa non digo grande ou importante, senón con posibilidades de medrar.
bueno... dentro de que interveñan capitais extranxeiras en empresas estratéxicas nacionais, polo menos que sexan de paises estables (non Rusia nin Irak) e con democracias decentes j(non chinos ou venezolanos).
Pero é interesante o comentario acerca da enerxía que lle compramos a Francia, eso é mui simpático, nós temos que comprarlle a enerxía ós gabachos porque non queremos nucleares, entón os franceses montan centrais na fronteira e véndennos a enerxía. De coña.
Respecto a intervencion de capital extranxeiros en sectores extratexicos, hai que indicar que telefonica esta nas telecomunicacions en toda hispanoamerica, o banco santander tamen en hispanoamerica e en inglaterra, etc... E as telecomunicacions e o sector bancario tamen son estratexicos. Asi que si nos parece ben (a min polo menos pareceme ben) que as empresas españolas esten en sectores extratexicos doutros paises, temos que estar dispostos a que empresas de outros paises esteñan en sectores extratexicos do estado español.
Outra pregunta, no caso de querer parar a venta, e como se para sin danar os intereses dos accionistas e traballadores de sacyr?
E respecto as nucleares, xa o comentamos nalgun outro artigo, a pregunta e que ten o valor de comenzar a construir nucleares, por que o problema e que o desgaste sufreo o goberno que inicia a construccion e os beneficios non se reciben ata dentro de 10 anos.
bfff... eso das nucleares... si xa nosoutros xustificamos que non se mire o ben común si non o ben do que goberna de turno... mal vamos jota.
Suponse que os que gobernan, fáno para procurar o ben de un pais, e para eso tómanse medidas a corto, medio e largo plazo. E tamén parece claro que non poden gustar a todos.
E en temas enerxéticos, está claro que ós verdes é imposible contentalos. As térmicas non lles valen (e pareceme lóxico, porque ademais de ser tremendamente contaminantes, importamos o 60% do carbón) os eólicos tampouco (seique estropean a paisaxe) as nucleares nin velas, os saltos de auga tampouco lles van... pois como non andemos a carburo, non sei que imos facer.
Económicamente e estratéxicamente, o que mais non convén sin ningunha duda é a nuclear, ecolóxicamente, pois non sei.
E sigo decindo que sacyr debe ser libre de vender a quen mellor lle pague, outra cousa é que preferira (eu persoalmente) que o comprador fóra dun pais algo mais decente.
Co comentario das nucleares non estaba intentando xustificar o que estaban a pasar si non a explicalo.
De feito e un problema que comentamos a raiz do plan urbanistico de alfoz e por que non foran capaces de facelo. Nun dos teus comentarios indicabas que non se facia por que podia costarlle o posto o alcalde como llo costou a xeada.
https://www.blogger.com/comment.g?blogID=7901989008779307718&postID=721307592845382456
En reusumo, podemos decir que en españa non hai nucleares polo mesmo que en alfoz non hai plan urbanistico, por que son medidas impopulares que non xeran beneficios a corto plazo.
Non te sigo. non entendo a relación das nucleares co plan urbanístico de Alfoz. No comentario que citas, xa che comentaba que non debe ser tan facil cando ningún concello de ningún color o tiña ó día. Non creo que non se esté facendo en Alfoz por medo ás repercusións políticas, constame que a actual alcaldía non está dominada por este tema.
E por certo, noraboa polo cambio de patrón, non se sabe en que dará, pero polo menos parece algo mais solvente nestes tempos tan peligrosos para a construcción.(anque nunca se sabe). De todas formas espero que sexa para ben.
Publicar un comentario