Algo cheira a podre nas vascongadas

Tardei uns días en escribir esta entrada porque non me podía creer o que vin pola tv. É realmente increible que os seus compañeiros de partida seguiran como si nada pasara, incorpórase un novo xogador e listo... Pero tan mala persona era este tal Uria? Como para que non poidan suspender a partida un día?
Pois parece que non, que o tal Ignacio era unha boa persoa. Entón que pasa? Que pasa para que un dos clientes do bar se atreva a levantar a voz para protestar e os outros calen? Qué pasa para que os que fan algunha declaración criticando a acción dos asasinos o teñan que facer de espaldas ou coa cara tapada? Qué pasa para que todos actúen (verdadeira o finxidamente) con absoluta normalidade como si esto fóra normal? Qué pasa para que aquel transeunte comentara "han matado al Ignacio?, pero si era de aquí de toda la vida"? É que os que non son dalí de toda a vida é normal que os maten?
Pero qué pasa? Somos animais?
Recórdame a película de Clint Eastwood, "Infierno de cobardes", onde o pistoleiro de turno castiga un pobo enteiro que deixou morrer a mans de tres delincuentes ó sheriff do pobo, que era seu irman, con total indiferencia. Esto, é o que está pasando nas vascongadas, son un fato de cobardes. Só falta pintar o pobo de roxo.
Onte comentaba un comercial na radio, que traballa pola zona vasca e durmía alí cando estaba de ronda, pero despois de ver como os ertzaintza ían tomar os cafes de catro en catro, para que dous vixiaran mentras os outros dous bebían... decidiron ir a durmir a Cantabria. Bendito favor lle están facendo ó seu pobo dinamitando progreso e matando progresistas.
Bendito pais, tan modernos somos que todo nos parece ben. A ver si dentro de 40 anos non hai que desenterrar estas victimas para darlles a homenaxe que se merecen, ou para que sirvan de escarnio para os veciños que calando e engurrándose amparan os soplóns e os asasinos da banda.

2 comentarios:

jotavaladouro dijo...

O que para no pais vasco e algo bastante normal en sociedades sometidas a terror e a falta de liberdade. Que pasaba en Alemania cando todos sabian que se estaban exterminando os xudios e miraban para outro lado? Que fai a maioria en Cuba para protestar pola persecucion da xente polas suas opinions politicas ou orientacions sexuais? Que facian os españois durante a dictadura de franco cando minorias eran perseguidas polas suas ideas politicas ou a sua orientacion sexual?

O que pasa na sociedade basca e o normal en casos de situacion de terror e represion, e so nos queda desesaxar que desapareza o terror para que poidan desaparecer os seus efectos. Pero a reaccion da sociedade basca non e distanta o de resto das sociadades. Estas seguro de que nos reaccionariamos de distinta forma? Tamen che parece que nosos pais eran animais por non protestar durante o franquismo polas penas de carcel ou sentencias de mortas por delitos politicos ou por ser homosexuais?

layla dijo...

Home non, non é o mesmo. Todo hai que cincunscribilo a unha época e unha sociedade concreta. Non é o mesmo hoxe aquí, que fai trinta anos aquí, ou hoxe en Ruanda.
Parece mentira en ti que fagas esas xenaralidades. Claro que teus pais non eran animais. Daquela, eso era correcto, era políticamente correcto discriminar ós homosexuais en ese momento en España, do outro lado da fronteira francesa, non, na mesma época. Como ahora non é correcto aquí e en Afganistán (por exemplo) si.
Para poder xuzgar a un feito temos que imbuirnos na fecha na que se está e na sociedade na que se produce, e non podemos xuzgar tempos de guerra con parámetros de tempos de paz, nin podemos xuzgar os anos 40 con parámetros do 2008, nin sociedades musulmanas con parámetros cristianos ou democráticos.
Pero hai casos mui graves, en tempo de paz, que acontecen no mesmo marco temporal e xeográfico, onde hai catro asesinos dentro de un grupo de mil que creen que están equivocados e dentro de esos mil hai cen que se cagan polos pantalóns.
Ollo, que eu igual tamén me cagaba en esa situación. Pero non deixaría de ser un cagao.