Hora era!

Por fin!! Habemus folleto!!
Xa pensei que se lles acabaran as ganas de escribir. E debo admitir que estou gratamente sorprendido, xa que demostra unha seriedade hasta ahora descoñecida no equipo socialista deste concello.
Algo está pasando. Non se cree tanta responsabilidade, tan pouco ataque gratuito. Pero bueno, benvido sexa.
Algo terá que ver a boa labor do equipo de goberno.
De todas formas algo sempre hai que puntualizar. Din os socialistas na páxina un, que se reunen co enxeñeiro xefe para protestar sobre como quedan as pistas e danse a razon polas chuvias na páxina catro. Claro, así tamén eu. E dicen que os do PP son meros espectadores. Pos ben, non estou de acordo con ningunha das duas afirmacións, sei positivamente que os ediles do pp protestaron, non por esas parvadas, si non por algo mais profundo que os do psoe non se lles ocurreu, que é que as pistas da concentración non tiñan porqué seguir o trazado as pistas antigas, si non que podían ser mais rectas e quedar mellor, e tamén mellor rematadas. Outra cousa é que o día que viñeron os socialistas xa estiveran cansos de decilo e non o repetiran. Porque hai que ir mais que un día. E por outro lado, as inundacións, como xa falamos en outra ocasión, non son a causa das novas pistas. Son maioritariamente a causa da cantidade de merda que atora o paso do rio, e que as autoridades da Xunta (creo que gobernada por cores non azuis) se empeña en sobreprotexer, impedindo ós veciños limpar convenientemente. Coma sempre, podemos tirar de demagoxia todo o que queiramos, pero a realidade é a que é, e todos os veciños que teñan fincas na ribeira do rio, saben perfectamente o que costa ter un permiso para cortar catro amieiros ou ter a beira mínimamente limpa, e aparte do costo económico (ríete ti dos 6€ da subida do imposto de circulación) os impedimentos de todo tipo en canto ó procedemento, e todos os veciños saben (sexan ribeireños ou non) que do Frenazo para abaixo, non hai pistas que corten o paso do rio, sin embargo a auga estaba mais alta que nunca, e na Naranxa, e en San Acisclo, etc.
En canto á subida de soldo do alcalde, pois bueno, mais de demagoxia, o IPC subeu mais dun 3%, gracias sobre todo á gran xestión do duo dinámico ZP-Solbes, polo tanto non vexo tan exagerado esa subida, os funcionarios pode que subiran o 2%, a verdade que é un caso de descoñezo, pero a maioría dos soldos subiron por encima (a maioría mui por encima) de ese 3%, e vostedes saben que o posto de alcade non é de funcionario non? Porque si non o saben, son uns catetos, e si o saben, tratan de desinformar á xente, tratando de decir que si os funcionarios suben un dous por cen o alcalde tamen debe subir na mesma proporción. Bueno, como solo é unha parvada en catro páxinas, deixámolo pasar.
E por último, e xa para rematar, e de forma anecdótica, porque me fixo gracia, gustaríame saber que tipo de avanzado método de investigación de intención de voto utiliza o grupo socilista local para saber que o colectivo estranxeiro de residentes en Alfoz, vota maioritariamente ó PSOE.

1 comentarios:

don pinpon dijo...

Ay layla!

Que ben dis! Por fin folletus, por fin información da boa, sen manipulación, sen demagoxia, coma a da Sexta, ou a de Cuatro y su Gabilondo, ou a da neutral cadena SER.

A verdade é que o tema das pistas eche o de sempre, e mazar en ferro frío, porque os socialistas sempre aparecen, ainda que sexa tarde, mal e arrastro, e atribuense éles os tantos. Unha cousa parecida ocorreu co tema do pediatra para Alfoz e O Valadouro. Na fotiña de turno e nas reunións cos Sres. Conselleiros, aperecían sempre ediles socialistas, sí oh!, eses que seguen sendo candidatos a mesma cantidade de anos que lle votaban en cara ó anterior rexidor alfoncense. Na foto sí, como si fosen eles os que “movían os fíos” cos seus colegas de partido na Xunta, para poder ter un pediatra. Pero realmente eran moitas nais as que estaban a facer xuntanzas e forza para conseguilo. Pero, típico marchamo socialista, na foto aparecían outros, os comenenciudos, os que só van a coller votos, os que non lles importa moito o tema dos nenos e pediatra, só van a favor do seu interese e do partido. Para ó final, non conseguir nadiña. A verdade é que é unha pena, e logo temos que oír os do BNG animando á xente a vivir nas vilas, a sostenibilidade agraria, ó impulso do rural. Pero señores, cerrade o libro dos soños e dadevos conta de que con estes medios que estades a poñer (e dame igual a cor do que goberna) o rural está a anos luz en canto a servicios do resto da sociedade. E a culpa non hai que votarlla o alcalde de turno (volvo a insistir, da igual da cor que sexa en moitos casos) pois os que reparten os cartiños sonxe os darriba, os da Xunta, os da Diputación. En ves de decorar os despachos, ou de comprar o AUDI de 100000 € para a Diputación, son os que deben impulsar o desarrollo do rural.
E para non irme de tema, co das pistas ocorre o mesmo. Estes politiquillos de turno chegan de novo tarde, mal e arrastro, e queixanse agora ó Sr. Enxeñeiro. Señores, que non somos parvos, que outros levanse queixado moito antes e seguro que no momento adecuado para reformar as cousas. Eso sí, vende máis agora, recaudanse máis votos agora, facendo ruido. Pois eu creo que non, que a xente non é tonta e sabe valorar as cousas doutro xeito.

En canto á subida de soldo anual do Alcalde de Alfoz, supoño que todo isto se rexirá por temas de convenios. Primeiro hai que estudiar os casos, e logo, se está mal, dicilo. Pero creo que no caso destes politiquillos de turno, din antes de estudiar. Algo parecido fai o Sr. Pepiño, moi listo él.