cintura

Pois ahí está o fino estilista do noso presi puntualizando o que é un compromiso e o que é un obxetivo político. Parece coco explicandolle ós nenos, solo que non é coco, non sabe ben a lección, mellor dito, si a sabe pero non é capaz de contala tan gorda sin que se lle note. E eso que é bó actor. E nós tampouco somos nenos, non tragamos con calquera cousa.
Ou si?

Como podedes observar, solo se trata dunha cuestion ligüistica, obviamente si o entendestedes mal é que non sabedes de que vai o tema político. Así que nada, vosoutros ó paro que eu sigo co meu obxetivo.
A verdade, é un encantador de serpes. Desgraciadamente a pregunta debeuno coller un pouco a contrapé, e duda, derrapa, volve a coller o fío, volve a dudar, tatabexa un pouco. Bfffff! Como se lle ve o plumero.
Que lástima de oposición!!!

Hora era!

Por fin!! Habemus folleto!!
Xa pensei que se lles acabaran as ganas de escribir. E debo admitir que estou gratamente sorprendido, xa que demostra unha seriedade hasta ahora descoñecida no equipo socialista deste concello.
Algo está pasando. Non se cree tanta responsabilidade, tan pouco ataque gratuito. Pero bueno, benvido sexa.
Algo terá que ver a boa labor do equipo de goberno.
De todas formas algo sempre hai que puntualizar. Din os socialistas na páxina un, que se reunen co enxeñeiro xefe para protestar sobre como quedan as pistas e danse a razon polas chuvias na páxina catro. Claro, así tamén eu. E dicen que os do PP son meros espectadores. Pos ben, non estou de acordo con ningunha das duas afirmacións, sei positivamente que os ediles do pp protestaron, non por esas parvadas, si non por algo mais profundo que os do psoe non se lles ocurreu, que é que as pistas da concentración non tiñan porqué seguir o trazado as pistas antigas, si non que podían ser mais rectas e quedar mellor, e tamén mellor rematadas. Outra cousa é que o día que viñeron os socialistas xa estiveran cansos de decilo e non o repetiran. Porque hai que ir mais que un día. E por outro lado, as inundacións, como xa falamos en outra ocasión, non son a causa das novas pistas. Son maioritariamente a causa da cantidade de merda que atora o paso do rio, e que as autoridades da Xunta (creo que gobernada por cores non azuis) se empeña en sobreprotexer, impedindo ós veciños limpar convenientemente. Coma sempre, podemos tirar de demagoxia todo o que queiramos, pero a realidade é a que é, e todos os veciños que teñan fincas na ribeira do rio, saben perfectamente o que costa ter un permiso para cortar catro amieiros ou ter a beira mínimamente limpa, e aparte do costo económico (ríete ti dos 6€ da subida do imposto de circulación) os impedimentos de todo tipo en canto ó procedemento, e todos os veciños saben (sexan ribeireños ou non) que do Frenazo para abaixo, non hai pistas que corten o paso do rio, sin embargo a auga estaba mais alta que nunca, e na Naranxa, e en San Acisclo, etc.
En canto á subida de soldo do alcalde, pois bueno, mais de demagoxia, o IPC subeu mais dun 3%, gracias sobre todo á gran xestión do duo dinámico ZP-Solbes, polo tanto non vexo tan exagerado esa subida, os funcionarios pode que subiran o 2%, a verdade que é un caso de descoñezo, pero a maioría dos soldos subiron por encima (a maioría mui por encima) de ese 3%, e vostedes saben que o posto de alcade non é de funcionario non? Porque si non o saben, son uns catetos, e si o saben, tratan de desinformar á xente, tratando de decir que si os funcionarios suben un dous por cen o alcalde tamen debe subir na mesma proporción. Bueno, como solo é unha parvada en catro páxinas, deixámolo pasar.
E por último, e xa para rematar, e de forma anecdótica, porque me fixo gracia, gustaríame saber que tipo de avanzado método de investigación de intención de voto utiliza o grupo socilista local para saber que o colectivo estranxeiro de residentes en Alfoz, vota maioritariamente ó PSOE.

propaganda

A eficaz maquinaria propagandística socilista manexada por zapatero e atizada polo innombrable, leva meses traballando incansablemente para tratar de convencer á xente de algo que é totalmente falso, pero mais falso que un euro de cartón.
E sin embargo, a xente traga.
Non mo podo explicar. A ver, según a tip y coll, a crise é culpa dos ianquis e do capitalismo salvaxe, e por eso ahora temos o que temos, pero nós que somos afortunados, temos un goberno socialista e solidario, que nos vai a sacar deste atoiadero. Esto a grandes rasgos é o discurso post-eleccións. Hasta aquí, creo que estaremos todos de acordo.
Pois ben, é todo mentira. A crisis inmobiliaria americana, non é culpa do capitalismo, e culpa dunha lei de corte socialista chamada C.R.A. (Comunity reinvestment act) que ven a excluir do selección de concesión de créditos hipotecarios ás persoas menos favorecidas, este sistema propiciou o nacemento de das famosas subprime.
Polo tanto non é un fallo do sistema capitalista si non unha inxerencia en tal sistema o que produce unha falla de dimensións catastróficas. E tamén é mentira que teñamos un pais forte e preparado, xa que o que a Alemania, Inglaterra e os propios EEUU lles está producindo unha gripe, a nós tennos na UCI con neumonia aguda. A sra. Merkel ten outros tantos parados como España, pero co doble de población, e os parados de Bush son mais, pero non o doble para 10 veces a población. E estes (tip e coll) non nos van a sacar de ningún sitio de onde non señamos capaces de sair soíños, porque non teñen nin idea de para onde ir nin en qué.
Durante estes ultimos anos ralentizaronse todas as inversións en infraestructuras, e non vale decir que non é verdade, que tal e cual pascual. A realidade é que o AVE a Galicia retrasouse varios anos cos gobernos socialistas, e todo o que se está facendo estaba aprobado de antes, cales son as grandes obras iniciadas (dende o presuposto) por ZP? Como queremos ter industria competitiva si non temos infraestructuras como dios manda? Como vai a poder funcionar unha empresa en Alfoz sin ADSL? Que pasa cos trens de mercancías? Por qué se permite os concellos impulsar tres mediocres aeroportos en Galicia en lugar de un como Dios manda? Por qué non hai un porto comercial na costa de Lugo? Cantos mariñeiros teñen que seguir morrendo para merecer un remolcador de salvamento con base fixa en Lugo? De todas formas non hai que preocuparse, xa trouxemos as tropas de Irak, e sólo morrerán os que sexan necesarios. E de todas formas algunha culpa terá Bush en todo esto. Ademais non temos tempo para parvados, estamos gastando a pasta en temas mais elevados, como a alianza de civilizacións ou a cúpula famosa.
A educación, que é a base da competitividade a largo plazo, é penosa e reflexa claramente a forma de pensar socialista, o que queiras sin esforzo, suspendes? é igual, pasas ó seguinte curso. Temos formación deficiente? aumentamos dous anos a cargo do estado, non enseñamos mellor, facémolo mais tempo. Os indicadores europeos póñennos á cola, os penúltimos. Non está mal para a primeira decisión que tomou ZP, derrogar un lei de educación que aprobara o PP meses antes. Eso chámase ter tino.
A xusticia? sin comentarios, vemos como unha señora vai ser condenada a mes e medio de carcel por darlle unha labazada ó seu fillo que non quería estudar, é De Juana menos de un ano por cada asesinado. Aparte de que si a vostede lle deixan sin pagar dous xatos, e reclama, pode pasar tres anos antes de que salga o xuicio, para entonces a empresa compradora xa non existirá (ou existirá con outro nome) e o propietario será insolvente. Para mais inri vostede enteraráse entonces que xa é a terceira ou cuarta vez que fai o mesmo con distintas empresas, pero non pasa nada. Tranquilo, porque hai que ter talante poñer o dedo na cexa e rir.
Tamén e fácil ser competitivo con unha sanidade que tarda tres ou catro meses en que te vexa un especialista, tres ou catro meses de baixa inxustificada (si porque si te mirasen á semana seguinte podíanse aforrar os costes da baixa e o padecemento do enfermo). E si algún compañeiro teu de traballo e medio atravesado non ten mais que ir ó médico de cabeceira a decirlle que durme mal, que nen pensamentos negativos e que non merece a pena vivir, todo esto poñendo moita cara de pena, e ven con unha baixa dun mes no peto. Entón tu traballarás mais para cubrir a sinvergoncería do teu "compañeiro". Pero tranquilo, a culpa é "de los tontos de los cojones que votan al PP".

Algo cheira a podre nas vascongadas

Tardei uns días en escribir esta entrada porque non me podía creer o que vin pola tv. É realmente increible que os seus compañeiros de partida seguiran como si nada pasara, incorpórase un novo xogador e listo... Pero tan mala persona era este tal Uria? Como para que non poidan suspender a partida un día?
Pois parece que non, que o tal Ignacio era unha boa persoa. Entón que pasa? Que pasa para que un dos clientes do bar se atreva a levantar a voz para protestar e os outros calen? Qué pasa para que os que fan algunha declaración criticando a acción dos asasinos o teñan que facer de espaldas ou coa cara tapada? Qué pasa para que todos actúen (verdadeira o finxidamente) con absoluta normalidade como si esto fóra normal? Qué pasa para que aquel transeunte comentara "han matado al Ignacio?, pero si era de aquí de toda la vida"? É que os que non son dalí de toda a vida é normal que os maten?
Pero qué pasa? Somos animais?
Recórdame a película de Clint Eastwood, "Infierno de cobardes", onde o pistoleiro de turno castiga un pobo enteiro que deixou morrer a mans de tres delincuentes ó sheriff do pobo, que era seu irman, con total indiferencia. Esto, é o que está pasando nas vascongadas, son un fato de cobardes. Só falta pintar o pobo de roxo.
Onte comentaba un comercial na radio, que traballa pola zona vasca e durmía alí cando estaba de ronda, pero despois de ver como os ertzaintza ían tomar os cafes de catro en catro, para que dous vixiaran mentras os outros dous bebían... decidiron ir a durmir a Cantabria. Bendito favor lle están facendo ó seu pobo dinamitando progreso e matando progresistas.
Bendito pais, tan modernos somos que todo nos parece ben. A ver si dentro de 40 anos non hai que desenterrar estas victimas para darlles a homenaxe que se merecen, ou para que sirvan de escarnio para os veciños que calando e engurrándose amparan os soplóns e os asasinos da banda.

Chegamos ós tres millóns de parados


Sin comentarios

adiós pepiño...

Este será o ultimo comentario que escriba acerca do tal pepiño, un ser tan rastrero e mala persona que non se merece que gaste nin un solo dos minutos do meu tempo, por moito que me sobre como dí algún por ahí.
Este despreciable individuo, cuasi humano, que como casi todos os iletrados suelen ser, é desconfiado e mala xente, di que non se abona ó 'sálvese quien pueda' pero ben que se abona ó todo vale con tal de desviar a atención, e de paso mandar unha andanada barriobajera á rival política que pasou pola piedra a cantos contendientes lle puxeron no camiño. E como non se pode polo camiño normal, polo decente, hai que ir polo criminal e recurrir ó vilipendio, ó veneno mais ruin, acusando á sra. Aguirre de escapar a correr da India e deixar alí parte da representación que a acompañaba.
Hai que ser mal bicho.
Supoño que non coñece os protocolos de actuación en estos casos, porque de todas todas este elemento é un cateto superlativo, porque si os coñece, entón xa non tería nome. Pero son tantas as cousas que non sabe, que xa vai sendo hora de que se largue, pero por favor, que non nolo manden de volta, que lle dian un retiro ben lonxe de nós.
Supoño que este insecto político, nos seus sonos, compárase con Alfonso Guerra, outro duro contendente, implacable ca dereita nos seus dias. Non obstante, esto só se produce nos seus sonos, xa que lle falta a preparación, a fina ironía e o afilado estilete de Don Arfonzo, este é un iletrado, un cateto integral, que usa o burdo insulto, e o basto mazo de gañán que é.
Xa sei que son palabras mui duras, pero é o que é. E supoño que me choverán paus por todos lados, pero tamén me é igual, non se poden admitir este tipo de actuacións ponzoñosas, e o mismo me da baixo que cor se esconda. E o que normalmente se dice "un mierdas". Vou facer miñas as súas palabras, as únicas que lle oín dende fai tempo, que teñen algo de sentido "llegó la hora de los políticos de verdad", pos hala pepiño, aplícate o conto e vaite cando antes, para que podan empezar a vir os de verdade.