Temos aquí un caso de matrimonio de conveniencia, e ben atado por lazos de interés mutuo. Resulta cando menos raro que ante unha crise de tamaño xigantesco como a que nos azouta non se plantexe ningun tipo de reforma laboral. Eso non se toca!!
E tamen resulta raro que os sindicatos non digan nin mu con respecto a cifra galopante de parados.
Tamen resulta raro que ningún medio de comunicación se leve as mans á cabeza cando o presi foi a suplicar o outro día á reunión dos sindicalistas, "os necesito", e a decir que non se levará a cabo ningunha medida de tipo laboral sin a aquiescencia dos sindicatos. E esto que quere decir? Que si os sindicatos din que non a todo, non se facerá nada anque sexa necesario? Esto é unha claudicación en toda regla a cambio da paz social, a cambio de apoios e silencio nas rúas.
A mellor de todas é a da nova responsable de economía, que empeza con bó pé, decindo o venres que o despido non debe estar mui caro cando hai 800.000 novos parados. Bárbaro! Esta debe pensar que as empresas botan á rúa a xente e función do que lles coste o despido. Entonces nada! subímolo, poñamos a... x10 veces o costo e así, xa non hai más parados!! olé! como non se nos ocurreu antes!!! Mamaiña o tren!!! Qué volva Solbes, por favor!! (nunca pensei que diría esto)
Esto é unha vergonza.
Pero claro, os sindicatos recaudan menos do 10% do seu presupuesto das cuotas dos asociados, o resto ven de subvencións estatais. E importalles un pemento si a situación é sostible ou insostible para unha balanza da seguridade social que se vai ó carallo. O importante é conservar os postos (non os dos traballadores, os deles). E tampouco importa a creación de traballo mediante flexibilización dos novos contratos, non!! O importante é que se aumente o gasto social para que todos sigan cobrando o máximo tempo posible, sexa cal sexa o impacto no déficit público. Por eso o presi se enfada tanto últimamente defendendo a capa e espada o indefendible, o inmobilismo ante o que todo o mundo (e cando digo todo o mundo digo OCDE, confederacion de empresarios, de autónomos, FUNCAS, comisón europea, Banco de España... ) lle está pedindo, que reforme urxentemente as areas laboral, de educación, de xusticia e fiscal (por certo a laboral e de xusticia xa as puideron facer os do PP e tampouco as fixeron).
E para esto estamos casados, para protexernos mutuamente e esconder a folla de ruta de este barco que se vai ó garete sin remedio.
E para sair en manifestación nas comunidades autónomas onde non goberna o PSOE, hai que joderse.
canto nos queremos!
lunes, 27 de abril de 2009 | Publicado por layla en 10:33
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario