Parece que vai haber cambio no goberno de ZP, falta fai, pero chega tarde. Non vou entrar no tema de fomento porque me parece unha broma de mal gusto, Maleni era infame, e o semihumano, pois bueno... sin comentarios, poñer a un iletrado de ese calibre ó frente de unha carteira semellante, esto só se lle pode ocurrir a Zapatero.
Vamos ó que nos importa, á economía. Sobes pedía a berros dende fai dous anos que o relevaran do seu cargo, só a egolatría do seu líder e o ter un saco de golpes detrás de que parapetarse o mantivo no cargo tanto tempo, si non, cómo un tipo que se equivoca tantas veces e en tanta magnitude pode estar ó frente dunha economía nacional?
Debatíu con Pizarro, e polo visto gañou (a min pareceume que non, pero según todas as encuestas si) só fixeron falta uns poucos meses para que tivera que comer as suas palabras con patacas, minteu sobre o paro en maio, en setembro, en decembro, en xaneiro e en febreiro (ou non sabe mais). Fixo unhas previsións nas eleccións tachando á oposición de catastrofistas e non patriotas (corrixeunas catro meses despois), fixo un presupuesto para o 2008 que levantou críticas ata en Bruselas, tivo que correxilos en Maio, e despois en Setembro, para o 2009 elaborou uns presupostos que causaron hilaridad (si, hilaridad, xa é triste que non te critiquen, que se rian directamente) e á semana seguinte ( UNHA SEMANA!!!) a comunidade económica europea tasou o crecemento económico de España na MITADE da predicción do sr. Solbes, ahora recoñece (un par de meses mais tarde) que teñen razón. Por outro lado o presi ven da reunión do G20 decindo que está mui contento e que lle aplauden as medidas.
Pero este rapaz, qué fuma? A que reunión foi? Será que como non ten nin papa de inglés non se entera? Pero si nos deron unha tunda tremenda polo endeudamento criminal que estamos acadando!! Endeudamento para non facer nada, todo seña dito de paso, para o famoso plan 'E' para maior gloria do presidente pero que non invirte en nada productivo para este pais.
En fin. Que parece ser que ainda que sexa tarde chega o relevo para a área económica do goberno e parece que a elexida é a Sra Salgado. Que así na distancia parece unha señora seria e hacendosa, con un curriculum bastante competente, (menos o famoso plan E, anque esto viríalle imposto supoño) así que xa veremos que tal lle vai.
Peor non creo que o faiga ( falta ver si lle van deixar facer algo ou si tamén lle van impoñer a política económica dende presidencia).
imos cambiar?
lunes, 6 de abril de 2009 | Publicado por layla en 15:45
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Pois na miña humilde opinión, pouco imos cambiar.
Co da carteira de Fomento, unha de dúas: ou poñen ahí ó lumbrera éste para acabar con él, pois se lle quedaba grande todo o que fixo ata agora, ata ser incluso alcaldable en Palas de Reis, o de ser Ministro non vai ser menos, ou este ZP tampouco ten moitas máis luces e cree que lle vai solucionar a papeleta. Pero de todas todas, mellor gracias a Deus que non terá moitos cartos para grandes inversións, entre outras cousas porque non os hai, que se non quedará a súa obra para toda a vida como exemplo do que non hai que facer. Realmente, o duro e pensar que nen él mesmo, cando andaba por Palas de Rei con 15 aniños ou 20, se creería a donde chegaría no 2009. E todo, con que mérito? Con que experiencia profesional ou académica? Con qué, preguntome eu? Traería a ZP xa daquela ós callos nas festas? Algo tivo que facer?
Da Salgado, máis do mesmo, o que pasa é que é menos mediática e vana poder calar e dirixir moito máis. Agora dí esto, agora estoutro. O de sempre.
Con respecto ó da cumbre, fóra do puramente técnico e importante que alí se puido falar, o máis anecdótico é que fai 1, 2 ou 3 ou 40 anos en España eramos por definición antiamericanos. E agora, este presi noso, é capaz de dicir que si Obama mexa por él está chovendo. Vaia cara de neno infelíz que puña, vaia xestos máis sobreactuados. Vaia non saber estar. Verdadeiramente, se él representa os españois, damos a sensación dun país bananero. Pero o do sentimento antipatriota se algo fai é extrañar. Se fai uns meses en calquera tertulia que aparecía algunha persoa afín ó PSOE decía que España non tiña que depender para nada de USA, que non podíamos valer nos mesmos. E agora todo xirou! Este ZP cree que con botar a man polo lombo, como fai aquí en España cos partidos nacionalistas, xa está?
Dame a impresión que vas caer de fuciños!
Hoxe confirmase o pastel, retiro dorado para Chaves, pataca ardendo para Salgado e bueno, o outro en fomento.
O que non entendo, e que confirma ó mesmo tempo as miñas sospeitas, é que se sustitua a Solbes aplaudindo e suscribindo toda-las súas medidas. Si todo o fixo ben, para que o cambias? E avanza que a liña será a mesma, ou sexa que Salgado vai arar por onde lle manden. Non sei, me temo que mais do mesmo.
E dende logo algo se lle está escapando ó mariscal de Palas, porque parece inaudito (hasta ahora foino, nunca houbo unha palabra por derriba de outra dentro do partido) que lle reventaran de esta maneira a reunión estrella con Obama. Levaba o 'probe' ZP mendigando unha entrevista có novo lider mundial medio ano, e cando o consegue, van estos e escarallanlle a foto filtrando o cambio de goberno!!.
Debeu vir de bó xenio no avión.
Publicar un comentario