sobre reformas pendentes

O outro dia, cando a sra. Salgado apareceu no senado obviou, según parece, unha parte do seu discurso que si estaba na versión distribuida ós periodistas. Esta parte trataba sobre as posibles recaidas na futura fase de recuperación económica española (cando queira que sexa). Parece ser que cando se lle preguntou ó respecto mostrouse un pouco turbada (non o poido afirmar porque falo de oidas, obviamente non teño acceso a estas copias previas, nin estou nas roldas de prensa do senado). Evidentemente xa veu despois ZP a puntualizar que o peor xa pasou e non existe posibilidade algunha de recaida, e que de aquí para diante, como cohetes espaciales, imos despegar a velocidade interestelar. (ou mais).
Aparte do optimismo patolóxico do nóso presidente e da xa probada ineficaz visión económica, é certo que algunhas cousas están indo a mellor, pero porque teñen que ir soas, porque se arreglan solas polos propios mecanismos do mercado e porque o inefable ZP ainda non descubreu como fastidialas. Ó contraerse o traballo mellórase a competitividade, e esto unido á baixa de consumo axuda a equilibrar o tremendo déficit por balanza comercial exterior que tiña este pais, debido a estas desgracias, algo en este sentido estamos mellorando. Pero desde logo non polo ben que se esté facendo, si non por todo o contrario. Non debemos olvidar que cando o presidente accedeu ó goberno prometía demostrar que podía manexar a economía mellor e mais eficientemente que a dereita, ademais de ser menos intervencionista. Cousa que coa actual crise, o que estamos tardando en sair dela, as intervencións gubernamentales na venta de Endesa, e na tarifa electrica, e na fiscalía e etc. etc. está claro que non cumplíu.
O que ten que facer en realidade non o fai, o que se necesita non é subir os impostos, é baixar o gasto público (non vale o discurso demagóxico de Blanco de que si non se invirte se paraliza o pais, falo de gasto inútil, de millóns desperdiciados en soldos e estudios que non serven para nada, en obras que non teñen mais utilidade que manter ocupados a uns cantos traballadores), porque o estado non pode crear emprego, o emprego quen o crea son as empresas privadas, son estas as que teñen que ter un marco laboral moderno e acorde cos tempos que corren que permita ser competitivos coas empresas de fóra, si non veremos día tras día como o tecido industrial deste pais se nos desvaece entre as maus. Tamen se necesita inversión en I+D+I (este ano baixouse a inversión nos presupostos do 2010, anque o presidente quere cambiar o modelo productivo. Supoño que o quere cambiar a peor.). E mellorar a xusticia, para que non nos encontremos con que os listos de turno monten e desmonten empresas amparándose na xa proverbial lentitude legislativa para cometer todo tipo de desmanes e afundir a honrados traballadores. En lugar de esto, dedicámonos a comprar apoios para uns presupostos que non se creen nin no goberno. Digo comprar, porque para que os canarios e vascos os apoien hai que darlles 152 e 750 millons de euros respectivamente (dos de todos, que non os pon o PSOE. Así, como vai haber cartos para o AVE galego?)amen de blindar o concerto vasco (ademais de cagala hoxe, compremetemos a cagada para o futuro, a incompetencia non ten fronteiras epacio-temporais). Nada menos que catro veces mais botin do que sacaron por apoiar o temen increible presuposto do 2009. Si aquel o houbo que reformar e pedir prestamos en maio do peliculero que era, imaxinade como será este...
Si non se toman medidas estructurales serias e se prepara o pais para o que ven, e o que ven e mui previsible, cando empecemos a levantar un pouco a cabeza vannos poñer unha bota encima que nos van meter a cara na lama ainda mais fonda que antes.
¿Por Qué? Pois porque cando nós empecemos a levantarnos, Francia e Alemania xa estarán de pé, e entón o Banco Central Europeo, lóxicamente vendo que a maioría da economía continental está en crecemento, tomará a medida que toca, subir os tipos de interés. E esto collerános a pé cambiado, con un endeudamento público bochornoso, un déficit inasumible, un mercado de traballo tercermundista e sin ningunha reforma estructural abordada. E esto vai a ser unha re-caida salvaxe, durísima senon fatal, que atacará ás familias, as empresas e ó goberno, que se verán incapaces de soportar a deuda contraida (só hai que recordar o efecto da subida o euribor do ano pasado nas economías familiares).
E coma sempre, admito apostas.

0 comentarios: