Hai algo nos grupos de oposición de Alfoz que non acabo de entender. Xa sei o que significa oposición, según a RAE, " Acción y efecto de oponer u oponerse", pero supoño que non será a todo por sistema, digo eu.
E esto ven a caso do tema do polígono. Resulta que aló polo 2005 firmase un convenio mancomunado (ollo á palabra, que é importante, mancomunado) entre Valadouro e Alfoz con Xestur para a construcción dun polígono industrial nos concellos citados. Esto tamén é importante, nos concellos citados. Entón baixo a eficiente tutela do goberno bipartito elaborase un proxecto que ten como resultado un polígono en tres fases, a primeira en Valadouro, a segunda en Alfoz e a terceira que une os dous.
Xa o proxecto en si, é unha burrada, xa que o crecemento debería ser orgánico, non facer dous polígonos independentes para unilos despois. Pero aparte de esto a configuración do crecemento en si é claramente perxudicial para o concello de Alfoz, porque hasta que se encha a primeira fase, non se empeza a segunda, co cal, todas as empresas que se queiran montar, han de facelo obrigatoriamente no concello veciño e poden pasar anos ou no peor dos casos décadas hasta que se desenrrole a segunda fase.
Si temos en conta que os nosos veciños se decantaron ultimamente polo sector terciario de servicios e residencial mentras que o Alfoz destaca por ser mais industrial, non en balde ten empresas punteiras no seu sector a nivel autonómico (Costiña, Rega..) e comarcal (talleres, almacens, serrerías...) o lóxico sería que se empezara pola fase dous, e se construira primeiro en Alfoz. Vamos a propoñerllo o concello dó lado a ver que dicen...(goberno e oposición). Así non hai que modificar o proxecto e non se perde nadiña de tempo. Non creo que eles poñan ningún problema. ¿Ou pode que si?
O que a alcaldía de Alfoz pretende, ó meu modesto modo de ver, de forma bastante acertada, é que como se trata de un modelo mancomunado, que se desenrole ó mesmo tempo nos dous concellos, de maneira que as empresas poidan elexir si instalarse en solo de Alfoz ou de Valadouro, e que se modifique o proxecto na línea do que di o IGVS, que aparte de ser lóxico, defende o ben dos veciños deste concello que somos os qeu os votamos e esiximos que cumplan coa súa obriga (defender os nósos intereses).
Volvendo ó de mancomunado. Entendo como mancomunado un ben ou servicio cando se comparten os gastos e beneficios de dito ben ou servicio, e son un firme defensor de este sistema para que o dos concellos do nóso val acaden servicios que individualmente non poderían conseguir, ou como paso previo a unha futura e hipotética fusión entre os concellos. Pero mentras esta unión non sexa efectiva, e para que bens mancomunados funcionen teñen que ser efectivamente mancomunados, é decir, debense comparter os gastos, e os beneficios. Co sistema que defende este proxecto, imos mancomunar os gastos, pero os beneficios, serán todos para Valadouro, xa que todas as empresas se montarán no seu territorio, e terán que pasar anos ata que se pase á segunda fase (si se pasa), no obstante poido estar enganado e esto pode ser cousa de meses o que se tarde en encher a primeira fase. Entonces non haberá ningún problema en empezar en Alfoz e seguir despois en Valadouro. ¿Non?
Non poido opinar sobre o que pensan os votantes da oposición, pero non podo creer que o que queren dos seus representantes e que admitan calquer tipo de proxecto para facer un polígono no concello veciño e que hipoteque por anos o futuro industrial do noso concello. Así que penso que a oposición esta vez (outra vez, en realidade) están errando o tiro.
Supoño que tamén eles se deron conta, por eso non hai manifestación, tiñan medo non coller na granda...
non entendo
sábado, 17 de octubre de 2009 | Publicado por layla en 12:59
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Pareceme moi ben todo o que nos contas nesta entrada.
Como explicas que nun principio estivesen todos de acordo e ahora o PP de Alfoz se posicione en contra??
Se nun principio se acordou así porque ahora estan en contra?
Pois eu crein que estaba claro, efectivamente o concello de Alfoz estaba de acordo e sigue de acordo en facer un polígono mancomunado, que se desenrole ó mesmo tempo nos dous concellos, pero o proxecto resultante deste plantexamento, resulta que arroxa un resultado que non é o que se esperaba, por eso se pide unha revisión, porque dende o concello se entende que daña os intereses dos veciños de Alfoz.
Eu imaxinomo como si tu lle encargas o poxecto da tua casa a un arquitecto e lle dis que queres o salon e a cociña abaixo e mais o garaxe, e arriba duaas habitacions e un baño. O técnico faiche un proxecto, que pode ser correcto pero que non colma as túas aspiracions de soleamento ou as estéticas da túa muller, e pides unhas correccións hasta que quede do teu gusto e da túa muller, unha vez que hai consenso, faise a casa e todos contentos.
Por qué ten que aceptar Alfoz un proxecto que non cumple as premisas iniciais coas que se iniciou este polígono? Por qué non empezamos a construir en Alfoz e despois pasamos a Ferreira? Como naide vai querer quedar para segunda parte, o lóxico é que mitade da primeira fase se desenrole en cada concello e xa está, co cal só hai que modificar o proxecto e listo.
O proxecto do Polígono tal como está redactado pasa dos dous anos, nono coñecía o PP de Alfoz ata o de agora, paréceme unha falta de interés pola sua parte, e si o sabía porque non protestou no seu momento?. ¿Pódese empezar a construir o Poligono en Alfoz sin ter aprobado o Plan de Urbanismo? ¿Tamén e culpa da oposición que non se teña un Plan de Urbanismo aprobado en Alfoz?. E polo teu razoamento o Centro da Eso debería ter unhas aulas en Alfoz e outras no Valadouro?. Mira, mentres antepoñamos éstas cousas aos intereses xerais dos veciños nin Alfoz nin O Valadouro se desenrolarán para saír do atraso que temos. O Polígono xa chega tarde e canto mais o pospoñamos peor para os dous Concellos. A min dame igual por onde se empece, o que quero e que no menor tempo posible teñamos solo industrial para intentar que esto millore algo. Un saudo.
Vexamos Xoan Ramón:
para empezar o proxecto é de fecha 2008 (2009-2008=1) un ano non dous, pero no 2008 foi retirado por un defecto de forma e hasta o 2009 non se presentou ó concello do Valadouro que o aprobou e espuxo ó público. Entón foi cando Alfoz puido alegar.
E pregúntarase todo o mundo, como é posible que o proxecto se enviase a Valadouro e non a Alfoz cando se supón que é un proxecto mancomunado? Pois moi sinxelo, porque en ese proxecto Alfoz só pon o nome.
Para empezar, remontámonos ó 2005 cando se firmou o protocolo (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/06/02/3784315.shtml) estableciase un polígono onde había mais ou menos o 50% de suelo industrial para cada concello (de feito 80.000 m2 en Alfoz e 78.000 m2 en Valadouro) e se desenrolaba paralelamente, pero cando se publica o proxecto, resulta que o só hai proxecto para a fase 1 (en Ferreira) de nada menos que 118.375 m2, a fase 2 queda descrita pero non desenrolada, sobre 89.000 m2, en Alfoz, e a fase 3 de novo en Valadouro de 67.500 m2.
Como poderás entender, esto dista bastante do protocolo firmado. Nin é ó 50% en superficie, nin é ó mesmo tempo, e polo tanto é totalmente lóxico que Alfoz alegue o que estime que daña os intereses dos alfocenses, porque por outro lado, si non o fixeran, como si que está facendo algún representante político, estarían incurrindo en deixación de funcións.
En canto á segunda pregunta, a resposta é si, e cito textualmente "en concellos con poboación inferior a 5.000 habitantes e sen planeamento xeral, poderán formularse plans especiais que teñan por obxecto a execución de actuacións públicas para crear solo urbanizado con destino a usos industriais, terciarios, de equipamentos públicos ou a construción de vivendas de promoción pública" (lei 9/2002, do 30 de decembro de ordenación urbanística e procección do medio rural de galicia) como ben sabe a oposición do concello de Alfoz que aprobou por unanimidade (creo recordar) a solicitude de ese plan especial para a creación do polígono.
Con respecto á terceira pregunta, pois non, non é culpa da oposición que non haxa plan xeral. Eu nunca dixen tal cousa. En realidade a oposición non ten culpa de nada porque nunca gobernou. Eso si, tampouco nunca nada se fixo gracias a eles, pola misma razon.
En canto ó razonamento do colexio, pois bueno, é unha saída de pé de banco como outra calquera. O feito de que o primeiro e único polígono posible esté en Valadouro quere decir que todas as empresas que se queiran montar han de facelo en solo de Valadouro, pagar taxas, licencias, impostos, etc en Valadouro mentras Alfoz mira e espera a que se enchan os 118.375 m2, durante dous, tres, catro ou os anos que deus diga. Eso si, si se protesta, non se mira polos "intereses xerais dos veciños".
Pero eu pregunto ¿De qué veciños?
¿É esto comparable con que unha aula esté nun concello ou en outro? Penso que non, pero alá cada un.
Publicar un comentario