non entendo

Hai algo nos grupos de oposición de Alfoz que non acabo de entender. Xa sei o que significa oposición, según a RAE, " Acción y efecto de oponer u oponerse", pero supoño que non será a todo por sistema, digo eu.
E esto ven a caso do tema do polígono. Resulta que aló polo 2005 firmase un convenio mancomunado (ollo á palabra, que é importante, mancomunado) entre Valadouro e Alfoz con Xestur para a construcción dun polígono industrial nos concellos citados. Esto tamén é importante, nos concellos citados. Entón baixo a eficiente tutela do goberno bipartito elaborase un proxecto que ten como resultado un polígono en tres fases, a primeira en Valadouro, a segunda en Alfoz e a terceira que une os dous.
Xa o proxecto en si, é unha burrada, xa que o crecemento debería ser orgánico, non facer dous polígonos independentes para unilos despois. Pero aparte de esto a configuración do crecemento en si é claramente perxudicial para o concello de Alfoz, porque hasta que se encha a primeira fase, non se empeza a segunda, co cal, todas as empresas que se queiran montar, han de facelo obrigatoriamente no concello veciño e poden pasar anos ou no peor dos casos décadas hasta que se desenrrole a segunda fase.
Si temos en conta que os nosos veciños se decantaron ultimamente polo sector terciario de servicios e residencial mentras que o Alfoz destaca por ser mais industrial, non en balde ten empresas punteiras no seu sector a nivel autonómico (Costiña, Rega..) e comarcal (talleres, almacens, serrerías...) o lóxico sería que se empezara pola fase dous, e se construira primeiro en Alfoz. Vamos a propoñerllo o concello dó lado a ver que dicen...(goberno e oposición). Así non hai que modificar o proxecto e non se perde nadiña de tempo. Non creo que eles poñan ningún problema. ¿Ou pode que si?
O que a alcaldía de Alfoz pretende, ó meu modesto modo de ver, de forma bastante acertada, é que como se trata de un modelo mancomunado, que se desenrole ó mesmo tempo nos dous concellos, de maneira que as empresas poidan elexir si instalarse en solo de Alfoz ou de Valadouro, e que se modifique o proxecto na línea do que di o IGVS, que aparte de ser lóxico, defende o ben dos veciños deste concello que somos os qeu os votamos e esiximos que cumplan coa súa obriga (defender os nósos intereses).
Volvendo ó de mancomunado. Entendo como mancomunado un ben ou servicio cando se comparten os gastos e beneficios de dito ben ou servicio, e son un firme defensor de este sistema para que o dos concellos do nóso val acaden servicios que individualmente non poderían conseguir, ou como paso previo a unha futura e hipotética fusión entre os concellos. Pero mentras esta unión non sexa efectiva, e para que bens mancomunados funcionen teñen que ser efectivamente mancomunados, é decir, debense comparter os gastos, e os beneficios. Co sistema que defende este proxecto, imos mancomunar os gastos, pero os beneficios, serán todos para Valadouro, xa que todas as empresas se montarán no seu territorio, e terán que pasar anos ata que se pase á segunda fase (si se pasa), no obstante poido estar enganado e esto pode ser cousa de meses o que se tarde en encher a primeira fase. Entonces non haberá ningún problema en empezar en Alfoz e seguir despois en Valadouro. ¿Non?
Non poido opinar sobre o que pensan os votantes da oposición, pero non podo creer que o que queren dos seus representantes e que admitan calquer tipo de proxecto para facer un polígono no concello veciño e que hipoteque por anos o futuro industrial do noso concello. Así que penso que a oposición esta vez (outra vez, en realidade) están errando o tiro.
Supoño que tamén eles se deron conta, por eso non hai manifestación, tiñan medo non coller na granda...

sobre reformas pendentes

O outro dia, cando a sra. Salgado apareceu no senado obviou, según parece, unha parte do seu discurso que si estaba na versión distribuida ós periodistas. Esta parte trataba sobre as posibles recaidas na futura fase de recuperación económica española (cando queira que sexa). Parece ser que cando se lle preguntou ó respecto mostrouse un pouco turbada (non o poido afirmar porque falo de oidas, obviamente non teño acceso a estas copias previas, nin estou nas roldas de prensa do senado). Evidentemente xa veu despois ZP a puntualizar que o peor xa pasou e non existe posibilidade algunha de recaida, e que de aquí para diante, como cohetes espaciales, imos despegar a velocidade interestelar. (ou mais).
Aparte do optimismo patolóxico do nóso presidente e da xa probada ineficaz visión económica, é certo que algunhas cousas están indo a mellor, pero porque teñen que ir soas, porque se arreglan solas polos propios mecanismos do mercado e porque o inefable ZP ainda non descubreu como fastidialas. Ó contraerse o traballo mellórase a competitividade, e esto unido á baixa de consumo axuda a equilibrar o tremendo déficit por balanza comercial exterior que tiña este pais, debido a estas desgracias, algo en este sentido estamos mellorando. Pero desde logo non polo ben que se esté facendo, si non por todo o contrario. Non debemos olvidar que cando o presidente accedeu ó goberno prometía demostrar que podía manexar a economía mellor e mais eficientemente que a dereita, ademais de ser menos intervencionista. Cousa que coa actual crise, o que estamos tardando en sair dela, as intervencións gubernamentales na venta de Endesa, e na tarifa electrica, e na fiscalía e etc. etc. está claro que non cumplíu.
O que ten que facer en realidade non o fai, o que se necesita non é subir os impostos, é baixar o gasto público (non vale o discurso demagóxico de Blanco de que si non se invirte se paraliza o pais, falo de gasto inútil, de millóns desperdiciados en soldos e estudios que non serven para nada, en obras que non teñen mais utilidade que manter ocupados a uns cantos traballadores), porque o estado non pode crear emprego, o emprego quen o crea son as empresas privadas, son estas as que teñen que ter un marco laboral moderno e acorde cos tempos que corren que permita ser competitivos coas empresas de fóra, si non veremos día tras día como o tecido industrial deste pais se nos desvaece entre as maus. Tamen se necesita inversión en I+D+I (este ano baixouse a inversión nos presupostos do 2010, anque o presidente quere cambiar o modelo productivo. Supoño que o quere cambiar a peor.). E mellorar a xusticia, para que non nos encontremos con que os listos de turno monten e desmonten empresas amparándose na xa proverbial lentitude legislativa para cometer todo tipo de desmanes e afundir a honrados traballadores. En lugar de esto, dedicámonos a comprar apoios para uns presupostos que non se creen nin no goberno. Digo comprar, porque para que os canarios e vascos os apoien hai que darlles 152 e 750 millons de euros respectivamente (dos de todos, que non os pon o PSOE. Así, como vai haber cartos para o AVE galego?)amen de blindar o concerto vasco (ademais de cagala hoxe, compremetemos a cagada para o futuro, a incompetencia non ten fronteiras epacio-temporais). Nada menos que catro veces mais botin do que sacaron por apoiar o temen increible presuposto do 2009. Si aquel o houbo que reformar e pedir prestamos en maio do peliculero que era, imaxinade como será este...
Si non se toman medidas estructurales serias e se prepara o pais para o que ven, e o que ven e mui previsible, cando empecemos a levantar un pouco a cabeza vannos poñer unha bota encima que nos van meter a cara na lama ainda mais fonda que antes.
¿Por Qué? Pois porque cando nós empecemos a levantarnos, Francia e Alemania xa estarán de pé, e entón o Banco Central Europeo, lóxicamente vendo que a maioría da economía continental está en crecemento, tomará a medida que toca, subir os tipos de interés. E esto collerános a pé cambiado, con un endeudamento público bochornoso, un déficit inasumible, un mercado de traballo tercermundista e sin ningunha reforma estructural abordada. E esto vai a ser unha re-caida salvaxe, durísima senon fatal, que atacará ás familias, as empresas e ó goberno, que se verán incapaces de soportar a deuda contraida (só hai que recordar o efecto da subida o euribor do ano pasado nas economías familiares).
E coma sempre, admito apostas.

PaPelón

Tremendo, o do PP en Valencia ( e en xeral) está sendo tremendo. Resulta que un individuo ó que lle regalan un reloxo de vintepicomil euros pola súa cara bonita (como ó seu xefe os traxes, qué xenerosos son os valencianos) pídenlle polo ben do partido, e sobre todo do seu superior o sr. Camps, que se vaia para ir templando gaitas. Este, o tal Costa, que aparece en cada papel do caso Gürtel, non solo non se vai, si non que se atreve a insinuar que non fixo mais que o que lle mandaron e que "a mi que me investiguen".
O seu xefe aplaude.
Os de Madrid dáno por dimitido e en Valencia din non se marcha.
Claro, Mariano foi alí a poñer a mau no lume por eles... e ahora...
E ahora Cospedal di que está cesado e punto.
Esto parece unha opereta, que mal se fixo todo por non coller o toro polos cornos no seu día. Que lección de política da Sra. Aguirre, a nova dama de ferro. E claro, entre tanto desbaraxuste, a quen lle importa que o fiscal xeral mande quitar probas exculpatorias contra algún cargo do PP? A ninguén. Porque todo cheira a corrupto, a apaño. Pero a apaño malo.
Rajoy, non será que o que te tés que ir eres ti? Pero aproveita e lévate a todos estos corruptos por diante, e renova o partido, que a este pais faille moita falta.
E mentras os de enfrente pártense. Non me extraña. Na súa vida a viron tan gorda, facelo tan mal e non ter a ninguén enfrente qeu lle pase factura.