Resulta que non nos gobernan, naide. Nin estes, nin os que estaban antes.
Parece ser que a forma mais barata e ecolóxica de fabricar enerxía é a nuclear, pero como non é popular, pois non temos. E resulta que todos sairon a rúa con aquelo de "nuclear? no gracias", e conseguiuse que non se fixera ningunha nova central, e quedamos mais contentos que cucos.
E mentras todos os paises con moratoria nuclear se están planteando mui moito o retomar a industria atómica para poder producir toda a enerxía que demandamos, sin contaminar a atmósfera e poder cumprir con Kioto, nosoutros nin o contemplamos.

Por suposto, mais chulos que naide.
Francia, vai construir unha central de 4ª xeración que sumisitrará 1600 megavatios (!!) únicamente para exportación (entre outros paises a España), ademais, o 80% da súa enerxia e nuclear. Pero bueno, estes gabachos non son nada ecolóxicos.
Finlandia estrenará unha dentro de pouco, e Noruega estase replanteando a moratoria nuclear a instancias da comunidade científica que advirte que non se pode seguir coas térmicas. Pero todo o mundo sabe que estos nórdicos son uns atrasados.
Alemania anda tamén coa duda e hai debate nacional, ó igual que Inglaterra. Pero xa sabemos que estos dous non teñen nin idea.
Nós non temos dudas. "nuclear? no gracias"
E por qué non no-lo planteamos? En realidade si que o facemos, todos menos os que gobernan (e os que estan na oposición).
A comunidade científica e a industria si que abriron o debate. Pero os políticos non, porque é antipopular. E o que é antipopular non se plantea, xa que quita votos, e os políticos non estan para gobernar, están para conseguir votos. Pois vale.
Pero resulta que ahora protestamos porque as eléctricas queren subir un 20% a tarifa, e o goberno dixo que como máximo o 10% e de ahí para baixo. E parece que naide se fai eco de que parece ser que se vende mais barata que costa producila (http://www.elpais.com/articulo/economia/Industria/abre/puerta/subida/luz/elpepueco/20080509elpepueco_11/Tes), entonces... quén esta pagando a diferencia? As electricas non por suposto. Entonces quen creedes que a paga? Pois si, nosoutros, pero por outra vía que non é a tarifa, en impostos. Así non o vemos.
O que pasa é que esa política de querer ocultar as cousas ten o resultado que
ten. Mentras todo o mundo advertía a finais do ano pasado o que estaba pasando, o goberno ocultaba a situación; cando o clamor era insoportable nas eleccións, o goberno mentíanos decindo que non había crisis. E ahora, cando a xente ve que os cartos non chegan, que hai 15.000 parados mais en maio, que o sector da pesca está en folga, o leiteiro armou as de Cain, que as ventas de coches baixaron casi un 25%, o transporte está en folga, todo o mundo bóta a mau ó peto, e no peto, non hai nada. O goberno sigue decindo que non pasa nada, que non hai crisis.
ten. Mentras todo o mundo advertía a finais do ano pasado o que estaba pasando, o goberno ocultaba a situación; cando o clamor era insoportable nas eleccións, o goberno mentíanos decindo que non había crisis. E ahora, cando a xente ve que os cartos non chegan, que hai 15.000 parados mais en maio, que o sector da pesca está en folga, o leiteiro armou as de Cain, que as ventas de coches baixaron casi un 25%, o transporte está en folga, todo o mundo bóta a mau ó peto, e no peto, non hai nada. O goberno sigue decindo que non pasa nada, que non hai crisis. Xa, pero ahora non cola (e estamos empezando).
2 comentarios:
Parabéns polo blog. Xa que os concellos do Valadouro van quedando sen xente polo menos viviremos na rede. Non é mala idea a de crear un Valadouro virtual (e plural, claro está). Mándoche o enderezo do meu blog: http://desfacendooscadullos.blogspot.com
unha vez leido o seu blog, envíamoslle a nosa felicitación, xa que, anque temos distintos puntos de vista, a súa exposicion é clara e veraz, sin menospreciar a naide, que é a mesma forma de actuar que nós perseguimos.
Un saudo.
Publicar un comentario