Dixo o pte. que tolerancia cero cos huelguistas do transporte. Ben feito, non se pode permitir que se corten as vías de comunicación e se impida os ciudadans acudir ó seu traballo, ou que se impida a recollida de leite ou das colleitas que se perden nos campos.
Deberíase regular o dereito de folga para que o dereito do folguista non pisoteara o noso dereito de cidadáns a vivir, e parécenos correcto que se disolvan os piquetes violentos e se desfagan os tapóns nas autovías, e desde logo parécenos correctísimo que os violentos paguen polas súas fechorías, como queimar un camión (con ou sin chófer) reventar parabriasas e rodas, coaccionar a outros compañeiros, etc.
O que xa non nos parece tan ben, é que os que son detidos por estas accións sexan xulgados e condenados en 24h. como si fosen delincuentes perigrosos, cando os verdaeiros delincuentes non son xuzgados hasta 2 ou 3 anos de cometer o seu delito. ¿Como pode ser posible que xa estén sancionados os piquetes do transporte, e os etarras violentos campen impunemente polo pais vasco queimando autobuses e colectores sin que pase nada? ¿Como é p
osible casos como os da nena Mari Luz, e a violencia de xénero, con sentencias e xuzgados atascados anos enteiros mentras as víctimas morren todo-los días, e por outro lado un piquete, autónomo, localizado, con familia e negocio, que non ten riesgo de fuga, sexa condenado en un só dia?
En qué quedamos,¿ é ou non é a xustiza independente da política? ¿Por qué cada vez que o goberno necesita unhas determinadas líneas de actuación da xusticia consegue xusto o que necesita? Véxase o caso De Juana, cando interesa negociación mandámolo para a casa, cando se rompe a negociación, de volta para a choupela. Os cidadáns que non cobran, os violados, os roubados, os insultados, os que foron de algunha maneira agredidos, esperan pacientemente cola nos xuzgados, dous ou tres anos. Sin embargo os camioneiros, estos peligrosísimos delincuentes son xuzgados por vía de urxencia, e condenados de forma sumarísima. ¿É xustificada esta repentina celeridad xudicial?
tolerancia cero zapatero
viernes, 13 de junio de 2008 | Publicado por layla en 12:02
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario