Cuanto peor, mejor (ou algo así)


Duda resolta, nós aquí matándonos a cabeza porque non éramos capaces de saber cal era a razón do goberno para non facer nada de nada no tema da crisis, e resulta que xa temos a resposta, fala o señor Sebastián, mao dereita do presidente, e ministro de industria:
'Cuanto más se caiga, más rápida será la recuperación. Eso me parece evidente'
Impresionante reflexión. Non me extraña que poña esa cara de satisfación na foto. Non é para menos.
Pois fíxate tu, que pensábamos aquelo de que 'canto mais se caiga meirande será a hostia' e non, resulta que vamos caer en blando, e vamos rebotar hasta romper as cotas. Pois vale.
Que vos parece? Este é o ministro de industria, un figura! Non ten a carteira de igualdade que nos daría o mesmo, total para nada vale. É nada menos que o de industria!! Xa sabíamos da incompetencia de Magdalena, e de Solbes, e da de Bibiana (alias 'la miembra'), pero non contábamos con esta sorpresa. E boa verdade que a a estupidez non conoce límites.
En Arxentina, levan desde os anos 40 esperando polo rebote, así que deben de estar refregándose as maos. Que se preparen as economías mundiales para o rexurdimento arxentino!!
E non falemos de Venezuela e outros paises que perderon a súa balanza económica e vénse negros para sair adiante.
Ou paises mais cercanos como Portugal que leva tamen 5 ou 6 anos nunha crisis tremenda. O día que reboten, vannos comprar!!
Así que nada, só hai que sentarse a esperar, canto mais rápido e mais profundo caigamos, mellor para todos.

Jesús, que tropa.

0 comentarios: