a clase política e os demais

Ete fin de semana, o mestre Perez-Reverte, publicou o seu habitual artículo semanal no homónimo dominical que adxunta a voz de galicia co seu periódico. Pois ben, como na maior parte das ocasións, da no clavo certeramente, certera e dolorosamente creo. Porque lonxe de botarlle toda a culpa a nosa clase política, que dende logo é de pena, sobre todo os que nos gobernan, onde desde o ministro pinocho de facenda, cursi de iguadade, trabalenguas vice presidenta, o cascarrabias "azote de la derecha" (ja ja, xa quixera) pepiño blanco, e o abanderado das causas perdidas presidente, parecen mais ben os enanos de blancaneves que un executivo, o que fai Arturo, é recordarnos que somos nós os culpables de esta desfeita, e de ter o que temos. Para nós é mui facil decir que votamos ós menos malos e que non hai nada mellor e tal e que sei eu. Pero en realidade, o que pasa e que somos unha panda de hippies, un fato de pasotas que nos da igual todo.
Dános igual que o executivo nos minta en plenas eleccións e que no lo recoñeza un mes mais tarde, dános igual que o presidente (un vano intento de protexer a súa palabra) siga vivindo no limbo e negando a realidade que os seus votantes sufren a diario (sobre todo os dias últimos de mes), dános igual que este mismo presidente laico e azote da igrexa en España (non teño nada a favor nin en contra da igrexa, pero non debemos olvidar que é a relixión da maioría de cidadáns de este pais) vaia a Turquía a meterlle os fuciños no cú a un presidente que está provocando o involucionismo islamista en ese pais (non só vai, senón que incluso lle fai a pelota de forma descarada, por qué no aproveita para venderlle o matrimonio gai? e dende logo non lle viría mal una lei de igualdade...) pero que lle vamos a facer, esos son os amigos do noso presidente, tamén vemos con indiferencia como temos ministerios que cobran de todos nós que non teñen nada que facer, con ministras absolutamente impresentables, que ahora quere cambiar os logos do ministerio a cor violeta, porque a cor actual non é bastante feminina (si, é a misma das miembras) e gastarse uns cantos millonciños no cambio, ou como non se poñen de acordo sobre quen debe ir á reunión europea sobre investigación espacial, pois mandamos a dous (hai que j....derse), e mentras, a lei de dependencia non tén financiación.
Tamén, todo sexa dito de paso, vemos indolentemente como o partido da oposición non fai absolutamente nada positivo e só se dedica a criticar. Xa sabemos que non lle van a facer caso, pero que proben por si acaso, e sempre lles quedará aquelo de "xa o decía eu".
Pois ben, vemos todo esto, e que facemos? Pois despotricar no bar, ou con un amigo, e acto seguido, falar de futbol ou da pantoja. E claro, os que gobernan (mal) pois vailles ben.
Un dos paises mais criticados polo seu sistema político como os EEUU, dannos mil voltas en coherencia e decencia política, alí si te collen metendo a mau na caixa, non vas o cárcere, xa te suicidas de vergoña, e si tés deixacións de deberes, ou si dices unha idiotez como a do ministro de industria, o sr. Sebastián, de que a crise, canto mais profunda sexa, con mais forza rexurdiremos, ou algo parecido, pois tés que presentar a dimisión de forma inmediata ou fulminante do cargo. Pero, porqué esta diferencia, porque alí son mais decentes que aqui? Pois non, é porque os cargos electos saben que teñen encima a espada de damocles dos votos, e que si non fan ben o seu traballo, non sairán nas próximas eleccións, e acabaráselles a bicoca. E teñen uns senadores, que defenden os intereses dos seus votantes, non uns de adorno como os que temos nós, e saben que si non cumpren o seu traballo, non sairán reelexidos. E si, tamén estou de acordo en que algunhas das razóns polas que non se vota a un candidato poden ser, ó nóso modo de ver, bastante peculiares (non ir á misa, tér un rollo con coa secretaria ou que a tua filla sexa madre adolescente solteira por exemplo), pero a eles tamen lles parece extrañísimo que nós non coñezamos a ningún dos nosos votados para o senado, e que os votemos únicamente polas siglas que representan (tamén é curioso non?).
De todas formas, ó que vamos é que en calquera pais do mundo onde a democracia leva moitos anos instaurada, non teñen tanto medo de estar ferindo sensibilidades e chamanlle ó pan, pan e ó viño, viño. E si tal ministerio non está acadando os fines prometidos, sacrificamos o ministro e poñemos outro que faga o traballo correctamente (aquí si o sacrificado é ministra, somos uns misóxinos e si fóse negro, uns racistas). E eso non é un fracaso do executivo, é un triunfo de xestión, rectificar a tempo. Si a ministra de fomento tivese esa certeza de que o seu posto está en xogo, ó mellor xa tiñamos AVE en galicia, e non tiñamos tal desviación nos presupustos, que dobran os iniciais (ou multiplicanse como o o do Gaiás). Claro que si non houbese que ter o mismo número de ministras que ministros, igual tíñamos xente mais capaz, con mais mulleres ou mais homes, según sexa o caso en cada momento, e entonces a madalena, ó mellor, non era ministra (e non teño nada en contra das mulleres, a de defensa, Chacón, por exemplo, é boa, pero é que esta, e a de iguadade, son mui, mui malas).
E señores, eso é o que queremos, inversións útiles, infraestructuras, AVES, trenes interurbanos, e rexionales, unha laminadora para alcoa, autovías, investimentos que creen riqueza e favorezan a creación de postos de traballo, non policía autonómica, que xa temos bastante coa guardia civil e a policia nacional. Non creen postos de funcionarios, creen postos productivos, e obriguen ós funcionarios a producir, e atender ós que lles votan con educación e dilixencia, que cada vez que vas a un organismo público, parece que estás molestando a sesta matutina (outra cousa que tamen é culpa nosa, por non denunciar ó alcalde de cada pobo por deixación de funcións por non esixir que os funcionaros, cando menos, cumplan o seu horario e a súa función).
En fin, o que queremos é que gobernen, que para eso os votamos. Pero, señores, tamén hai que poñer algo da nosa parte, que non é solo ir a votar cada catro anos e xa está, que a nós quédanos a dura tarea de poñer a todo este fato de inútiles en vereda, xa que si deixamos que se desviaran tanto, ahora é asunto nóso correxilos.

19 comentarios:

Jota dijo...

Estou de acordo co do control dos politicos, sobre todo co das dimisions, aqui non dimite naide.Un pode decir que do Prestige ian sair "hilillos de plastilina", a continuacion contaminarse toda a costa e logo seguir tan tranquilamente aspirando a ser presidente do goberno. En EEUU a un que teña semellante fallo non lle deixan nin ser presidente da comunicade de veciños. E o mesmo se aplica para os que negaron a existencia da crise, etc...

Creo que unha das cousas que os americanos fan moi ben e non deixar pasar ningunha, da igual que os cartos implicados sexan pouca cousa ou que so sexa unha cuestion semantica.

Por exemplo, teño serias dubidas de que o alcalde de Alfoz se lle permitise seguir sendo alcalde en EEUU:

¿Permitiriase seguir a un alcalde que contrata os seguros do concello a empresa da muller? Teño serias dubidas de que isto se permitira, independentemente da cantidade que supoñan isos seguros. E teño curiosidade por saber donde estan as contas correntes do concello de Alfoz.

¿Permitirase seguir a un alcalde que ten dedicacion exclusiva e sin embargo pola tarde se adica a atender os negocios familiares? Si un quere ser alcalde e adicarse os negocios familiares a formula legal e unha dedicacion parcial. Todo o que seña ter unha dedicacion exclusiva o mesmo tempo que se atenden negocios particulares non deixa de ser unha estafa o pobo, e os politicos que estafan deben dimitir (ainda que non se poida probar legalmente).

E antes de que me digas que non faigo autocritica, creo que a conselleira de cultura deberia de ter dimitido: pola casa da cultura, pola viaxe a cuba, etc...

layla dijo...

jota, tes a costumbre de botarte ó galope por unha mosca pousada no rabo. Reláxate un pouco.
Teño entendido, pero heime enterar fehacientemente, que o alcalde cobra dedicación exclusiva porque deixa de cobrar o soldo de funcionario, o cal exercía de 8 a 15 como todos os afortunados funcionarios de este pais. Non pretenderás que todo o mundo que sexa alcalde tire pola ventá o seu negocio, porque entonces ainda habíamos de ter mais maletas das que temos como alcaldes, xa que ninguén se presentará.
Por outro lado, os vehículos (de feito, o vehículo, porque creo que só é un), xa estaban antes asegurados na única aseguradora con oficina en Alfoz, e creo que por un seguro o alcalde non se vai a facer rico. Ahora, si por cuestión de eso, temos que contratar unha empresa de fora, e desviar os cartos fóra do concello, pois bueno, legalmente, ó mellor hai que facelo.
E insisto en que ter negocios aparte de ser alcalde non é ningunha estafa ó pobo. E a vida de cada un, por ese razonamento teu, un carpinteiro que saia alcalde ten que colgar o serrucho.
Creo sinceramente que mexas fóra do orinal.
E a min si fás ou non fas autocrítica, traema ó pairo, non escribo esto para criticarte a ti. Escribía para decir que somos uns conexos, en lugar de pararnos en chorradas como si un puñetero seguro fai rico ou non a un alcalde, por qué non protestamos porque todo-los nenos que queiran aprender inglés teñen que ir a unha academia, pagada polos xa exigüos petos dos seus pais, porque o que lle enseñan no colexio que pagamos todos, non vale para nada. Eso si, teñen educación para a ciudadanía.
Eso, é crítica constructiva, o resto son ganas de de buscarlle tres pés ó gato.
E sigo decindo o que decía hai un mes, son políticas de mui pouco calado, e desde logo non mui propias de ti.

Jota dijo...

O problema co traballo do alcalde non e que siga tendo un traballo, e que ten unha dedicacion exclusica, que e o que non permite que se teña outra traballo. Repito, existe unha figura legal, que e a de dedicacion parcial, e que si permite ter un traballo (aparte de cobrar polo traballo como alcalde). Si un ten dedicacion exclusiva debe ser exclusiva ou si non é unha estafa. Si un quere ser alcalde, cobrar por iso, e seguir atendendo os seus negocios debe coller unha dedidacion parcial, o que non se pode e engañar decindo que se vai un dedicar en exclusiva o concello e a continuacion dedicarse o concello e mais os seus negocios. Repito, o problema esta non en ser alcalde e ter un negocio senon en engañar decindo que se vai adicar en exclusiva o concello e logo non o facer.

Por iso os americanos montaron tanto follon con Clinton, non por que fora importante a mentira sobre a becaria, sinon por que si minte unha vez un pode estar seguro de que mintiu outras veces.

Repito, unha das diferencias entre nos e os americanos e que eles non pasan ningunha a naide e aqui si denuncias algo pareces mala persoa (digo eu que mala persoa sera o que di que vai adicarse en exclusiva o concello e logo esta a metade do tempo atendendo os seus negocios).

Respecto o dos seguros, repito, un empeza con pequenos conflictos de intereses coma eses, autocontratandose e acaba .... Pero como aqui todo esta ben, despois non vale queixarse. Sinceramente creo que un concello se debe levar como unha empresa e na empresa que me emprega cousas coma estas xa lle costaron o posto de traballo a algun. Nalgun caso foi por autocomprarse cartuchos de impresora, cos que tampouco se ia facer rico, pero a politica da empresa e a seguinte: "eu collinte facendo isto, a saber que outras cousas farias sin que eu me enterara". Tanto na politica como na empresa tolerancia cero.


Respecto o ingles o problema e moi complexo. Non creo sinceramente que sexa un problema de horas, cando falas con xente de fora e comentas as horas de ingles que hai no colexio e no instituto quedanse asombrados de que a xente non fale ingles. O problema, para min, esta en que as clases de ingles hai que dalas en ingles, e para iso os profesores deben saber ingles, e saber falalo, cousa que polo menos nos meus tempos non pasaba. E por iso digo que o problema e mais gordo, por que haberia que empezar por despedir a maioria dos profesores de ingles e contratar xente que realmente domine o ingles. Pero claro, neste pais os funcionarios son intocables.

Por ultimo unha suxerencia, estaria ben que habilitaras o RSS dos comentarios, polo menos a min resultariame mais facil.

layla dijo...

Haber, dedicación exclusiva, que quere decir? 24h. ó día? Si eu estou dispoñible para o ciudadano 12 h. ó dia nun teléfono, teño que estar quieto esas horas e non facer mais que mirar para el hasta que sone? Si sae diputado, tamen ten que renunciar? (véxase o sr. Roel, p.e.)Si teño inversións en bolsa, por un casual, teño que vendelas? non podo atendelas? Pódese facer calceta? Onde está o límite?
Pois eu creo que no propio sentido común da xente. Creo que si tu ves ou che fan chegar noticias de que o alcalde el Alfoz (ou de calquera outro sitio) está incumplindo coas suas tarefas de alcalde, e non atende normalmente ós seus veciños, debes denunciar que si cobra dedicación exclusiva está deixando de facer o seu traballo, pero si tén outras actividades que non perxudican a súa acción como rexidor, pois non sei porque non vai a seguir con elas.
E creo que o alcalde de Alfoz, como o de Foz (por poñer outro de outra cor) están accesibles ós veciños. E polo tanto a acusación, ó meu modesto entender, carece de fundamento.
E releendo a túa primeira réplica, falas tamen das cuentas do concello, e das a entender que non estaría ben que traballe coa Caixa Rural de Lugo, porque a súa muller traballa alí. Supoño que sabes que anque esté alí moito tempo, a caixa rural non é da súa propiedade, só é unha empregada mais. E tendo en conta que é a única oficina bancaria de Alfoz, que suxieres que se faga? Trasladamos a muller do alcalde a outra oficina? Pedímoslle que se día de baixa? Metemos mais gasto público en transporte para que se traballe con outra entidade de outra localidade?
Por esa regla de tres, a muller de outro concellal traballa en Correos, deixamos de usar correos e traballamos con Seur?
Haber si medimos un pouco o que decimos, porque insisto en que creo que mexas fora do orinal. E tamén insito en que hai moitas outras cousas que criticar sin ir a cousas tan fáciles e demagogas como esta.

layla dijo...

E con respecto ó RSS, non teño nin p.i. do que me falas, pero si me dices como, habilito o que queiras.

Jota dijo...

Respecto o RSS dos comentarios, olvidao, pensei que era so cuestion de activar unha opcion, pero hai que modificar a plantilla e é mais complicado.

Respecto os negocios particulares. Repito, existen duas formulas, podendo ser as duas retribuidas, coas que o alcalde lle di o pobo o que pensa facer, unha e a dedidacion exclusica, na que indica que se vai adicar so o concello e non a outros traballos remunerados e a dedicacion parcial, na que se lle dice os veciños que se vai dedicar o concello e non a outros negocios.

Por poñer un exemplo, o anterior alcalde de Mondoñedo tiña dedicacion exclusiva, pero a mitade da lexislatura decidiu que tamen queria traballar como abogado e cambiou a unha dedicacion parcial.

O mesmo se aplica os diputados, que teñen como norma xeral dedicacion exclusica, pero que poden solicitar autorizacion para adicarse a outras cousas (isto acabao de facer o diputado do PP Acebes).

En resumo, non hai ningun problema en que un sexa alcalde e atenda os seus negocios, pero ten que decilo. O que non vale e decir teño dedicacion exclusiva e despois estar polas tardes atendendo os seus negocios. Si o alcalde de Alfoz quere seguir atendendo os seus negocios so tiña que pedir unha dedicacion parcial e listo, pero a formula dedicacion exclusica mentras atendo os meus negocios non e eticamente correcta.

E respecto o de ser alcalde e autocontratarme os seguros do concello, creo que si o descontextualizaras de alfoz e o viras nun periodico falando dun alcalde dun concello que non coñeceres si que che pareceria escandaloso.

layla dijo...

Creo que este tema está agotado e será a altima reseña pola miña parte.
1. vale o do RSS
2. sigo entendendo dedicación exclusiva a que se fai en horario de traballo, co cal estao facendo no horario que tiña como funcionario, e dalle preferencia no horario libre. Co cal creo que cumple co prometido. O alcalde de Mondoñedo quería exercer como abogado en horario municipal, creo que a diferencia é sustancial, e o teu exemplo reforza a miña teoría.
3. ó mellor me parecería alarmante en outro concello, pero polo que xa che dixen antes, porque o límite ten que poñelo o sentido comun, e os periodistas non o teñen. Non é o mismo continuar UN seguro que xa estaba contratado e que pode valer dous ou trescentos euros, a ter contratatdos, por exemplo todos os seguros do concello da Coruña. Sentido común e de mesura.
E con esto é un bizcoito, ata mañá ás oito ;))

Orlando Marrube dijo...

Xa que estades a falar do posto de traballo no concello de Alfoz de Emilio, quen leva agora o seu traballo de contable do concello, A sobriña do gran político Eulogio Alias pote, creo saber. Cal foi o criterio de selección dela para ese posto, a amáis cal foi o criterio de selección para o posto que ostentaba con anterioridade para o anterior posto neste devandito, igualitario e transparente concello de Alfoz?, pódemo contestar ou vai decirme que tamén mexo fora do orinal como lle dis a Jota.
Quizáis agora fora o sistema de elección o dedo do asegurador Emilio Lousas e anteriormente os tejemanejes caciquiles de Eulogio Pote e do gran traballador polo pobo Rigueira?
Saúdos.

layla dijo...

pois si, tamen che digo que mexas fora do orinal:
1. eu non son o defensor do alcalde Emilio nin do alcalde Eulogio. Simplemente son as persoas que os teus veciños elexiron libremente para alcaldes, estés tu ou non dacordo.
2. non che consinto que me fales en ese tono
3. non consinto insultos nin menosprecios a persoas en este blog. Si tes dudas sobre algun proceso de selección, que para serche sincero, ignoro totalmente, a túa obriga como veciño é denuncialo, pero non ó vento, si non onde procede, no xuzgado. O resto son parvadas sin sentido.
4. pemitoche este comentario para que vexas que non censuro nada, solo a mala educación. Critica o que queiras pero con un mínimo de respeto.

E non te molestes en escribir mais mensaxes en esa línea de insulto porque non os vou a publicar.

Orlando Marrube dijo...

Dicir gran político, traballador polo pobo e asegurador non creo que sexan insultos, e moito menos te inmiscuin a ti en nada disto, só expuxen o meu punto de vista sobre un tema, que pode que esteña equivocado ou non, agora, que pola tua contestación non entendo o ofendido que te puxeche. A ti non che doen prendas para falar o que a ti che parece de outros neste blog, coma de brasil, e de moitas outras cousas.
Eu non dixen que non estou deacordo coa elección dos alcaldes do Valadouro e Alfoz, posto que con eles os pobos van moito mellor, avanzan que da gusto velos,todo é harmonía e grandes industrias que dan traballo a todo o pobo, adiantos tecnolóxicos e máis e máis traballo para todo o mundo. Quizá o que non estea dacordo coa elección do Alcalde de Ferreira en particular sexa o seu resultado en minoría que tuvo nas anteriores eleccións, e a fuxida de dous dos concellais que ían na súa lista, como Ana Xeada e Susi, eses non demostraron estar dacordo, eu si que o estou, non me ves que cho estou dicindo.

layla dijo...

Volves a confundir churras con merinas:
Claro que critico a políticos neste blog, é a razon de ser de esta páxina. Pero busca onde insultei a ninguén.
E o insulto non é chamarlle algo a alguén, porque o modo de como se compoña a frase é a que insulta, así que non me tomes por tonto con esa parvada de que asegurador non é un insulto. A ver si pensas que nacin onte e que me podes vir con tonterias parlamentarias.
E si, critiquei accions determinadas do cabeza de lista socialista, con feitos que fóron de dominio público e certos, onde este señor cometeu unha torpeza política de groso calibre, e o mesmo farei, en dirección contraria cando se produzca, si relees ben os mensaxes verás que tamen hai críticas para os azuis. Pero tu, só falas de inconsistencias, deixas caer demagóxicamente cousas como industrias, traballo, armonía, progresos tecnolóxicos e quédaste tan ancho. Fala de algo en concreto e deixate de teorías, poesía, filosofía, alianzas de civilizacións, e non sei cantas cousas mais sobre as que che gusta teorizar.
Falemos de cousas concretas, por exemplo, as empresas, as empresas son entes privados que nacen coa intencion de producir riqueza ó que invirte o capital nelas. Punto. E a clase política pouco pode facer pola creación de novas empresas mais que facilitarlles as cousas, por exemplo facilitando suelo. O suelo que parece ser que negaban os alcaldes (vaia por dios) e gracias á intervencion da oposición por fin se ía a crear un polígono industrial en breve espacio de tempo, e onde está? porque eu ainda non vexo unha pedra. Non ía a estar rematado xa a estas alturas? Será porque en realidade non hai ningunha petición para ese polígono?
Eso señor Orlando, son feitos consumados, realidades que podes corroborar con todos os asistentes que aquel día de marras estábamos na Finca Galea, cando se fixo demagoxia barata e se minteu e descalificou ós alcaldes decindo que estaban en contra do proxecto.
Vale que todos estamos a favor das empresas e o traballo, pero, de qué? de boquilla e nada mais. Ou pretendes unha derrama de cartos públicos para facer un polígono que siga valeiro dentro de dez anos?
A este nivel básico de política non vale o discurso grandilocuente, valen os feitos, non vale falar de grandes avances tecnolóxicos (que avances? queres silicon valley no valadouro?)vale traballar polos veciños, ir onde eles e saber que necesitan, despis ver as contas e facer o que sexa posible cos medios que temos ó noso alcance. Anque desde as institucións superiores se esté facendo xogo sucio desviando directamente pasta hacia os partidos da oposición, e se faigan visitas da mau dos candidatos non elexidos pola maioría do pobo e obviando a figura do lexítimo alcalde.
Polo amor de deus, asentádevos un pouco de baixade da nube, que ainda non vos destes conta de que todo o que nos contaron fai seis meses era mentira, que o que hai que facer é traballar con humildade, e con moitos esforzos ir pouco a pouco para poder facer algo, anque sexa pequeno, e ti creas que é insignificante.

Orlando Marrube dijo...

Non che falta razón en moitas cousas como no de Brasil. O de que existe unha petición, proxecto, presuposto e todo o necesario para facer o polígono, que non che caiba a menor dúbida de que existe, que se está demorando, tamén é verdade. Que quizáis ao facerse tan tarde sexa menor a afluencia de empresas que veñan, tamén pode ser verdade por que se están instalando noutros polígonos xa feitos con anterioridade. E tamén che digo que dende a oposición, con poucos concelleiros se está traballando con humildade, con moitos esforzos e indo pouco a pouco para poder facer algo, aínda que sexa pequeno e ti creas que é insignificante, tamén é verdade.
O que me parece moi triste e que non se valore este traballo pola xente destes dous pobos, de un grupo que non está gobernando en ningún dos dous concellos, polo de agora, e trate de facer ou intentar facer algo útil polos mesmos.
Persoalmente, vir unha empresa como veo ao Valadouro, e pedir para instalarse aquí e que o Señor alcalde Eulogio, lles dixese que lles ía ir moito mellor en Chavín, e como resultado para alí foron, e está dando moitos postos de traballo, tampouco me parece moi normal, nin que se esteña esforzando por facer eses pequenos progresos para o pobo que o escolleu para ser o seu representante e xestor. Esto si que son facilitarlle as cousas a unha pobo cos poucos recursos que temos, pero neste caso ao de viveiro non ao de O Valadouro, cando eles querían vir nun principio para aquí.
Outra cousa, se non hai insultos específicos, as frases non insultan é a percepción delas a que as toma como un insulto. E eu nun blogue sen máis transcendencia ca este falarei se mo permite o autor de poesía, filosofía, teorías e tamén do único que che faltou de decir, que é o que verdadeiramente hai, ironía, e non do que ti me digas posto que aquí non se está a governar ningún dos dous pobos nin arreglando o mundo, polo menos pola miña parte. Mira ata non che tomo o de tonterías parlamentarias e confundir churras con merinas como insulto, posto que aquí creo que estamos intercambiando opinión, non sempre correspondidas polo interlocutor, creo que amigablemente
Como ves espoño os meus puntos de vista sen intentar confrontarme con ninguén, e sobre temas demostrados e verosímiles.
Saúdos.

layla dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
layla dijo...

Pois non sei si veu algunha empresa para o Valadouro e Eulogio a mandou para chavin, pero extráñame que Eulogio non fixera todo o que estivera na sua man para que se montara aquí unha empresa (posiblemente hasta fixera algunha trampiña legal para conseguir que se puidera montar anque non houbera polígono, pero eso é outro tema), supoño que eso que dices terálo confirmado e non será un rumor de bar, e nos poderás decir cal era esa empresa e cando solicitou montarse aquí, porque si é como tu dices, habería que pedirlle, cando menos, explicacións ó alcalde. De todas formas paréceme unha deixación de funcións impropia do alcalde e da oposición, xa que tampouco me sona que houbera ningunha interpelación no pleno do valadouro no que se sacara este tema, como sería obligación por parte da oposición.
En canto a que as cousas se valoren, pois que queres que che diga: Benvido ó mundo real! Tampouco tu valoras o esforzo que fan os que gobernan, que che aseguro que o fan, porque non estás de acordo cas súas ideas, ou simplemente ampárante outras siglas que din que hai que estar en contra das siglas do alcalde, e da mesma maneira, hai xente que non valora o traballo que tu fás porque non valora as siglas baixo as que operas. En fin, un coñazo.
En canto á ironía, que é un recurso moito do meu gusto, ten un perigo, que si te pasas, deixa de ser ironía para convertirse nun punzón envenenado. Saber medir ese límite é mui dificil, e non nos compete ós que o escribimos xuzgar si nos pasamos ou non, compételle ó que o lee. E abunda a ser un xuiz un tanto voluble.
Como ves, contestoche cordialmente a un post cordial. E así é como debe ser, distintas ideas, mesmo respeto. En canto a tonterías parlamentarias, refírome a que, como xa sabes, no parlamento abúndase a falar moito do sexo dos anxos, sin resolver nada práctico, e eu son mais de ir ó grao. Pero non pretendía molestar, e si o fixen pido disculpas.

layla dijo...

Incluio un novo comentario que enviaron por e-mail pois o autor non consigueu metelo directamente:
"Boas a todos.
Saudovos a todolos participantes deste blog, que por certo, paréceme unha gran idea. Enhoraboa ó seu creador.
Parece que asoman a cabeza a xente de esquerdas deste municipio. Pois pareceme moi ben oh, xa que tedes a esquerda tan arraigada, e sodes tan liberais, tan humildes, tan do pobo... tomade unha pouca da vosa mediciña:
1- Eu creo que entre todolos veciños de Alfoz e Ferreira deberíamos facer unha colecta para axudar a que Touriño, señor humilde donde os haxa, teña un coche algo mellor oh, porque gastar só 480000 € nun coche, co inseguras que están hoxe as carreteras, eu creo que foi demasiado socialista e humilde, non credes (http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2008/10/22/0003_7245577.htm).
2- Agora vides cos temas de grandes industrias, adiantos tecnolóxicos, ja ja, pero señor Orlando, vaixa da nube oh. Empecemos por abaixo, que vemos cantidade de terras abandonadas e cheas de toxos e silvas sen cultivar, sen producir, e deixémonos da TDT, oh, que eso non da cartos.
3- Se me podrá permitir expresarme un rato en lengua castellana no? Espero que a los señores de BNG no les salga urticaria. Creo que no, puesto que últimamente llegan a muy buenos acuerdos con los de Madrid. Pero claro!! como estos son socialistas son de la clase obrera y no los pijos del PP que hablan castellano. Supongo que conocereis el Barrio de Salamanca, La Moraleja, etc, pues si hombre, ellos también viven ahí, no en cualquier lado. Pero los socialistas pueden, Rajoy no porque es malo y del PP. Eso lo dice la Sexta y Cuatro, que seguro será lo que vereis.
4- Falando de inversión, con todo o que recibirá GALICIA (non GALIZA oh, que comedes as letras) do estado español vades facelas autovías e o AVE nun plis plas. Eu creo que si; pero intentarïa asegurar que o xefe de obra de todo eso fora o señor Pepiño Blanco, que ten cabeza para eso e moito mais. Viva a intelixencia.
5- Por certo, que me decides do coche do presidente da transparente nova Diputación de Lugo. Vaia cochazo eh! Pero non decides nada maís. Falábades ós catro ventos do señor Cacharro. Pois este Besteiro vaivos salir rana.
6- Finalmente, cando o BNG ou o PSOE de Alfoz ou Ferreira, consiga algo el pola súa única forza e iniciativa, sen demagoxias baratas e atribuíndose cousas que non as fixeron, senón que veñen de arriba, avisade oh!!
7- Por certo, que hai da xente do PSOE que aparecía nas fotos nas reunións das mamás de Alfoz e Ferreira o pasado verán solicitando pediatra???? Tan totalmente escondidos. Pero o BNG ten mediño de criticalo ahora oh, porque estes do PSOE son amigos, son do mesmo bando.
Que panda, son todos cuspidiños.
Avur."

Maria Soliña dijo...

Ola, primeiro quero facer un comentario ao autor do blog. No tema do Polígono, decir que o BNG de Alfoz e Valadouro sí está comprometido para que se leve adiante, e está a facer as xestións que están na sua man para conseguilo, creo que a pasada seman os conselleiros de Alfoz e Valadouro tiveron unha reunión con representantes de Xestur e o Delegado de Vivenda. Tamén quero que sepas que na actualidade estase á espera dun informe que ten que emitir a Consellería de Medio Ambente (do PSOE), e que a tramitación se retrasou porque o Concello do Valadouro(PP)(que é quen tramita o Polígono) non deu ben os pasos a seguir, presentando a Pleno para aprobación o Plan Sectorial sin ter o pertinente informe previo da Consellería de Medio Ambente. En canto a si virán ou non Empresas,eu tamén penso que pode ser un pouco tarde (non será tamén culpa do BNG?)pero sí é certo que si non hai Poligono non poderán instalarse Empresas.
A respeito do comentario feito mediante e-mail, quero decirlle áo comentarista o seguinte:
1º.- Non che parece que si as terras están a bravo pode ser porque no seu tempo (cando ainda a xente deste Val se adicaba maioritariamente á labranza) os que mandaban non quixeron facer unha Concentración Parcelaria.
2º.-En canto ao idioma, non pretendemos que os madrileños(señan do PP ou do Psoe) falen galego, pero sí nos gustaría que a xente de Galiza ( e non me como ningunha letra, é o nome en galego do meu país) respete o idioma propio, e as persoas que nos sentimos a gusto falandoo, porque o sentimos como uhna parte moi importante de nos, da nosa vida, e digo que o respete aínda que nono fale, hai xente que non fala galego pero que o respeta. Pedímos respeto para o GALEGO.Non me parece moi bo fillo o que se rí de cousas da sua nai.
3º.- En canto ó finanzamento conseguido polo BNG en Madrid, si tamén che parece mal, pois ao millor prefires que o sigan invertindo en Cataluña ou Andalucia.
4º.- O BNG de Alfoz e Valadouro está a xestionar a solución dalgún dos problemas que tiñan os veciños, Concentracóns Parcelarias paradas, Polígono Industrial sin tocar, axuda aos maiores (Ley de Dependencia, xantar na casa, ec), Galescola, etc. E lóxicamente non está nas mans dos representantes locais (señan do BNG, Psoe ou PP) solucionalos persoalmente, pero si poñer os medios para que os solucionen aqueles que poden. Un saudo para ambos.

Iván Marrube dijo...

En referencia ó correo que se engadiu, decir que e oi fácil falar escondéndose, sen dar a cara e sen coñecemeno de causa.
A persoa que remitiu este correo minte, e minte porque en referencia a temas que comenta xa se ten falado en plenos no concello de Alfoz e parece que descoñece a posición, críticas e posturas en referencia a diversos temas dos que fala e non son como el di.
En referencia a clase política, creo que non existe naide perfecto e que en todos os partidos cometemos erros e temos acertos pero o que e moi fácil e criticar e nunca facer nada, creo este é un país libre e a naide se lle impide militar nun partido político ou fundar algún distinto dos existentes, o final temos sempre os dirixentes que nos mesmos eliximos, e para os que on lles guste o sistema que intenten cambialo que ninguén lle lo impide.
Os que traballan equivocanse e cometen erros, os que nunca se equivocan son os que non fan nada, e unha persoa que non traballa creo que non ten nngún tipo de credibilidade a hora de decirlle ós demais como traballar.
Finalmente decir un comentario sobre o correo, sobre a relación do BNG e Psoe de Alfoz, parece ser que moitos fustrados de dereitas se empeñan en casarnos sen coñecemento de causa, somos dous partidos diferenes, dúas opcións de goberno distintas, igual que o PP é outra diferente, dende o BNG de Alfoz temos boa relación co Psoe pero igualmente a temos co PP e recalco, en política municipal a pequena escala como é no noso concello o que importan son as persoas indiferentemente da cor das súas ideas.

layla dijo...

o autor do e-mail, xa se defenderá solo, pero solo quero facer un inciso ó comentario de Ivan.
Decir que os que non traballan non teñen credibilidade para criticar o traballo feito, e tanto como negar o sistema democrático, e levaríanos a un sistema onde solo os políticos poidan opinar. Non debemos olvidar que os políticos están ó servicio do pobo e non ó reves. E nós, o pobo, somos os que temos que decidir si se está a facer ben o traballo ou non.

Orlando Marrube dijo...

Para os que me siguen dicindo que baixe da nube por poner nun comentario "harmonía e grandes industrias que dan traballo a todo o pobo, adiantos tecnolóxicos e máis e máis traballo para todo o mundo".
Que conten os anos que levan governando a mesma persoa e o mesmo partido nos dous concellos, e moi moi importante, por favor que busquen dunha vez no diccionario o significado de ironía e de metáfora, a ver se así lles queda claro o comentario. Que parece que non deron linguaxe na súa vida.
Con respeto as disculpas pedidas polo autor do blog, non fai falta que mas pida, en serio non o tomei a mal e sigo dicindo que sexan opinións, debates sanos de ideas e cordiales sobre todo como o son ata o de agora.
Saúdos.