Escribo este post ó fío do que lle comentaba a Jota na resposta que me daba ó anterior. A crítica qeu se deixaba así un pouco de calquera maneira, pero que é un filón que pode dar bastante de si.
Haber, resulta que temos a tasa baixísima de educación secundaria, somos os que mais pagamos ós profes, e os que menos invertimos en educación, e despois sorprendémonos dos informes pisa sobre o rendemento dos nosos estudiantes, anque por suposto o goberno do optimista ZP ten outra visión.
Con este optimismo exacebado, do que fai gala o noso executivo, non me extraña que se chame antipatriota e negativo ó que pon as cartas boca arriba e di como é a situación en realidade.
Pero volvamos ó que é a educación, resulta que cada comunidade manipula os contidos ó seu antollo, dandolle o enfoque que mais favorezca a realidade nacional de cada autonomía. En moitos casos tergiversando a realidade. As asignaturas tradicionales como historia, xeografía e matemáticas perden importancia en favor de outras como a tristemente famosa educación para a ciudadanía, coñecemento do medio e non sei que outras trapalladas. Non hai relación causa-efecto co feito de estudiar e esforzarse con aprobar ou sacar boas notas, pasa todo o mundo de curso, tanto da que traballe como que non, como que se pase toda a clase tirandolle bolas ó profesor e chinchando ó resto dos compañeiros que queren estudiar (tampouco se pode botar da clase).
Non se vaian estresar.
E o resultado, pois está a vista, dos peores resultados de Europa. Pero esto non fai falta que no lo digan os informes Pisa nin a OCDE, non hai mais que pasarse por un chat ou coller a libreta dun adolescente, a inmensa maioría dos rapaces non saben escribir, xa non me refiro a que non teñan un mínimo de coñecemento sobre como se redacta, ou de que usen con moderada intención ós signos de puntuación. E que teñen unhas faltas de ortografía horrorosas, que che fan chorar os ollos ó velas. E despois están os coñecementos, xa naide sabe por onde pasa o Duero. Para qué estudiar si aprobo igual, que mais da saber que non, total todos esos son métodos fascistas de educación, que persiguen a competividade e explotan ós cativos.
Vale, pois dentro de uns anos, xa nos enseñarán a lección no mercado laboral, pero á vella usanza, á de fai 50 anos, a de a letra con sangre entra. Cando o noso pais sexa cada vez menos competitivo, porque hordas de traballadores cualificados extranxeiros veñan a facer, xa non os traballos que nosoutros non queremos facer como están facendo ahora, si non que virán a facer os que nosoutros non podemos facer porque somos unha panda de ignorantes catetos.
En calquer pais de Europa, os estudantes son bilingues, falan o seu idioma e outro (ingles ou francés) sin problema. Os nosos solo saben de ingles o imprescindible para xogar á consola, e resulta que si o neno ten uns pais medianamente responsables, buscan de pagar clases particulares para que o neno poida ter algo de formación que non recibe onde a ten que recibir. E si son mui pudentes, mandano a estudar a un colexio privado, preferentemente bilingüe, co cal, a pretendida igualdade de oportunidades do Sr. ZP, cada vez e menos igualitaria.
Non falemos das plazas de gardería, que hai que facer mil maravillas para poder ter sitio para o teu neno/a.
Este é outro capitulo onde hai que gastar os cartos, pero non se gastan, por qué? Pois porque non produce resultados a corto plazo, e entonces non é rendible políticamente. E porque ademais o que vamos a ter e un fato de pais cabreados porque o seu fillo non aproba, ese que non dan educado na casa e pretenden que llo eduquen na escola. Pero eso xa é outro tema...
a educación (de contidos)
miércoles, 17 de septiembre de 2008 | Publicado por layla en 18:10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada