Resulta que a Xunta está polo desenrolo do rural galego. É importante que o digan porque si non... non sei si nos daríamos conta.
Fíxate tu que si queres facer unha casa nun nucleo rural, tés que adaptarte á estética do lugar. Ben, esto está moi ben. Pero, quen decide que se adapta á estética do lugar? Porque si contrato a Alvaro Siza (un dos mais reputados arquitectos a nivel mundial, e proveedor de proxectos para a xunta) e lle encargo o proxecto da miña casa, resulta que o mais probable é que non o poida executar porque non terá cuberta a duas ou catro augas, nin de pizarra. Eso si, si faigo unha casa a duas augas sin estilo nin proporción algunha, ese si que cumplirá cos preceptos xunteiriles. Manda carallo. E eso sempre e cando teñas 5.000 m2 de terreo. Pero esa lei non é óbice para que a Caride autorice o incremento de superficie construida para que Ikea poida poñer a sua megastore en Coruña, entón os 14.000 metros construidos pasan por arte do birli-birloque a 220.000 m2 (ole, ole y ole!), eso si, si tu tés 4900 m2, olvídate de facer a túa casa.
Por outro lado, si eres o desgraciado propietario dunha casa en rural, xa te podes suicidar. Porque o permiso para renovar a cuberta, necesita o visto bueno de Urbanismo da Xunta (bótalle dous anos polo baixo), e seguramente non che deixaran facer unha placa, terás que aproveitar os cangos orixinales. De p*t* madre. Así que si ves que mais ou menos en dous anos vai haber goteiras, vai pedindo o permiso ahora. E imaxínate o caso do que ten unha casiña de 100 m2 e por algunha desgracia ten que facerse cargo de 3 ou 4 rapaces, ou de 2 maiores, ou, rizando o rizo, queda embarazada de quintillizos, ou polo que sexa, ten que ampliar a súa casa. O meu consello personal, e que intente vender a del (e seguramente dos seus atepasados) e comprar outra, seguramente un piso en Ferreira. Xa que os trámites para ampliar unha casa que esté no rural poden durar anos, e a non ser que te dediques a agricultura o gandería, penso que o vas a ter complicado, así que facémolo ilegal e de calqueira maneira, ou nos vamos. Claro, facemos todo tan complicado, que ahora non se da saído do paso, e o organismo en cuestión está totalmente desarbolado (ó mellor fixeron o cálculo polo rendemento de un traballador da empresa privada, sin ter en conta que o traballo íano a facer funcionarios).
Pero eso, sempre e cando se trate de obras oficiais, podemos pasalo polo forro. Por exemplo o señor antes citado, Alvaro Siza, fixo un proxecto para a xunta, o centro galego
de arte contenporáneo, que é un edificio precioso, pero que ningún de nós poderíamos facer en Alfoz. A Xunta si, e en Santiago, onde si tu eres un partícular non podes nin poñer o letreiro do teu comercio si no é con forxa.
Haberá quen diga que é un caso distinto porque é zona urbana. Vale pois vemos outro exemplo. O parador nacional de San Estevo de Ribas do Sil, rural 100%, ademais de catalogado por patrimonio, onde se cerrou o claustro con unha fachada de cristal. Mu
i bonita por certo. Pero eso, ningún de nosoutros o poderíamos facer.
Que clase de goberno é este que ten mais dereitos que os seus cidadans?
Por outro lado, si esto servira de algo, entenderíao, pero é que non sirve de nada, porque dado a dificultade burocrática de realizar unha obra no rural, fánse ilegalmente (algunha incluso aconsellada pola propia oficina de urbanismo). E por outro lado, non se está impulsando ningunha medida eficaz para resolver os casos (numerosísimos casos ) de feismo, como casas sin revocar, sin pintar, outras que están cual palafitos sobre columnas, sin cerrar o baixo durante anos, etc.
Que naide entenda esto como unha crítica á arquitectura moderna, nin ó control da edificación no rural, xa que estou ferventemente a favor de ambas, pero con sentido, vendo o resultado que pode dar e o que en realidade da.
o desenrolo do medio rural
jueves, 4 de septiembre de 2008 | Publicado por layla en 9:46
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Apartando as comprensibles diferencias que poidan existir entre a forma de pensar de diferentes persoas, e de que as túas opinións sexas acertadas ou non como as de moitas outras persoas, decir, que valoro a intención de manifestar unha opinión obxetiva.
Non é tan complicado, sempre e cando teñas unhas ideas e unha forma de pensar, non un partido ó que obedecer.
O gran fracaso da nósa sociedade, é que non defendemos ás nosas ideas, só defendemos o nóso partido, como si fóse un equipo de futbol.
O que se critica en esta entrada non é a xestión, do PSOE nin a do BNG nin a do PP, é a de todos, porque sempre foi igual, antes por defecto e ahora por exceso.
Publicar un comentario