Ou de ZP, ou de quen sexa.
Resulta que o sr. Solbes e compañía se congratularon de presentar un plan revolucionario que vai a reflotar a banca española, e que consiste en comprarlle activos sanos para que teñan liquidez e por fin solten a mosca ós ciudadanos e as empresas de este pais. E esto vai sair gratis ós españois.
Pois ben, non é revolucionario, é un refrito do que fixeron xa todos os paises de Europa occidental fai duas semanas seguindo o exemplo de Inglaterra co sr. Gordon Brown á cabeza. O mesmo pero mais tarde, e peor.
Vai reflotar a banca española, unha banca que segun o executivo non ten problema ningún, que é a envidia do mundo e que está á cabeza de Europa. Falta lles facerá ser tan punteros porque o Santander perdeu no que vai de ano o 51.6% do seu valor, o BBVA o 52.3%, o Popular o 45.5%, o Sabadell o 32%, Bankinter o 33.1% etc etc.
Ben, ahora vamos a comprarlle os bens hipotecados ós bancos, e a primeira pregunta é a seguinte: Con qué cartos? Pois parece ser que se vai sacar Deuda pública (letras do tesoro e similares) para acadar cartos bastantes para acometer esta compra. Vale, e de onde se supón que os españois van a sacar os cartos para comprar estas Letras do tesoro? Pois, os que os teñan, supoño que os terán nos bancos, co cal os sacarán dos bancos, para darllo ó goberno para que llo día ós bancos... mmm.... non sei si esto sairá ben, bon color non ten o enfermo. O plan de Brown, ainda sendo mais antiguo (quince dias en este lío, é casi unha eternidad) é un pouco mais elaborado (se ve que ZP solo copiou no examen a resposta e non o desarrollo do problema), e consiste en que o estado garantiza as operacións do banco e entra no seu accionariado pagando con bonos do tesoro que son convertibles en cartos debido á garantía estatal.
Para salvar o problema de que o estado españo non ten os cartos para comprar esos activos bancarios, habería outra posibilidade, que é facer unha amnistía para que aflorasen os miles de millóns de cartos negros que andan navegando baixo a superficie, pero esto sería premiar ós estafadores da facenda pública. Non obstante, moito me temo que será a única solución para que aparezan suficientes fondos para esta operación.
Imaxinemos que conseguimos os fondos dos xa bastante exiguos petos dos contribuintes, os bancos xa teñen a desexada liquidez, e poden prestar pasta. E como comprobamos que estes fondos van efectivamente adonde queremos e non a suturar ás deudas dos bancos co exterior? Pois esto tampouco está nada claro, anque a oposición está insistindo moito en que este proceso sexa transparente e ben auditado. Haberá que esperar un pouco.
E o ultimo é que nos vai sair gratis. Esto non o creen nin fartos de viño. E como primeira proba xa vai unha partida, a cargo dos presupostos do Estado, de 300 millóns de euros para dotar o incremento de intereses da deuda pública. Así que tivo que facer unha enmenda ós flamantes presupuestos aprobados gracias á inestimable e desinteresada axuda de BNG e PNV.
Así que ben empezamos con este brillante plan, que dixo o presi que nos poñía á vangarda de Europa na loita contra a crisis e convertía a España en líder ó que siguen o resto dos paises europeos (hai que ser jetas). A primeira realidade do plan xa é mentira, o primeiro paso real que damos xa é mentira. O primeiro feito non teórico deste plan xa nos costa os cidadáns de esta pais pasta, xa temos que poñer 300 millóns de euros, e ollo!! que ainda non empezamos co desenrolo propiamente dito do plan.
En fin, comprástedes o casco?
O plan de solbes.
lunes, 27 de octubre de 2008 | Publicado por layla en 9:40
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario