Cuanto peor, mejor (ou algo así)


Duda resolta, nós aquí matándonos a cabeza porque non éramos capaces de saber cal era a razón do goberno para non facer nada de nada no tema da crisis, e resulta que xa temos a resposta, fala o señor Sebastián, mao dereita do presidente, e ministro de industria:
'Cuanto más se caiga, más rápida será la recuperación. Eso me parece evidente'
Impresionante reflexión. Non me extraña que poña esa cara de satisfación na foto. Non é para menos.
Pois fíxate tu, que pensábamos aquelo de que 'canto mais se caiga meirande será a hostia' e non, resulta que vamos caer en blando, e vamos rebotar hasta romper as cotas. Pois vale.
Que vos parece? Este é o ministro de industria, un figura! Non ten a carteira de igualdade que nos daría o mesmo, total para nada vale. É nada menos que o de industria!! Xa sabíamos da incompetencia de Magdalena, e de Solbes, e da de Bibiana (alias 'la miembra'), pero non contábamos con esta sorpresa. E boa verdade que a a estupidez non conoce límites.
En Arxentina, levan desde os anos 40 esperando polo rebote, así que deben de estar refregándose as maos. Que se preparen as economías mundiales para o rexurdimento arxentino!!
E non falemos de Venezuela e outros paises que perderon a súa balanza económica e vénse negros para sair adiante.
Ou paises mais cercanos como Portugal que leva tamen 5 ou 6 anos nunha crisis tremenda. O día que reboten, vannos comprar!!
Así que nada, só hai que sentarse a esperar, canto mais rápido e mais profundo caigamos, mellor para todos.

Jesús, que tropa.

tolerancia cero zapatero

Dixo o pte. que tolerancia cero cos huelguistas do transporte. Ben feito, non se pode permitir que se corten as vías de comunicación e se impida os ciudadans acudir ó seu traballo, ou que se impida a recollida de leite ou das colleitas que se perden nos campos.

Deberíase regular o dereito de folga para que o dereito do folguista non pisoteara o noso dereito de cidadáns a vivir, e parécenos correcto que se disolvan os piquetes violentos e se desfagan os tapóns nas autovías, e desde logo parécenos correctísimo que os violentos paguen polas súas fechorías, como queimar un camión (con ou sin chófer) reventar parabriasas e rodas, coaccionar a outros compañeiros, etc.

O que xa non nos parece tan ben, é que os que son detidos por estas accións sexan xulgados e condenados en 24h. como si fosen delincuentes perigrosos, cando os verdaeiros delincuentes non son xuzgados hasta 2 ou 3 anos de cometer o seu delito. ¿Como pode ser posible que xa estén sancionados os piquetes do transporte, e os etarras violentos campen impunemente polo pais vasco queimando autobuses e colectores sin que pase nada? ¿Como é posible casos como os da nena Mari Luz, e a violencia de xénero, con sentencias e xuzgados atascados anos enteiros mentras as víctimas morren todo-los días, e por outro lado un piquete, autónomo, localizado, con familia e negocio, que non ten riesgo de fuga, sexa condenado en un só dia?

En qué quedamos,¿ é ou non é a xustiza independente da política? ¿Por qué cada vez que o goberno necesita unhas determinadas líneas de actuación da xusticia consegue xusto o que necesita? Véxase o caso De Juana, cando interesa negociación mandámolo para a casa, cando se rompe a negociación, de volta para a choupela. Os cidadáns que non cobran, os violados, os roubados, os insultados, os que foron de algunha maneira agredidos, esperan pacientemente cola nos xuzgados, dous ou tres anos. Sin embargo os camioneiros, estos peligrosísimos delincuentes son xuzgados por vía de urxencia, e condenados de forma sumarísima. ¿É xustificada esta repentina celeridad xudicial?

os desgobernantes



Resulta que non nos gobernan, naide. Nin estes, nin os que estaban antes.


Parece ser que a forma mais barata e ecolóxica de fabricar enerxía é a nuclear, pero como non é popular, pois non temos. E resulta que todos sairon a rúa con aquelo de "nuclear? no gracias", e conseguiuse que non se fixera ningunha nova central, e quedamos mais contentos que cucos.


E mentras todos os paises con moratoria nuclear se están planteando mui moito o retomar a industria atómica para poder producir toda a enerxía que demandamos, sin contaminar a atmósfera e poder cumprir con Kioto, nosoutros nin o contemplamos.


Por suposto, mais chulos que naide.


Francia, vai construir unha central de 4ª xeración que sumisitrará 1600 megavatios (!!) únicamente para exportación (entre outros paises a España), ademais, o 80% da súa enerxia e nuclear. Pero bueno, estes gabachos non son nada ecolóxicos.


Finlandia estrenará unha dentro de pouco, e Noruega estase replanteando a moratoria nuclear a instancias da comunidade científica que advirte que non se pode seguir coas térmicas. Pero todo o mundo sabe que estos nórdicos son uns atrasados.


Alemania anda tamén coa duda e hai debate nacional, ó igual que Inglaterra. Pero xa sabemos que estos dous non teñen nin idea.


Nós non temos dudas. "nuclear? no gracias"


E por qué non no-lo planteamos? En realidade si que o facemos, todos menos os que gobernan (e os que estan na oposición).


A comunidade científica e a industria si que abriron o debate. Pero os políticos non, porque é antipopular. E o que é antipopular non se plantea, xa que quita votos, e os políticos non estan para gobernar, están para conseguir votos. Pois vale.


Pero resulta que ahora protestamos porque as eléctricas queren subir un 20% a tarifa, e o goberno dixo que como máximo o 10% e de ahí para baixo. E parece que naide se fai eco de que parece ser que se vende mais barata que costa producila (http://www.elpais.com/articulo/economia/Industria/abre/puerta/subida/luz/elpepueco/20080509elpepueco_11/Tes), entonces... quén esta pagando a diferencia? As electricas non por suposto. Entonces quen creedes que a paga? Pois si, nosoutros, pero por outra vía que non é a tarifa, en impostos. Así non o vemos.


O que pasa é que esa política de querer ocultar as cousas ten o resultado que ten. Mentras todo o mundo advertía a finais do ano pasado o que estaba pasando, o goberno ocultaba a situación; cando o clamor era insoportable nas eleccións, o goberno mentíanos decindo que non había crisis. E ahora, cando a xente ve que os cartos non chegan, que hai 15.000 parados mais en maio, que o sector da pesca está en folga, o leiteiro armou as de Cain, que as ventas de coches baixaron casi un 25%, o transporte está en folga, todo o mundo bóta a mau ó peto, e no peto, non hai nada. O goberno sigue decindo que non pasa nada, que non hai crisis.


Xa, pero ahora non cola (e estamos empezando).