a educación (de contidos)

Escribo este post ó fío do que lle comentaba a Jota na resposta que me daba ó anterior. A crítica qeu se deixaba así un pouco de calquera maneira, pero que é un filón que pode dar bastante de si.
Haber, resulta que temos a tasa baixísima de educación secundaria, somos os que mais pagamos ós profes, e os que menos invertimos en educación, e despois sorprendémonos dos informes pisa sobre o rendemento dos nosos estudiantes, anque por suposto o goberno do optimista ZP ten outra visión.
Con este optimismo exacebado, do que fai gala o noso executivo, non me extraña que se chame antipatriota e negativo ó que pon as cartas boca arriba e di como é a situación en realidade.
Pero volvamos ó que é a educación, resulta que cada comunidade manipula os contidos ó seu antollo, dandolle o enfoque que mais favorezca a realidade nacional de cada autonomía. En moitos casos tergiversando a realidade. As asignaturas tradicionales como historia, xeografía e matemáticas perden importancia en favor de outras como a tristemente famosa educación para a ciudadanía, coñecemento do medio e non sei que outras trapalladas. Non hai relación causa-efecto co feito de estudiar e esforzarse con aprobar ou sacar boas notas, pasa todo o mundo de curso, tanto da que traballe como que non, como que se pase toda a clase tirandolle bolas ó profesor e chinchando ó resto dos compañeiros que queren estudiar (tampouco se pode botar da clase).
Non se vaian estresar.
E o resultado, pois está a vista, dos peores resultados de Europa. Pero esto non fai falta que no lo digan os informes Pisa nin a OCDE, non hai mais que pasarse por un chat ou coller a libreta dun adolescente, a inmensa maioría dos rapaces non saben escribir, xa non me refiro a que non teñan un mínimo de coñecemento sobre como se redacta, ou de que usen con moderada intención ós signos de puntuación. E que teñen unhas faltas de ortografía horrorosas, que che fan chorar os ollos ó velas. E despois están os coñecementos, xa naide sabe por onde pasa o Duero. Para qué estudiar si aprobo igual, que mais da saber que non, total todos esos son métodos fascistas de educación, que persiguen a competividade e explotan ós cativos.
Vale, pois dentro de uns anos, xa nos enseñarán a lección no mercado laboral, pero á vella usanza, á de fai 50 anos, a de a letra con sangre entra. Cando o noso pais sexa cada vez menos competitivo, porque hordas de traballadores cualificados extranxeiros veñan a facer, xa non os traballos que nosoutros non queremos facer como están facendo ahora, si non que virán a facer os que nosoutros non podemos facer porque somos unha panda de ignorantes catetos.
En calquer pais de Europa, os estudantes son bilingues, falan o seu idioma e outro (ingles ou francés) sin problema. Os nosos solo saben de ingles o imprescindible para xogar á consola, e resulta que si o neno ten uns pais medianamente responsables, buscan de pagar clases particulares para que o neno poida ter algo de formación que non recibe onde a ten que recibir. E si son mui pudentes, mandano a estudar a un colexio privado, preferentemente bilingüe, co cal, a pretendida igualdade de oportunidades do Sr. ZP, cada vez e menos igualitaria.
Non falemos das plazas de gardería, que hai que facer mil maravillas para poder ter sitio para o teu neno/a.
Este é outro capitulo onde hai que gastar os cartos, pero non se gastan, por qué? Pois porque non produce resultados a corto plazo, e entonces non é rendible políticamente. E porque ademais o que vamos a ter e un fato de pais cabreados porque o seu fillo non aproba, ese que non dan educado na casa e pretenden que llo eduquen na escola. Pero eso xa é outro tema...

a clase política e os demais

Ete fin de semana, o mestre Perez-Reverte, publicou o seu habitual artículo semanal no homónimo dominical que adxunta a voz de galicia co seu periódico. Pois ben, como na maior parte das ocasións, da no clavo certeramente, certera e dolorosamente creo. Porque lonxe de botarlle toda a culpa a nosa clase política, que dende logo é de pena, sobre todo os que nos gobernan, onde desde o ministro pinocho de facenda, cursi de iguadade, trabalenguas vice presidenta, o cascarrabias "azote de la derecha" (ja ja, xa quixera) pepiño blanco, e o abanderado das causas perdidas presidente, parecen mais ben os enanos de blancaneves que un executivo, o que fai Arturo, é recordarnos que somos nós os culpables de esta desfeita, e de ter o que temos. Para nós é mui facil decir que votamos ós menos malos e que non hai nada mellor e tal e que sei eu. Pero en realidade, o que pasa e que somos unha panda de hippies, un fato de pasotas que nos da igual todo.
Dános igual que o executivo nos minta en plenas eleccións e que no lo recoñeza un mes mais tarde, dános igual que o presidente (un vano intento de protexer a súa palabra) siga vivindo no limbo e negando a realidade que os seus votantes sufren a diario (sobre todo os dias últimos de mes), dános igual que este mismo presidente laico e azote da igrexa en España (non teño nada a favor nin en contra da igrexa, pero non debemos olvidar que é a relixión da maioría de cidadáns de este pais) vaia a Turquía a meterlle os fuciños no cú a un presidente que está provocando o involucionismo islamista en ese pais (non só vai, senón que incluso lle fai a pelota de forma descarada, por qué no aproveita para venderlle o matrimonio gai? e dende logo non lle viría mal una lei de igualdade...) pero que lle vamos a facer, esos son os amigos do noso presidente, tamén vemos con indiferencia como temos ministerios que cobran de todos nós que non teñen nada que facer, con ministras absolutamente impresentables, que ahora quere cambiar os logos do ministerio a cor violeta, porque a cor actual non é bastante feminina (si, é a misma das miembras) e gastarse uns cantos millonciños no cambio, ou como non se poñen de acordo sobre quen debe ir á reunión europea sobre investigación espacial, pois mandamos a dous (hai que j....derse), e mentras, a lei de dependencia non tén financiación.
Tamén, todo sexa dito de paso, vemos indolentemente como o partido da oposición non fai absolutamente nada positivo e só se dedica a criticar. Xa sabemos que non lle van a facer caso, pero que proben por si acaso, e sempre lles quedará aquelo de "xa o decía eu".
Pois ben, vemos todo esto, e que facemos? Pois despotricar no bar, ou con un amigo, e acto seguido, falar de futbol ou da pantoja. E claro, os que gobernan (mal) pois vailles ben.
Un dos paises mais criticados polo seu sistema político como os EEUU, dannos mil voltas en coherencia e decencia política, alí si te collen metendo a mau na caixa, non vas o cárcere, xa te suicidas de vergoña, e si tés deixacións de deberes, ou si dices unha idiotez como a do ministro de industria, o sr. Sebastián, de que a crise, canto mais profunda sexa, con mais forza rexurdiremos, ou algo parecido, pois tés que presentar a dimisión de forma inmediata ou fulminante do cargo. Pero, porqué esta diferencia, porque alí son mais decentes que aqui? Pois non, é porque os cargos electos saben que teñen encima a espada de damocles dos votos, e que si non fan ben o seu traballo, non sairán nas próximas eleccións, e acabaráselles a bicoca. E teñen uns senadores, que defenden os intereses dos seus votantes, non uns de adorno como os que temos nós, e saben que si non cumpren o seu traballo, non sairán reelexidos. E si, tamén estou de acordo en que algunhas das razóns polas que non se vota a un candidato poden ser, ó nóso modo de ver, bastante peculiares (non ir á misa, tér un rollo con coa secretaria ou que a tua filla sexa madre adolescente solteira por exemplo), pero a eles tamen lles parece extrañísimo que nós non coñezamos a ningún dos nosos votados para o senado, e que os votemos únicamente polas siglas que representan (tamén é curioso non?).
De todas formas, ó que vamos é que en calquera pais do mundo onde a democracia leva moitos anos instaurada, non teñen tanto medo de estar ferindo sensibilidades e chamanlle ó pan, pan e ó viño, viño. E si tal ministerio non está acadando os fines prometidos, sacrificamos o ministro e poñemos outro que faga o traballo correctamente (aquí si o sacrificado é ministra, somos uns misóxinos e si fóse negro, uns racistas). E eso non é un fracaso do executivo, é un triunfo de xestión, rectificar a tempo. Si a ministra de fomento tivese esa certeza de que o seu posto está en xogo, ó mellor xa tiñamos AVE en galicia, e non tiñamos tal desviación nos presupustos, que dobran os iniciais (ou multiplicanse como o o do Gaiás). Claro que si non houbese que ter o mismo número de ministras que ministros, igual tíñamos xente mais capaz, con mais mulleres ou mais homes, según sexa o caso en cada momento, e entonces a madalena, ó mellor, non era ministra (e non teño nada en contra das mulleres, a de defensa, Chacón, por exemplo, é boa, pero é que esta, e a de iguadade, son mui, mui malas).
E señores, eso é o que queremos, inversións útiles, infraestructuras, AVES, trenes interurbanos, e rexionales, unha laminadora para alcoa, autovías, investimentos que creen riqueza e favorezan a creación de postos de traballo, non policía autonómica, que xa temos bastante coa guardia civil e a policia nacional. Non creen postos de funcionarios, creen postos productivos, e obriguen ós funcionarios a producir, e atender ós que lles votan con educación e dilixencia, que cada vez que vas a un organismo público, parece que estás molestando a sesta matutina (outra cousa que tamen é culpa nosa, por non denunciar ó alcalde de cada pobo por deixación de funcións por non esixir que os funcionaros, cando menos, cumplan o seu horario e a súa función).
En fin, o que queremos é que gobernen, que para eso os votamos. Pero, señores, tamén hai que poñer algo da nosa parte, que non é solo ir a votar cada catro anos e xa está, que a nós quédanos a dura tarea de poñer a todo este fato de inútiles en vereda, xa que si deixamos que se desviaran tanto, ahora é asunto nóso correxilos.

o desenrolo do medio rural

Resulta que a Xunta está polo desenrolo do rural galego. É importante que o digan porque si non... non sei si nos daríamos conta.
Fíxate tu que si queres facer unha casa nun nucleo rural, tés que adaptarte á estética do lugar. Ben, esto está moi ben. Pero, quen decide que se adapta á estética do lugar? Porque si contrato a Alvaro Siza (un dos mais reputados arquitectos a nivel mundial, e proveedor de proxectos para a xunta) e lle encargo o proxecto da miña casa, resulta que o mais probable é que non o poida executar porque non terá cuberta a duas ou catro augas, nin de pizarra. Eso si, si faigo unha casa a duas augas sin estilo nin proporción algunha, ese si que cumplirá cos preceptos xunteiriles. Manda carallo. E eso sempre e cando teñas 5.000 m2 de terreo. Pero esa lei non é óbice para que a Caride autorice o incremento de superficie construida para que Ikea poida poñer a sua megastore en Coruña, entón os 14.000 metros construidos pasan por arte do birli-birloque a 220.000 m2 (ole, ole y ole!), eso si, si tu tés 4900 m2, olvídate de facer a túa casa.
Por outro lado, si eres o desgraciado propietario dunha casa en rural, xa te podes suicidar. Porque o permiso para renovar a cuberta, necesita o visto bueno de Urbanismo da Xunta (bótalle dous anos polo baixo), e seguramente non che deixaran facer unha placa, terás que aproveitar os cangos orixinales. De p*t* madre. Así que si ves que mais ou menos en dous anos vai haber goteiras, vai pedindo o permiso ahora. E imaxínate o caso do que ten unha casiña de 100 m2 e por algunha desgracia ten que facerse cargo de 3 ou 4 rapaces, ou de 2 maiores, ou, rizando o rizo, queda embarazada de quintillizos, ou polo que sexa, ten que ampliar a súa casa. O meu consello personal, e que intente vender a del (e seguramente dos seus atepasados) e comprar outra, seguramente un piso en Ferreira. Xa que os trámites para ampliar unha casa que esté no rural poden durar anos, e a non ser que te dediques a agricultura o gandería, penso que o vas a ter complicado, así que facémolo ilegal e de calqueira maneira, ou nos vamos. Claro, facemos todo tan complicado, que ahora non se da saído do paso, e o organismo en cuestión está totalmente desarbolado (ó mellor fixeron o cálculo polo rendemento de un traballador da empresa privada, sin ter en conta que o traballo íano a facer funcionarios).
Pero eso, sempre e cando se trate de obras oficiais, podemos pasalo polo forro. Por exemplo o señor antes citado, Alvaro Siza, fixo un proxecto para a xunta, o centro galego de arte contenporáneo, que é un edificio precioso, pero que ningún de nós poderíamos facer en Alfoz. A Xunta si, e en Santiago, onde si tu eres un partícular non podes nin poñer o letreiro do teu comercio si no é con forxa.
Haberá quen diga que é un caso distinto porque é zona urbana. Vale pois vemos outro exemplo. O parador nacional de San Estevo de Ribas do Sil, rural 100%, ademais de catalogado por patrimonio, onde se cerrou o claustro con unha fachada de cristal. Mui bonita por certo. Pero eso, ningún de nosoutros o poderíamos facer.
Que clase de goberno é este que ten mais dereitos que os seus cidadans?
Por outro lado, si esto servira de algo, entenderíao, pero é que non sirve de nada, porque dado a dificultade burocrática de realizar unha obra no rural, fánse ilegalmente (algunha incluso aconsellada pola propia oficina de urbanismo). E por outro lado, non se está impulsando ningunha medida eficaz para resolver os casos (numerosísimos casos ) de feismo, como casas sin revocar, sin pintar, outras que están cual palafitos sobre columnas, sin cerrar o baixo durante anos, etc.
Que naide entenda esto como unha crítica á arquitectura moderna, nin ó control da edificación no rural, xa que estou ferventemente a favor de ambas, pero con sentido, vendo o resultado que pode dar e o que en realidade da.