o despido barato.

Despois de tanto tempo, estou outra vez por aqui. E hoxe vou a escribir a miña opinión sobre do despido barato que soa ultimamente por ahí.
E para eso temos que remontarnos ó que é a empresa en si. A empresa, é un ente no que un empresario ou varios poñen pasta para recibir a cambio dividendos (beneficios). Folga decir que teñen que ser beneficios superiores ó valor do diñeiro ou o que nos pagarían no banco por esos cartos. As empresas teñen entonces o fin de crear riqueza para o inversor, que para eso arriesga o pecunio. Hai varias definicións de empresa, mais académicas, ou mais técnicas, pero en resumen, todas veñen a decir esto. Ben, unha das cousas que a empresa non é, é unha ONG.
Cando nun mercado laboral ríxido (como o noso) se produce unha crise (coma a nosa) baixan as ventas das empresas, como teñen menos ventas e por tanto menos beneficios, deben recortar gastos para manter a viabilidade do tinglado. Si resulta que desfacerse do 10% ou o 15% da plantilla costa moita pasta, non o vai a poder facer, porque non ten recursos, porque como conven non esquecer, estamos en crise (menos ventas e menos beneficios, co cal a economía da empresa xa está deteriorada) e entonces vai tirando como pode, perdendo cada vez mais pasta, xa que cada vez e menos competitiva. Asi que daquí a uns meses, todos para a casa sin cobrar un can.
E sobre o debate de si un mercado laboral flexibel produce mais paro ou mais emprego, creo que é un debate absurdo, porque eso xa está demostrado. Non hai mais que botar un vistazo os nosos veciños desenrolados, Francia, Inglaterra, Alemania, Suecia, Noruega... Todos eles teñen un mercado laboral moito mais liberal que o noso. Todos teñen unha tasa de paro da mitade da nosa. ¿non é lóxico pensar que algo terá que ver a forma de contratar e despedir xente?.
Si unha empresa necesita traballadores, e convén non olvidar que as empresas a fin de cubrir o seu obxetivo (ganar pasta) deben producir, deben traballar e por ende contratar personal, e se encontra con crise, pero con facilidade para desprenderse de traballadores nun futuro cercano, si a cousa se torce mais, contratará personal. Si se encontra na mesma crise, pero con unha lexislación como a nosa, non contratará a naide, porque sabe que lle vai costar un huevo desprenderse da xente que lle sobre. É especialmente sangrante, que as empresas que tiveron a mesma plantilla durante anos, proporcionando emprego estable durante lustros, ahora sexan as mais perxudicadas porque teñen despidos millonarios, sin embargo as empresas que sempre traballaron con temporales, sin meter xente fixa, son as que están mellor preparadas para superar esta crise. É intesante ver como a lexislación premia ós que apostaron pola estabilidade dos traballadores, cando a auga che ven polo pescozo, ainda mexan por derriba de ti.
Por outro lado, a empresa paradigmática de traballadores en situación laboral estable (indestructible) son as administracións do estado (funcionarios) que forman a caterva de improductivos mais importante do planeta. Tamén parece lóxico pensar (a grandes rasgos, xeralizando) que os traballadores que se saben intocables tenden a perder productividade.
E por ultimo para rematar, hai que non perder de vista o obxetivo da empresa, ganar pasta, si a empresa non lle da pasta ó inversor, éste pecha o chiringuito e mete os cartos a prazo fixo, con beneficios garantizados e sin dóres de cabeza. Asi que e convinte ir pensando en facer as empresas rentables e productivas en lugar de afogalas con cargas inasumibles, pola conta que nos trae a todos.

0 comentarios: