Este post vai dirixido especialmente para Jota, ó que considero unha persoa intelixente e cabal pero, como todo militante activo do BNG, adoece de falla total de criterio crítico coa súa organización.
Mira J, todos os partidos (TODOS) teñen algo de amiguismo e enchufismo, como por outro lado é lóxico (sempre e cando se manteña nun orden) que un cargo queira ter como persoal de confianza xente que sexa do seu pau. O problema ven cando esto se xeraliza, e enton se empeza a meter, non xente de confianza para postos claves, nin persoas especialmente válidas para postos de responsabilidade, si non a todo propietario de carné de partido.
Esto que é de todos coñecido, e , como digo, hasta certo punto comprensible, tórnase puro clientelismo cando se incorpora indiscriminadamente a centos (+- 300) no sistema galego de benestar, polo teu partido. A dedo. Si, a dedo, como os caciques que criticades. Decides que o BNG ten unha traxectoria limpa, claro, porque nunca mandou en ningun posto de responsabilidade, porque para catro anos que leva con algun mando, ya leva un record difícil de igualar, porque aparte dos nombrados anteriormente, tamén están todos os que se meteron en SEAGA (servicios agrarios galegos). Dous organismos tachados polos sindicatos de “chiringuitos”. Polos sindicatos (que non son sospeitosos de traballar para o PP), ollo, non pola oposición.
Esto aparte de levar os vellos nun autobús subvencionado pola Xunta (os 15€ que pagaron non chega para o billete, e o r
esto vai en subvencións controladas polo BNG) a un mitin ó que non querían ir, ou polo menos non sabían que ían ir. Aparte da creación dun panfleto nacionalista de tirada gratuita no que 10 dos 14 anuncios (de media, e de páxina enteira) son pagados con diñeiro público é de organismos gobernados por Quin. Por non falar do caso de Mugardos, onde a aparexadora municipal, accedeu ó cargo sin oposición, e ahora tanto ela como o seu alcalde (do BNG) están imputados por prevaricación pola fiscalía (ainda que non condenados, como moitos que imputa Garzón, poden ser inocentes. No caso do super-xuiz, mais da mitade dos imputados, saen libres, ben por falla de probas, porque non se fixo ben o traballo, como no caso nécora, ou ben porque simplemente son inocentes, como o ex director da ONCE) ou do caso do qeu meteu a media parroquia na xunta.
Como podes ver, o teu partido tampouco está libre de culpa, ó mellor ten menos casos, porque leva menos tempo gobernando, pero non se trata de números. Trátase de telos ou de non telos. Anque como dixo Quintana, “Eu respondo pola profesionalidade e o mérito de todas as persoas que traballan no Sistema Galego de Benestar”, e xa está. Para qué oposicións. Xa o di o que manda, e todos a tragar. E falades de dictaduras, como si as vivirades. Si viviras a época do dictador, encontrarías ahora moitas similitudes.
Ollo, con este post non pretendo facer campaña, xa vistedes que non escribin ningunha entrada que fale da campaña, e penso seguir asi, pero paréceme que non está de mais poñer os puntos sobre as ies e intentar abri-los ollos de algún devoto da secta, sexa do color que sexa.
Porque TODOS son mui malos.
8 comentarios:
Ai se falamos de SEAGA. Documentareime, que teño amigos que traballaron alí e aínda lles tufa a roupa de tanta merdiña que viron.
Xa comentarei
bueno... outra mostra mais de comportamento democrático de este fato de correlixionarios do BNG. Como non está de acordo co que expoño, que non é mais que unha recopilación do publicado en prensa (para eso poño os enlaces, para que naide pense que o invento), pois recurre ó insulto e a descalificación. Mui típico, e mui tópico. Xa pasou na manifestación de Santiago de Galicia Bilingüe, non estamos de acordo, pois pedradas.
Eu non che dou ningún consello.
Señor Orlando Marrube (por decir algo).
Educación, ante todo educación. E se non a tés, aforras participar. Poderias aprender por exemplo do comentarista JOTA, ou mesmo de LAYLA, que, ainda que teñan ideas distintas, nunca chegan ó insulto personal.
Repito, educación.
pola miña parte non hai problema, disculpas aceptadas.
Só aclararche duas cousas:
Eres libre de usar o teu nome ou non, eu non o uso para non ter que dar explicacións a quen non as merece e cando non me apetece, porque non vivo a política cada minuto da miña vida, tamén teño outras cousas que facer. No meu tempo libre, escribo aquí, si alguén quere participar (coma tí) pode facelo. Pero ti entrache como un elefante nunha cacharrería. Por suposto que te deixarán en paz, cando deixes de entrar, naide volverá a escribir sobre ti, non te preocupes. Non por nada en especial, si non porque se fala do que pasa non do que pasou, así que podes quedar tranquilo que non creo que volva a sair o teu nome.
E non te aceleres, que empezache ben, pero a medida que lle vas dando á tecla vaste quentando... tranqui...
O tempo pon os supostos casos de corrupcion do BNG no seu sitio:
Caso Mugardos:
"no apunta ni un solo indicio [...] del que inferir racionalmente la posible comisión de alguno de los delitos»"
Texto da sentencia.
Poño o link:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/06/24/0003_7805320.htm.
Caso Seaga:
Era algo malisimo, pero agora que se goberna pensanse en mantelo.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/06/10/0003_7775352.htm
Parece que o queda o final de todo isto e a demostracion que eran difamacions falsas, iso si, que o PP lle serviron para chegar a Xunta.
Publicar un comentario