canto costa a publicidade de ZP

Si, eso, canto costou a publicidade de ZP na campaña rodeandose de artistas de medio pelo?
Resulta que cando o pais está ó borde do colapso porque non hai pasta para poder levantar as empresas, ou cando menos poder sostelas, o ICO ven de apoiar a industria? do cine? español con 75 millons de euros, para futuras películas. Pois ben, o cine español ten cada vez menos público e cada vez mais subvencións, subvencións que pagamos nós.
Non vamos ó cine, básicamente porque non nos gusta, anque a ministra diga "la razón de esta crisis estriba en la vulgarización del público español" ole tus ovarios, campeona. Ou sexa, que si a min (e a maioria dos españoles) non nos gusta o cine que se fai, non é culpa de que non nos interesen o mais mínimo as revisións partidistas da guerra civil, nin sesudas interpretacións do existencilismo e outras disquisicións filosóficas, non!! é culpa nosa que somos uns paletos. E claro, subvencion ó canto. Para que catro listos vivan como marqueses. Eso sí, son agradecidos, que posan coa eñe na cexa, para que quede claro quen paga a festa. Ainda non se deron conta, de que vamos ó cine a pasar un bó rato, a rirnos ou a pasar medo, ou xerar adrenalina, ou a chorar, según o estilo que lle guste a cada un. E a min, o cine español, salvo fabas contadas, non consegue motivarme o mais mínimo.
Este é outro exemplo de que o subvencionado non funciona económicamente, que se busca a solución fácil do diñeiro pola jeta e esquecémonos de buscar a forma de producir. E pódese producir e facer cine bó neste pais. Ahí está a industria (esta sí que merece o calificativo) das series de TV, que como teñen que competir duramente, búscanse a vida e fan series que lle gustan ó público.
Tamen dicen que a culpa é do pirateo. Que por eso a xente non vai ó cine. Mentira. A xente non vai ó cine porque non lle gustan as películas. De hipashare, un dos maiores portales de descaragas deste pais, só ten 5 patrias entre as 100 mais descargadas. De 22.000.000 (si vintedous millons) de descargas de este portal solo 200.000 son películas españolas, un triste 0.9%, é decir non as quere ver naide nin gratis.

Pos ben, o cine recibeu 85 millons de subvencións mais 25 millons polo impuesto revolucionario do canon, en total 110.000.000 de euros, esta é a forma de medir socialista, non queres ir ó cine, pois non vaias pero paga a entrada (casi 3€ por español) é decir uns 12€ por familia que todos pagamos para que esta industria siga facendo películas que naide ve. Ollo ó dato, que non é unha broma, reciben 110 kilos (casi vinte mil millons das antiguas pesetas) e solo son capaces de recaudar 77 millons!!! Moito mais da mitade dos seus ingresos son subvencións!! A ver como se lle explica esto ó que ten unha explotación ganadeira, onde cada vez o xato vale menos e o pienso mais.
Anque tamen pode ser que esos 110 millons non sexa para o cine, si non para que os estómagos agradecidos saian apoiando incondicionalmente a ZP, alias "barra libre".
Por último deixovos unha lista das películas mais taquilleras (si pulsades na lista, vése mais grande e pódense leer os títulos), e como podedes ver, as que mas recaudan das españolas son "Los crímenes de Oxford" (que solo ten de española o título e o director, Alex de la Iglesia), "Mortadelo e Filemon", "Vicky Cristina Barcelona" (outra española de pura casta, esta nin o director, pero sale Bardem, que con súa nai fixo campaña intensamente) e "Che, El Argentino" (outra mui española, coproducción USA-España, onde nós puxemos a pasta, e un par de secundarios), e ningunha está entre as 10 primeiras. No que si coinciden, salvo quizá Che, é en que son películas para pasar o rato, sin mais. Onde están os 126!! títulos producidos polo cine español en esta lista?
Hai os meus cartiños... con que pouco tino vos manexan....

5 comentarios:

don pinpon dijo...

Pois eu creoche que así a todo esto saelle barato ó goberno!
Como todos comulgamos con rodas de muiño (digo todos porque hoxe en día a poboación española acepta esta desviación de diñeiro e non dín nada), todo o mundo veu o esperpento dos Victor Manuel, Fran Perea, Aitana Sanchez... o día en que gañou o PSOE as elección. Eso custa cartos, pero cala moito máis na sociedade. Non vemos que estes "artistas", ó igual que toda esa panda de "periodistas" (así se dicen chamar eles) son os graciosillos, cool, liberais deste país. Pois toda esa maquinaria propagandística da que manter.
Por un lado teñen todas estas subvencións das que tí falas, pero a cousa non queda ahí. A cantidade de beneficios que deben estar a recibir todolos medios de comunicacións afíns a PRISA para poder minar pouco a pouco a cabeza da xente ten que ser importante. Porque, polo menos eu, naide traballa por amor ó arte. Sempre existiu o "untamento" e "poñer o cazo". O goberno da e estes fan propaganda todo o ano.

Por certo, un aviso importante. Moito ollo se estes días a alguén se lle aparece un SETRA diante a porta dicindo que vai para Portugal de excursión. Dende logo, a portugal non vai ir, e de excursión menos ainda. Mais ben acabará nun restaurante da Costa, ou nun pabillon municipal dalgún ayuntamento afín, para facer un descans ¡ COINCIDINDO XUSTIÑAMENTE CUN MITIN DO BNG! Que coincidencia oh! Non sabía que Portugal estaba tan cerca. E despois falaban de Fraga e o caciquismo. Joder coa doble moral! Perdonen a blasfemia. Pois iso, avisados estades.

Bueno, vou recoller, que teño que ir pinchar uns carballos pois creo que TOURIÑO quere facer un atril para esta última semana de mitines en carballo macizo. Salirá por uns 15000 ou 20000, pero iso non é nada. O PSOE e BNG poden facelo. Eso é polo pobo, para que os vexamos máis guapos.

Ai ai ai ai ai.

jotavaladouro dijo...

Seguindo a obra social de don pinpon de avisos publicos: é o momento de apuntarse o PP, un arriscase a ser espiado polos compañeiros (con cartos publicos) pero a cambio un podera forrarse a cobrar comisions. O negocio agora mesmo esta a plena marcha en Madrid e Valencia, pero se gana Freixo seguro que tamen volveran a galicia os comisionistas e os conseguidores.

don pinpon dijo...

Jota.

A verdade e que me da certa pena oir á xente do BNG e do PSOE, porque ó final vades todos no mesmo saquiño, a cantinela de sempre. Pero bueno, seredes vos os que vos rompedes os dentes coa pedra que vades encontrar no camiño.

So puntualizar unha cousiña. A trama de Madrid e Valencia, ¿poderíasme decir que hai probado realmente? ¿que hai definitivo? Mentres haxa investigación e teña nos xulgados, haberá que esperar. Non poñades o carro diante as mulas. Porque de momento todo o dí EL PAIS, LA SEXTA, CUATRO, TVE (que, por certo, logo lle tocará o corte de Rajoy entre imaxes de guerras ou de ETA), GARZÓN (eche un mais do grupiño...). Por outra banda, do meu comentario, con só sair a carretera e verlle o coche a Touriño, con falar con algún xubilado que foi inocentemente a Oia (Oia de Portugal éh, non de Galicia, ja ja ja) ou que Touriño (O Presidente) che invite a ver como lle quedou "la obrita", xa terás probas suficientes e sobre todo REAIS.

Falando de comisionistas e conseguidores. Que tal van os votos emigrantes? Todo amañado? Todo controlado? Se Fraga o fillo rematadamente mal, non querendo controlar mellos, de acordo cos tempos que corren, o voto emigrante, vosotros chegastedes ó poder para melloralo, modernizalo, quitarlles as telarañas, e todo eso que tanto lle gusta dicir a PSOE e BNG, pasaron os 4 anos e resulta que hasta mortos ou a sobriña dun galego pode votar. Patético en partidos que se din Liberais e de Esquerdas.

Serán malos todos oh, pero BNG e PSOE fano mal, a ollos vistos, como se soe decir, de día e sen gardarse de ninguén. Hai que ser listos ata para iso. E estas xentiñas, desgraciadamente, non o son.

Por certo, co de descalificar ó contrario como FREIXO, xa se fai canso oh! Renovarse o morir!!

jotavaladouro dijo...

Antes de nada, o de Freixo foi un erro, ainda que estando en carnaval, ainda que fora unha broma tampouco seria tan grave :-)

Respecto o voto por correo, o BNG poderaselle acusar de moitas cousas, pero leva intentando que se reforme dende que gobernaba Fraga. Por certo, nas ultimas propostas no parlamento español o BNG e o PP traballaron xuntos para a reforma. O problema e que a reforma tena que aprobar o parlamento español e o BNG non ten forza suficiente. O PP puido apoiar o BNG cando propuña isto fai unhos anos e non teriamos estes problemas.

Na miña opinion, aparte de reformar o sistema de votacion, deberias facer unha reforma da propia concesion de nacionalidade hacia unha forma como a que empregan os norteamericanos. En USA para transmitir a nacionalidade os teus fillos tes que ter vivido polo menos catorce ano no pais.

Para velo cun exemplo: unha persoa que emigre(chamemoslle xan) ten a nacionalide de por vida. Si ten un fillo (chamemoslle maria) este fillo ten a nacionalidade automaticamente. Pero si maria ten fillo (chamesmolle anton), para que este fillo teña nacionalidade, maria ten que ter vivido 14 anos aqui, si non anton non teria a nacionalidade.

Un saudo

don pinpon dijo...

Neso estamos de acordo Jota.

O meu modo de ver, creo que habería que regular máis o voto por correo. Porque, ainda que teñen dereito, e non pretendo quitarllo, non pode ser que nunha elección dun presidente dunha comunidade ou dun goberno interveña xente que por exemplo, por decir unha cifra, non visitaran a comunidade en 30 ou 40 anos, ou peor ainda, quen votan son os seus fillos ou netos.

De verdade, creo que esto había qe cambialo xa. Por iso dixen que tanto PP, como PSOE e BNG non o fan. E eso crea desconfianza.