Si, hoxe vai de eso. Do peligro de creernos distintos e a donde nos leva.
De por donde se empeza, e dos frutos que xa está dando. No sei si son só eu, pero creo que non, porque hai mais xente que pensa coma min.
Empeza a haber un certo anticatalanismo na sociedade española polo seu pertinaz nacionalismo egoista-todo-para-min, a xente, que non é boba, está hasta os fociños de tanto eu quero todo, porque son o que mais produzo, son o que mais industria e comercio teño, son o mais guapo, e si vés para aquí, aprendes catalán, e si exhibes unha película ha de ser en catalán, e si pós unha tenda ha de se en catalán, e si estudas ha de ser en catalán, e todo o nóso IVA é para nós, e nós non temos por qué darvos nada, etc etc. Todo esto, de forma pacífica por suposto, produce un certo desacougo pero non pasa de ahí. O que pasa, é que cando vés que as empresas con certo capital catalán (que non tén porqué ser maioría) empezan a recibir fortísimas presións para que cambien a sede social para Catalonia (is not spain) xa non che fai tanta gracia, porque sabes que parte dos impostos que poden arranxar as carreteras da túa parroquia xa se perderon. Cando vés que La Toja a compra outro fabricante, pois dache igual, é o mercado, pero cando ves que é catalán, xa non che é tanto, porque sabes que non vas ver un péso deses impostos. E cando ves qeu non se conforman con cambiar a sede social si non que desmantelan e levan todo para Catalonia, pois decides non comprar nada mais de esa marca. E empezan a nacer os boicots.
Que son malos. Pero que existen, é triste que polo afán nacionlista-acaparador dunha rexión-pais (cada un que a denomine como queira) or resto do pais acabe hasta as gónadas de aguantalos. É unha triste pena, pero que lle vamos facer, porque eu como pobre comprador libre, cando vou a comprar o meu gel, e poido elexir, que vou comprar? Un fabricado en Valladolid, do cual me poido beneficiar de parte dos
impostos que paga a fábrica ou un fabricado en Barcelona, do cal sei que non vai sair un céntimo de Cataluña?
Porque mal que nos pese, eles si que saben para onde van os cartos, si non dádevos unha volta por un super catalán e veredes marcadas todas as estanterias con etiquetas 'producto catalán' como si fose mellor que un aragonés, andaluz ou galego. Non, non é mellor, produce mais beneficio para a comunidade, eles sábeno. Igual que saben que esto produce un certo rechazo na sociedade do resto de españa, e ben que se molestan en predicalo en fechas que teñen que vender o cava, cando lles interesa o mercado dos españolitos.
Pois ben, por aquí se empeza. Primeiro rechazamos os seus productos e eles os nosos (aquí xa estamos). Despois rechanos eles a nosoutros e nosoutros a eles, mais tarde efrentámonos políticamente, e despois..... balcanes.
Viva o nacionalismo excluinte.
o feito diferencial e outras trapalladas
sábado, 21 de marzo de 2009 | Publicado por layla en 8:43
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
¿Podias desarrollar o concepto polo cal si compras a unha empresa en Valladolid te vas beneficiar dos impostos e si e unha catalana non?
¿Refireste o IVA, o imposto de sociedades ou de persoas fisicas?
Refírome evidentemente ó IVA, que é o forte dos impostos dun producto de consumo. Moita pasta, que coa cesión do 100% a cataluña, non fai si non afondar na diferencia entre comunidades, unha cesión mais e un erro sin precedentes, e creo que non ben calculado que pode ter consecuencias gravísimas a pouco que haxa movementos empresariais raros (véxase gas natural, endesa etc)
¿Podrias desarrollar un pouco mais o tema do IVA?
Eu teño entendido que o IVA e un impostos estatal e que (falo de memoria) hai unha porcentaxe igual cedida a todas as comunidades, polo tanto sigo sin ver a diferencia entre comprar un producto catalan e un de Valladolid,
O estatuto catalan contempla a cesión do 100% do iva catalán para a libre distribución a criterio da generalitat en cataluña, co cal se rompe a distribución de riqueza no estado.
Antes, o goberno central, recaudaba todo e entregaba obligatoriamente o 35% do que producia cada comunidade, o resto redistribuiao como creia convinte, e un dos criterios, era intentar invertir nas comunidades mais desfavorecidas para que alcanzaran ás mais avanzadas. Ahora, con este sistema, a fenda será cada vez maior. Madrid, Cataluña, Pais Vasco e o Levante (porque esto empeza con Cataluña, pero os outros, tamén o pedirán), terán cada vez mais pasta para infraestructuras e todo tipo de medios e investigacións, e o resto cada vez teremos menos. Ademais, como cada vez mais empresas irán a esas comunidades, atraidas por mais medios, cada vez iremos perdendo ainda mais ingresos.
Ahora, si Gas Natural compra Fenosa, pois xa sabes o que pasará cos impostos da condesa, que tiña sede en Madrid, e despois, terá sede en Barcelona, e bye, bye ós cartiños!, xa non hai un euro para tapar un bache en Bacoy, ahora tapará un bache en Martorell (por exemplo).
E tampouco se soluciona dando o 100% a cada comunidade, porque hai comunidades netamente mais industriales que outras, neste caso cataluña, ten moita mais industria que Galicia, por exemplo, si non aportan pasta para que nós teñamos infraestructuras que históricamente nos foron negadas, nunca poderemos alcanzalos. E a mesma xenerosidade que Europa tivo con España (Cataluña incluida), que non deixa de ser unha xenerosidade interesada, sempre é mellor ter uns veciños medio ricos que pobres (ós pobres non se lles pode vender nada). Pero éstes cataláns, só se acordan de nós no nadal.
Eu teño outra percepcion do tema:
1)O que di o estatuto catalan (http://www.gencat.cat/generalitat/cas/estatut/disposicions.htm#dis10) e cesion do 50 % (non 100) e tendo en conta o que se consume en Cataluña (non o que se produce).
Envioche duos enlaces mais, un dunha paxina claramente antinacionalista, a outra non sei donde explican o tema:
http://nacionalismo.blogs.com/byebyespain/2006/12/el_boicot_y_las.html
http://soyleyenda.wordpress.com/2008/01/10/el-boicot-a-los-productos-catalanes-y-el-iva/
Para discutir esto temos que remitirnos ó funcionamento en si do IVA ou imposto sobre valor añadido:
Cando Gadis merca un yogur danone, esta empresa catalana extendelle unha factura, onde indica o precio do producto mais o iva, supoñamos un euro mais o 7% de iva, 7 centimos, os cales recolle danone e ingresa en facenda, en este caso en Barcelona (ou onde esté), estes sete céntimos xa non saen de cataluña. Punto.
Despois viaxan a Galicia nun camión. Si este camión pertence a unha empresa galega ou Burgalesa, extenden unha factura polo porte, poñamos mil euros por traer un trailer dende Barcelona a Santiago de Compostela, mais iva, 16%, 160 euros, que a empresa de transportes se encarga de recaudar e entregar á facenda de Brugos ou Coruña ou de onde sexa o transportista. Ésta facenda local transmitea á central e esta central repartea de novo para os gastos do estado. Si a empresa de transportes fóra de Vilanova i Geltrú, pois mal rollito, porque o iva de novo se queda en Catalonia (recorda, is not spain). Ben, pero ahora resulta que tú vas ó super de Gadis e compras o yogur, que che costa un euro e 40 centimos (é dos caros) o gadis repercute o transporte no yogur mais o seu beneficio e salelle de venta 1.30 mais o 7% de iva, 10 centimos, pero non ingresa dez centimos na facenda galega, ingresa dez centimos, menos os 7 que xa lle deu a danone, menos os qeu lle correspondan da parte proporcional do transporte, poñamos 1 centimo, ou sexa que, dice, teño que darche 10 pero como xa paguei 7 a un e xa paguei 1 a outro, pois suman oito e solo me quedan de pagar dous, que é o que che dou. Co cal, dos dez centimos de iva, solo se ingresaron en galicia dous (poden ser tres dependendo de onde sexa a empresa de transporte). No caso do coche da seat, que poñen de exemplo no blog que tu dices, funciona exactamente igual, a base do vehiculo facturao Seat, e despois o concesionario solo ingresa a diferencia entre o iva devengado e repercutido, que é o valor añadido (de ahí o nome).
En canto ó porcentaxe, si. Actualmente é o 50% do iva, o 58% dos impostos especiales e o 50 do IRPF, pero este acordo é do 2006 e era para dous anos, venceu en agosto do ano pasado, e desde aquela están guerreando para conseguir o que queren que non é mais que o 100%, porque en esto de pedir, non hai mais que empezar... despois é un sinvivir, non se poder parar de dar.
Poder botar un vistazo estos artículos http://www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAS&idnoticia_PK=597120&idseccio_PK=1008, http://www.europapress.es/nacional/noticia-financiacion-tarda-erc-plantea-retirada-electos-catalanes-cortes-acuerdo-20090318125854.html , http://www.elpais.com/articulo/cataluna/Gobierno/Generalitat/negocian/alza/cifra/financiacion/elpepiespcat/20090323elpcat_3/Tes , si botas contas das cifras que manexan verás que entre tres e cinco anos estaremos mui cerca do cen por cen da recaudación. E eso é un erro tremendo. Incluso para as propias empresas, que van a empezar a sufrir as iras dos compradores.
Publicar un comentario