dentes de serra

Nas declaracions do goberno producense curiosos cambios de signo segundo haxa ou non eleccións, é decir, si necesitamos votos ou non. Porque durante as europeas todos estivemos oindo mui claramente o dos brotes verdes, incluso houbo un anuncio que saiu poucas horas despois de que sairan as cifras do paro (información privilexiada en plena campaña?), pero acabáronse as eleccións e a cruda realidade aparece de novo, para empezar os cartos non chegan e temos que pedir un crédito extraordinario para pagar o paro xa o decía todo o mundo a primeiros de ano, que estas contas non daban, pois tardamos seis meses en que a realidade lle dea nos fuciños.
Por outro lado a ministra Salgado xa reconoce que efectivamente, como decian os malos, españa non crecerá hasta o 2011 que caeremos o 3.6% este ano e o 0.3% o ano que ven. Ainda se queda corta, xa volverá a correxir en setembro ou octubro e listo. Tamen di que de ningunha maneira chegaremos ós cinco millóns de parados. Vale, sigo admitindo apostas (xa teño dous incautos). O dito, a finales de ano, ou primeiros do que ven, sae outra vez e di que que pasou calquera cousa imprevista, como a subida do petroleo, ou que houbo unha guerra en Angola, que baixou o cobre en China, todo o cal non era previsible para o excutivo e esto produxo un unha crise de impacto global de consecuencias imposibles de apriorizar (ou algo similar) e quedaráse tan campante.
E importante meter palabras como "global" "internacional" "universal" "Obama" "planetario" cousas que grandilocuentes que diluian a nosa responsabilidade e que dían a entender que esto e cousa de todos, que non é culpa nósa.
A non ser que haxa algunhas eleccións en algunha parte, entón non, entón poñemos a maquinaria a funcionar, o CIS volverá a "equivocarse" coma sempre (curiosamente sempre na mesma dirección) aparecerán brotes verdes (con mais que discutibles datos da encuesta de población activa, espero ansioso a seguinte) a Leire Pajín (porquetulovales) perderá de novo a cabeza con declaracións sacando os pés fóra do testo, e todo será marabilloso... durante tres semanas.

0 comentarios: