Xa ten nome de chiste. Pero non é un chiste, é patética. Téñenlle tanto medo a Aznar que cada vez que este abre a boca, saen con toda a artillería a contestarlle como sexa.
Tranquilos ho! Que xa non é presidente nin cadidato (por certo, por decisión propia, e cumplindo promesas, vamos, como ZP).
Di Pajin, que é a conciencia de Rajoy e que di o que Mariano non se atreve. Pode ser. En moitas cousas ten mais razón que o propio Rajoy. O que pasa e que os toros dende a barreira son mais faciles de torear. Se non podemos preguntarllo ó propio González, que estos días criticou amargamente a decisión de ZP sobre Garoña, e tamen ten razón. Entre outras cousas porque o executivo desplazou centos de técnicos de seguridade nuclear alí durante un par de meses para que dictaminasen, e estos dixeron que podería seguir sin problema durante dez anos mais, pero como esto non encaixaba no que ZP quería facer, mais ben non quería mais lios despois de perder as eleccións de Galicia e europeas, decide que se cerra, ou mellor non, que a cerren os que ganen as próximas eleccións (que a este paso non será o PSOE, según os seus propios calculos e quítanse de encima o gran marrón). Así que como recoñece o propio ministro de industria, o inefable Sebastián, é unha decisión política, entonces, digo eu, para que coño mandamos a naide a facer un informe que costaría unha pasta, si xa tiñamos a decisión tomada, fagámolo e punto. Canto no gusta marear a perdiz.
Según Pajin, era unha promesa electoral, e programa é para cumplilo. E xa postos a cumplir o programa, porque non cumple a promesa do pleno empleo? A min valíame mellor. Ah! que ahora non se pode porque a circunstancias cambiaron? Pois xa cho explicou ben Felipe Gonzalez, si as circunstancias cambian, o programa ten que cambiar tamén ( e nesto FG era un especialista, recordade o de "OTAN de entrada no" je je, pero bueno "errare humano est") e si estamos nunha crise galopante, non creo que sexa momento de cerrar nucleares, por pouco que sexa un 1% da producción electrica nacional. Tamen son centos de empregos na zona. Si, xa sei que van facer un parador. Así un enxeñeiro técnico nuclear pódese reciclar en facer camas ou en poñer cafes a turistas (que por certo cada vez son menos, xa veremos as cifras reais a final de campaña). En resumen que Garoña é unha coña.
E pajin, pois eso Pajin, non ten outra cousa que facer que ocuparse de Aznar?, digo eu que terán mais que facer polo pais que ocuparse polo que foi presidente fai casi seis anos non? Fai uns poucos días tiveron por aqui a Trichet, que lles volveu a decir o mismo que machaconamente lles leva dicindo todo o mundo dende fai un ano, que si se quere reactivar a economía en España hai que recuperar a senda da competitividade con medidadas a corto, medio e largo plazo, e as de corto son as reformas urxentes do mercado laboral para flexibilizar os contratos xa, a descentralización da negociación colectiva, e a moderación salarial. A medio plazo a contención de gasto público, o descenso da deuda exterior, e a largo a mellora da educación, e da xusticia.
Pero esto a Pajin&company, como quen oe mexar unha vaca.
pajin
sábado, 4 de julio de 2009 | Publicado por layla en 18:26
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
De todo o que se comenta nesta entrada, e de moitas mais cousas que fixo, está a facer e facerá o actual goberno, eu saco en conclusión que o que realmente está a pasar é un claro exemplo de ignorancia e incultura (entendida como pouca formación e educación). Demóstrase que este goberno é un goberno duns poucos fanáticos, con máis cara que espalda, que dín ser progres a tope, antiderechistas, que son os primeiros en poñerse detrás dunha pancarta, que son guais e modernos, vamos. Uns chavalitos que sin eles mesmos creelo chegaron ó poder dun pais, e unha vez ali, velaí o problema, resulta que había que ter coñecementos e formación, e capacidades, e non só vale con berrar, e chamar facha e cacique, e rirse da xente. Non vale con ser tan guai.
Estes rapaces chegaron ó poder e ahora venlles grande. O tempo lles irá poñendo cada vez mais no seu sitio, que é o dos ignorantes.
O peor somos a xente, que seguimos indo á deriva pois ninguén goberna o timón.
Por certo, vexo moi pouca participación no blog. Parece que o Val do Ouro está paralizado políticamente falando. Veña xente, animádevos e comentade, que sempre é bo escoitar opinións.
Publicar un comentario