Empate

Estou recibindo varios correos animandome (reclamandome?) que fale das europeas, da campaña (campaña?) da victoria (victoria?) de quen?.
A ver, non escribin nada sobre da campaña das europeas porque a verdade non houbo nada que me motivase para escribir, porque non houbo tal campaña. Só, como xa se criticou sobradamente nos medios un monton de insultos cruzados, e a verdade, non me interesa o mais mínimo.
Tamén me parece que non ganou naide. Porque si o PP parece que non resultou afectado polos casos de corrupción alí onde presuntamente se prouduciron (Madrid e Valencia) a crise galopante si que debera darlle unha marxe moito mais amplia no resto do pais, e esto non se deu. Está claro que onde teñen líderes medianamente creibles, sacan votos, onde non, pois non. Así que non hai un gañador demasiado claro.
Evidentemente emerxen figuras impagables, como a Pajin esta, con aire de veciña desaliñada de unha (ou varias) duchas atrasadas cubríndose de gloria facendo declaracións hilarantes sobre o líder planetario e decindo que os resultados os enchen de esperanza. De esperanza? Aguirre supoño.
En canto ó Bloque, pois bueno, o esperado en periodo de reconversion. Xa se verá en que queda cando se recompoñan.

0 comentarios: