Din que o sentido común é o menos común dos sentidos, e dende logo non lles falta moita razón.
Esto ven a colación do dichoso Falcon, o avión que usa o presi para ir os mitines do seu partido. Están ahora os partidos do goberno e oposición á greña sobre si se debe ou non se debe, si a lexislación o ampara ou non o ampara, si un se levanta presidente e se deita presidente ou si a aboa fuma. Para a miña humilde (humildísima en realidade) opinión a cousa é moito mais sinxela. O sentido común (o meu ) di que non.
Porque ZP é presidente de España e dos españois, e os estado e os españois poñemoslle uns medios á súa disposición para que poda facer a súa labor sin ningún problema para resolver os problemas do estado e dos españois. Punto. É así de sinxelo.
A partir de aquí son xogos malabares de políticos, de si pero... de é que no caso de que... no caso colateral de que a continxencia tal... si subliminalmente obviamos a xurisprudencia aplicable ó xefe do estado en...
Trapalladas.
A única realidade é que o xefe do estado está utilizando medios do estado con fines particulares (para si ou para o seu partido) que nada teñen que ver co ben común do estado ou dos españois. E xa está. O resto non deixa de ser palabrería baleira de políticos. É xusto que o presi dispoña de un avión do exército para estar en donde queira moito mais rápido que o xefe a oposición? esto é xogo limpo? Dame a min que non. Pero bueno. Esto debe de ser así, por suposto en óptica equilibrada socialista.
Por certo, aumentaron as axudas ó cine. Je je. Eran poucas. Hai que axudar a unha industria onde hai tantos traballadores que cobran o soldo mínimo, e non chegan a fin de mes, non vaia a ser que a Bardem non poda pagar a hipoteca...
O dito, sentido común. Mentras hai paro a espuertas, os cartos non chegan, o mar está na ruina, o transporte parado, a construcción paralizada, o PIB baixo mínimos, o presi anda de mitin en mitin nun reactor e destinamos 8.6 millons de euros mais ó cine, debe ser o cambio de modelo productivo, vamos deixar de facer coches e casas, ou o que sexa, imos ser todos comediantes. Dende logo é o que se leva nas altas esferas de este pais.
Desde esde punto de vista si que ten sentido.
Sentidiño
sábado, 30 de mayo de 2009 | Publicado por layla en 10:21
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Equivocaste laya. De comediantes nada... son artistas, creadores, membros do séptimo arte, son un ente superior, son aplacadores de tristezas e pesimismos e azuzadores da alegría, da paz, da xustiza...Ven deitamos dos nosos artistas para saír adiante con esta crise!!!. De ahí ese aumento do presuposto!
..........
..........
Veña oh, deixemonos de lerias! Ninguén creo o que acabo de escribir!! Pois ahí está o feito, que ninguén, sexa da cor que sexa, cree tal afirmación. Por iso carece de sentido, como ben di layla. So hai que aplicar o sentido común para ver que nos están a chulear!! E a xente (eu quero creer eso) non é parva!!
Con respecto o do Falcon, o que dá mais pena e que se escuden na boda da filla de Aznar. Si aquelo foi unha tomadura de pelo (parecía unha reina a rapaza), estes do PSOE escúdanse en que si Aznar o fixo, agora o PP debe calar. Señores, en primeiro lugar, Aznar é Aznar, Rajoy e Rajoy, ZP e ZP, e o PP e o PP. Para escudarnos nos nosos erros non hai porque igualarse a quen o fixo mal. Aznar fixoo mal e o actual representante dos comediantes tamén o está a facer rematadamente mal. Pero esto non é aproveitarse da situación, non! Ja, e vou eu e creomo.
Publicar un comentario