habemus novo folleto!!

Alegría. Por fin, oito meses mais tarde do ultimo temos novo folleto de Alfoz Socialista, e confirmase a línea mais moderada que xa levaban no anterior número, polo cal volvemos a felicitalos cordialmente. Así que imos botarlle un vistazo, en entregas, que estamos en vacacións. Hoxe, a páxina 1:
Ben, a xa tradicional crítica ó alcalde polo soldo, como é a única crítica nas catro páxinas, damos por ben feito o resto do seu traballo. Enhoraboa entón ó Sr. Alcalde.
Tamén anuncian xuntanzas polas parroquias, esto está ben. A ver si son para acadar información sobre os problemas que poidan ter os veciños parar tratar de amañalos, non para utilizalos como arma arroxadiza contra o concello. Ou para intoxicar, que pode ser... ainda que son algo mal pensado. Seguramente será para o outro.
E o plato forte da páxina é o PlanE. Din que é o plan Zapatero (por si se lle esquece a alguén). E di que nos dan 380.000€. Ou sexa que ZP nos da 63kg. das de antes.
Convén aclarar que non nos da nada, que esos cartos saen dos nosos impostos, e que non son do partido socialista, son nósos, o goberno só os administra, anque bastante mal. E resulta que ahora é bo, según evidentemente di o PSOE local (que van decir si non?).
Pois será, pero o IEE (instituto de estudios económicos), o diario The Economist, e un sinfín de expertos en economía e finanzas, pensa que é un dilapidar o erario público, xa que non xenera empleo si non que só sirve de pequeno (e extremadamente caro) parche. Pero non fai falta irnos a buscar referencias mui sesudas, basta con botar un vistazo ás cifras do paro, e recordar as promesas de ZP sobre o que este plan ía a conseguir, e dende a súa aplicación ainda perdimos moitos mais traballos que antes e o noso diferencial con Europa é vergonzante (para quen a teña).
Nesta línea de investigación, o PSOE local asegura que os 27 traballadores que realizaron obras en Alfoz están traballando gracias a esto. Porque si non, evidentemente estarían no paro, esto xa o saben os candidatos do PSOE, supoño que usarán as mesmas avanzadas ferramentas que usaban no anterior número para saber que os colectivos extranxeiros do Alfoz votan maioritariamente a ZP.
E no último párrafo din que o equipo de goberno non lle preocupa que desas 27 persoas que están a traballar nas obras do concello ningunha é de Alfoz. Eu non sei si lles preocupa ou non, pero ¿Qué exactamente está a propoñer a oposición? ¿Quere facer algún tipo de discriminación ás empresas que non teñan traballadores de Alfoz?, ¿Queren mais cuotas? Esto casi quere decir que si unha empresa non ten traballadores de Alfoz negámoslle o dereito a facer obras aquí. Puro nazismo.
Definitivamente están perdendo a olla.

0 comentarios: