folletus paxina 2

Esta é moi boa. Da mesma maneira que o hábito non fai ó monxe, o ter mestre na lista non vos da razón en temas de educación. Cos gobernos socialistas sempre se baixou o rendemento académico dos nosos estudantes (será porque pensan que si Aido, Maleni, Pepiño... chegaron a ministros, para qué estudiar), eso está requetedemostrado, e esto é así por ese pertinaz intento de inculcar a todos os rapaces a cultura do non-esforzo, a de tu tranki que si non aprobas cinco, pasas igual de curso, a de ter rapaces de dezaseis anos que non queren estudar recluidos en aulas á forza molestando a profesores e compañeiros. Xa falamos en outras ocasións da educación, e como fomos baixando inexorablemente na lista tanto Pisa como na da OCDE.
Non creo que os pais queiramos para os nosos fillos libros gratis (salvo casos de rentas moi baixas, que o necesitan) o que queremos é educación de calidade. Non me dían ustedes o chocolate do loro, para que logo teña que pagar clases particulares de Inglés si quero que o meu fillo sepa algo, ou ter que envialo a clases específicas do que non se da correctamente nos colexios públicos.
Dise que a xunta está a restrinxir gastos, pois claro!! Haberá que tapar os furados que deixou a administración do bipartito na Xunta, e como sempre, ese traballo téno que facer que quere, sabe e pode. Uns valen para desvalixar e outros para volver a encher a caixa. Seguimos sendo campions mundiales en gastar o que non temos, pero eso non importa, porque podemos seguir endeudandonos ata o infinito, e si lle facemos caso á ministra Salgado, un pouco mais aló.
Como sempre, calquera medida levada a cabo por un goberno do PP é insolidaria, inxusta e parcial, que cada traballador pague 355€ mais de IRPF dende que goberna o PSOE non, está claro que é moito mais solidario, porque o pagan todos. Hai que jod..se.
En lugar de demandar libros de texto gratis, que ahora está claro que o forno non está para bolos na caixa estatal, por qué non se mira de reformar o sistema educativo para conseguir algo mais de motivación nos alumnos e profesores? Por qué non intentamos sacar algo mais do que xa temos? Eso sí seria aprecio polo colectivo. Por qué non intentamos fortalecer a autoridade dos profesores, abatida por unha lexislación totalmente laxa á hora de regular os castigos ós rebeldes e ós que non deixan estudar ós compañeiros? Eso sería respeto.
Cando eu estudaba recomendaban subraiar os textos interesantes para reforzar o aprendizaxe, esto cambiou? Porque non sei como se fai con un libro en préstamo. Eso si, mais ecolóxico é.
En resumen, que como os libros non son gratis, o PP esta suprimindo o dereito a unha educación pública de calidade, universal e gratuito. Casi nada!! e de unha soa tacada!!

0 comentarios: