ATENCIÓN, TOSTÓN IMPORTANTE.... non está nos comentarios á entrada principal, que é a do circuito porque non cabe...
«Queremos demostrar á xente do concello que as nosas promesas non son só iso, senón que son compromisos serios cos veciños. Se a xente do BNG de Alfoz nos compromemos en algo é porque o podemos conseguir»«fai que vexamos cumprida a nosa promesa feita ao clube de motocross Enduouro. Eu mesmo me comprometín con eles en que ían posuir un circuito e xa temos en marcha o único circuito de motocross da comarca da Mariña, polo que estamos moi satisfeitos».
Son palabras de Marrube en medios escritos da zona falando do circuito. (Progreso e Voz de Galicia). Hai mais declaracións neste sentido, pero quedámonos con estas, por non aburrir. Esta claro que se fala de "compromiso" e de "promesas". Non son eu quen lle levo a contraria ó candidato. Non pretendo tampouco convencerte, porque tu, ou sabes perfectamente como foi o tema e polo tanto sabes quen non minto, ou non o sabes nada de nada, e tratas de defender a quen pensas que che axudou. Pero pensa unha cousa, para tratar de defender a alguén non debe facer falta atacar a outros, e pensa que pasaría si un día te estiveras afogando, quen queres que te veña salvar?, un que sepa nadar ou un que non sepa o que está facendo e te mande mais axiña para o fondo?. Eu polo menos teño claro, por mui boa intención que teña, si non sabe o que está a facer, que se quede na beira.
E esto lévame ó segundo punto, non quería, pero como me acusas de mentir, non me queda mais remedio, e vouno poñer en miúsculas como fas ti, para que che quede claro, NON TEDES OS PERMISOS NECESARIOS PARA ESA OBRA, porque, facendo gala de poucos coñecementos, dices que está autorizado pola xunta, debes saber, que para proceder ó movemento de terras en zona rural, como é o caso, debes facer un proxecto visado por un técnico autorizado, presentalo no concello que tramitará esta petición á xunta, quen da o visto bon ou non, para que en última instancia che día a licencia o Concello. Polo menos é asi para o resto dos mortais, non sei si para o Moto-clube se fixo algún tipo de maniobra distinta que á que temos que facer o resto dos veciños para proceder con unha obra de ese tipo. Si é así, por favor, infórmanos de como se fai, para que o resto dos contribuintes poidamos gozar tamén do favor das administracións para saltarnos á torera todos o trámites legais. Así que amigo moncho, estades á merced de que un veciño vos denuncie, por eso che decía antes o de un xuiz, pero eres tan insistente que non me queda mais remedio que poñelo aqui para que se entere todo o mundo. A eso me refiro cando digo que se involucra un clube e tal, non digo quen foi buscar a quen, solo que se fixo unha xestión mal feita que pode ter repercusións negativas (ojalá non) para o motoclube, e se bota merda enriba de quen che dixo dende o principio que esa obran non se podía facer así, que necesitaba uns permisos e unhos proxectos que non había. Ahora que o teu presidente, está tratando có concello de legalizar a obra, sabe mellor de que vai o tema, e non creo que alí lle estean poñendo problemas, pero os trámites son os que son (anque non se saia nos periódicos falando).
En canto á distancia do circuito, pois bueno moncho, creo que estás errado, e anque non entendo nada de motos, si vas a esta dirección
(http://fedemoto.net/ImgFCK/file/2009/MOTOCROSSELITE/Reglamentos/REGLAMENTOS%20MX%202009(1).pdf) verás o reglamento nacional de motocross, onde se especifica que o circuito ten que ter como mínimo 1500 m, creía que o reglamento galego o rebaixaba ata os 1200m. pero non estaba seguro, de todas formas podía rebaixalo ata 1000 e seguiría sendo o doble do que ten o de Alfoz, que como
moito, ten 500 m. Si tu dices que faltan 200m. quere decir que a Federación Galega homologa circuitos de 700m, menos da metade que o nacional. Pode ser...... pero non é: Artigo 039.2.2. Longitud.
"El recorrido no debe ser inferior a 1,50 km. ni superior a 1,75 km. Esta medida será tomada a lo largo de una línea central de la pista." Esto é o que di a normativa da FGM, así que teño que darche a razón, é mentira que o circuito teña a mitade dos metros necesarios, en realidade ten a terceira parte, e non che faltan 200m. faltan órredor de mil. Outra cousa é o supercross, que debe ter entre 400 e 600 metros. Ahí si que podería encaixar.
Hai algunha cousa que si que dices ben, non teño idea de quen financiou a obra, é certo, porque como veciño de a pé que son, non teño acceso a certo tipo de información, solo sei o que poido leer nos medios ("El club de Motocrós Enduouro, que preside Roberto Prieto, es el encargado de gestionar este circuito, que fue creado al amparo de un convenio con la Diputación. La entidad provincial aportó 30.000 euros para la primera fase de los trabajos (movimiento y acondicionamiento de tierras y cierre de la superficie en la que se celebrarán las competiciones)" La Voz. Fecha de publicación: 6/7/2009 ) e o que oigo a algún protagonista, e polo tanto solo sei que provén dun convenio coa Deputación, o que non sei e quen pode autorizar esa subvención para unha obra que non ten permisos. Así que si tu dices que non houbo donación... pero Antonio Veiga, responsable de deportes de Deputación, inaugura o circuito... e se publica que este organismo destina 30.000€ para movemento de terras e cierre de instalacións... que vos fixeron?, un préstamo?. Chámalle como queiras, son cartos públicos que teñen que estar regulados. E preocúpame como cidadán contribuinte de este pais, que é o que se fai cos cartos da administración que sae dos meus (nosos ) impostos. O mismo que caso Gürtel o os mais recentes de Maiorca. Nada mais. Non lle busques tres pés ó gato, e pensa que ti ahora estás queimado porque a xente pregunta de onde viñeron os cartos, pero si fóse para unha pista de squash (por exemplo), para un clube privado de Alfoz, tamén te estarías facendo estas preguntas, non se pode apartar a vista cando a auga corre para o teu prado, e despois reclamar cando vai para prado de outro, os cartos públicos deben estar dispostos con transparencia e máximo criterio, para evitar agravios.
Está claro, pois, que había promesa e compromiso por parte do BNG, e ese compromiso estaba cifrado en pasta, en moita pasta, porque con esa pasta íase a facer un circuito do doble de distancia que se fixo, pero a pasta solo foron 5kg. das de antes, e a obra foi menor. Si non, cómo vos íbades a meter en semellante obra con 40 socios? Ibades a repartir miles de euros a pagar cada un? Claro que vos prometeron a pasta, por eso vos comprometesdes coa federación galega de motociclismo a facer unha carreira de cross oficial e pagastedes a fianza, esa fianza que ahora que houbo que suspender a carreira, non vos queren devolver como di o regulamento (http://www.fgmoto.org/normal.asp?pageid=125) e vos dan como alternativa facer unha carreira de supercross a final de temporada.
En canto a si Marrube e Veiga son amigos ou non, non o sei, si leíche os comentarios anteriores verás que digo que é unha suposición sin fundamento o barruntar que quere aspirar a mais no seu partido, xa que non coñezo as súas aspiracións políticas, simplemente se trata de unha entelequia que surxe a partir das súas declaracións en contra dar rexional do BNG, pero nada mais. Si que sei que foron na mesma candidatura, e que resultou gañadora, pero sabes si levaba o posto en esa cadidatura que quería ou era inferior? Insisto en eu non o sei, simplemente conxeturo a partir das declaracións que pon no seu Blog.
Despois de este ladrillazo, que non creo que lea naide, solo quero deixar claro que non teño nada en contra de Ivan, ó que considero un bon rapaz, solo critico unha acción política que me parece equivocada, e sobre todo, o feito de sair nos medios a sacar peito por un pestiño semellante. Parece que ahora a política é esto, facer moito ruido, salir moito na prensa a decir "nosoutros fixemos" "os outros non fan nada", lanzar acusacións infundadas sin ningún recato nin responsabilidade, meter as mans no erario público sin vergoña algunha, facer gala dunha incultura atroz (ex. "miembras", "antes partía que doblá"...), etc, e sinceramente, os votantes estamos aburridos de esta clase política, creemos que se pode facer mais e falar menos, que se poden aparcar os intereses dos partidos polo ben dos intereses dos veciños, e que xa estamos cheos de ver a nivel nacional o vergonzosa que é a ralea dos nosos políticos para que tamén a nivel local teñamos que ver este tipo de prácticas, (esto evidentemente non se refire concretamente a Marrube).
Así que xa ves, amigo moncho, que mentiras, non moitas, de todas formas creo que xa quedou clara a túa opinión a nivel de socio do Enduouro (porque que eu sepa non hai ningún moncho na directiva, polo que entendo que non falas en nome do moto-clube) e mais a miña, e creo que podemos dar por cerrado este tema, mais que nada porque se pode convertir nun pin-pan-pun que a verdade, abúrreme bastante, porque non aporta nada novo. Xa expresamos cada un o seu punto de vista e ahora, que cada quen que saque as súas propias conclusións. Por suposto, si queres aportar algo novo ou distinto, cando queiras, serás sempre benvido.
resposta a "moncho"
martes, 11 de agosto de 2009 | Publicado por layla en 15:45
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Boas,
Cambia bastante este artigo do anterior, o anterior era un ataque directo a persoa que más nos axudou,e si criticas a súas declaracción tiñas que escoitar o discursiño que leu o alcalde na inaguración haber que opinabas.
AHORA VOUCHE EXPLICAR:
MARRUBE COMPROMETEUSE, CLARO QUE SI PERO FUMOS NOS OS QUE FUMOS ONDA EL PEDIRLLE AXUDA E O COMPROMISO DEL FOI POSTERIOR.
A OBRA FIXOSE CON UN CONVENIO ENTRE A DIPUTACIÓN E O CLUBE, E UNHA FORMULA NA QUE A DIPUTACIÓN SUBVENCIÓNA OS FONDOS PERO É A ENTIDADE COA QUE FIRMA O CONVENIO QUEN TEN QUE XESTIONAR A TOTALIDADE DA OBRA, PERMISOS ETC, FOMOS NOS OS QUE NOS COMPROMETIMOS A QUE SI NOS DABAN O DIÑEIRO CONSEGUIRIAMOS E FARIAMOS O RESTO, POR AHORA SO FALTA O NOSO, O BNG CUMPRIU CO SEU COMPROMISO, RESPECTO A DISTANCIA DO CIRCUITO NON SEI SE TI O MEDICHE PERO NOS SI E REPITO NON CHEGA OS 300 ADISTANCIA QUE FALTA E FOI SO UN ERRO NOSO QUE SE CORREXIRA EN BREVE.
RESPECTO OS PERMISOS A XUNTA SERA QUEN TERA QUE DICIR SI E CORRECTO OU NON EU O QUE SEI E QUE TEMOS UN PERMISO DA XUNTA QUE TEN INTERVIDOS ESES TERREOS QUE ESTAN EN CONCENTRACIÓN PARA FACER MOVEMENTO DE TERRAS.
ESTA E A REALIDADE, CAMBIA BASTANTE DO PRIMEIRO QUE TI PUBLICACHE EN CONTRA DE IVAN, CANDO NINGUEN NOS FIXO CASO EL SI E CON NOS EL CUMPRIU O SEU COMPROMISO.
Eres mui pesado:
Non cambia para nada do primeiro, relee e verás.
-Repito (outra vez) que non me importa quen foi buscar a quen, houbo un compromiso inicial de moita pasta (por encima dos 50 millons das de antes) que despois foi de 60.000€ e ahora de 30.000€.
Por suposto que non medin o circuito, dixen que como moito tería 500m. Si dices que ten 300m. pois vale, enton ainda é mais a diferencia, pero non ma intentes colar pasando un circuito de supercross por un de motocross.
-É a primeira subvención que vexo que se da por adiantado, normalmente as que coñezo danse sobre obra acabada unha vez verificados o estricto cumplimento do proxecto, sobre o cal se da a subvención. Esta insisto que se da sin proxecto e por adantoado. Cosas veredes Sancho...
-Non vou insistir mais co tema dos permisos, porque a lei é a que é, non a que queiras tu.
E repito por enésima vez, é mesmo discurso que o anterior, non podo decir o mesmo do teu:
-ahora xa admites que había compromiso cando antes dicías que non.
-recoñeces que faltan o doble de metros para o circuito de motocross
-sigues terqueando coa licencia, pero bueno eso é problema teu e de que no sabes mais. A túa directiva está intentando legalizar o circuito co concello, non sei porque non falas con eles para que non perdan mais o tempo.
E repito por ultima vez que para min este tema está zanxado, si queres seguir, sigue, pero tu solo.
PERO MOI MENTIROSO E PARCIAL ERES, DESDE LOGO CLARO QUE ENORMAL QUE NINGUEN LEA O BLOG XA NON SEI COMO FUN TAN TONTO COMO PARA METERME NEL.
E HABER SE APRENDES A LER QUE O QUE DIGO DA DISTANCIA E QUE NIN CHEGA A 300 M A DISTANCIA QUE LLE FALTA PARA SER REGLAMENTARIO, E DICIR QUE TAN SO PRECISA UNS 230 METROS A MAIORES DO EXISTENTE.
layla dixit:
"o circuito quedouse en corto-circuito, así que xa non pode ser de motocross e de oficial nada xa que ten a mitade do recorrido que precisa"
moncho dixit:
"NON TEN A METADE DE DISTANCIA DA NECESARIA, FALTANLLE APROX.200 METROS"
layla dixit:
"Artigo 039.2.2. Longitud.
"El recorrido no debe ser inferior a 1,50 km. ni superior a 1,75 km. Esta medida será tomada a lo largo de una línea central de la pista." Esto é o que di a normativa da FGM, así que teño que darche a razón, é mentira que o circuito teña a mitade dos metros necesarios, en realidade ten a terceira parte, e non che faltan 200m. faltan órredor de mil"
moncho dixit:
"NON SEI SE TI O MEDICHE PERO NOS SI E REPITO NON CHEGA OS 300 "
Como din nas películas, non teño mais comentarios.
Por certo, este blog non se fai polo número de lectores que ten (que por certo non pasan de 15 diarios), si non pola calidade dos mesmos, así que si este sr. moncho dexa de leelo non será unha gran perda, subiremos a media.
despois de ler e reler todas as entradas tanto de layla coma de Moncho, quixera dar a miña humilde opinión o respecto.
1. Moncho, sempre é bo oir o resto de opinións, a favor ou en contra do que pensamos, polo que sempre é bo oir o que comentas e que participes, ainda que a veces leas cousas que non che gustan. E, como se deixou ben claro por ambas partes (tua e de layla) aquí non se está a defender a ningun partido político e a criticar a ninguén personalmente. Estanse a dar opinións persoais o maís obxectivas posibles. Por iíso deixemonos de PP, BNG, Iván, Emilio, etc.
2. A realidade é que por moito que digamos, hai que seguir uns pasos oficiais e establecidos en todo tipo de obras, e neste caso non se seguiron. Un movemento de terras é obra e coma tal necesita PROXECTO. Toda obra sexa da naturaleza que sexa, necesita PROXECTO. E punto. Fora de este requisito inicial obligatorio, todo semella xa algo raro e cun tufo a triquimaña. Faiga quen o faiga.
3. Co da distancia. Imaxina que queres facer a nivel particular unha piscina olímpica (50 m de lonxitude). E igual que teña 29 que 49.90, se falta un só mm xa non é olímpica. Co circuito, o mesmo. Se falta só 1 m de distancia para que non sexa oficial, eche unha boa trapallada o que se fixo. E é unha trapallada obxectiva, sin ánimo de criticar a ninguén nin a ningún partido. É unha trapallada a secas.
4. Cando se fala do Sr.Iván, eu creo (repito, na miña humilde opínión) que, ainda que traballara moito (descoñeco o que fixo ou non fixo por completo, creedeme), que se movera arriba e abaixo, non se pode estar a sair no periódico cada dous por tres botándose flores, e, neste caso, con afirmacións que polo menos son DUDOSAS. E isto é unha opiniòn da súa accion política. Para nada quero entrar a xulgar a súa persona. E esta actuación de sair no periódico chufándose e chufándo ó seu partido, polo menos e fea e de pouca clase política e social. Como se soe decir, fai e cala. Pero quen moito fala e que o mellor non fae tanto como dí. E repito, ainda que fixera moito para conseguir o circuito, non me parecen unhas actuacions mui correctas. E nesto de errar nas súas declaracións, se sacamos de hemeroteca, este Sr. ten experiencia.
5. Creo que tanto layla, coma moncho, coma Iván e coma eu queremos que todo esto saia ben, que o circuito sexa oficial, que o motoclube saia reforzado, que haxa probas importantes en Alfoz. Eso non quita de saber, conocer e investigar para que saia a relucir sempre a VERDADE das cousas.
Publicar un comentario