fórmula maxistral

Pois si, parece que por fin o goberno deu coa formula maxistral. Subir os impostos ós ricos para enxugar a deuda descomunal que temos acumulada por non saber facer os deberes.
Resulta que subir o iva en dous puntos, solo afecta ós ricos (¿?) xa que os pobres como consumen menos pois pagarán menos... (bárbaro!) e volvemos atrais os 400€ de devolución do IRPF (si, anque se devolvían a todos, os mais beneficiados, según ZP eran os das rentas mais baixas, ahora que non se devolven os mais perxudicados son.... os ricos. Tremendo). Sin embargo os ricos, os ricos de verdade teñen os cartos en SICAVS, que tributan ó 1%, o que debe ser mui solidario, porque esto non se toca.
Os que non temos 2.400.000 € non podemos acceder a ditas sicavs así que hai que darnos un pouco de leña, vía impostos directos, indirectos, multas e revisións catastrais. Porque as multas, mal que nos pese son outro tipo de imposto, xa se está aumentando a presión nos concellos e en facenda de modo alarmante para recaudar o que se poda. E o mesmo co catastro (estos dias ós veciños do noso concello estanlles chovendo requerimentos para legalizar casetos hasta de pozos!!) eso si, pasando por caixa. Pero esto según Pajín, non ten importancia ningunha, e insiste incansable (pero sin argumentos) que todo vai ben e que os do PP son uns agoreros (ós do PP tería que sumarlles os da OCDE, Comisión europea, Banco Central Europeo, Trichet, The Economist, e todos/as economistas non adscritos ó clan da cexa) Con ese tipo de discurso casi me recorda a Groucho Marx cando decía aquelo de: "A quién va creer usted... a mi o a sus propios ojos?"
Entre tanto, temos preparado o presuposto do ano que ven. O cadro maroeconómico (o que estuda o comportamento global da nación) é tan dos mundos de yupi, que hasta o encargado de esa area, Alvaro San Martin, dimiteu fai duas semanas.
Según esta previsión o consumo privado (que están nun -5.9%) vai ser dun -0.4% en 2010. Ou sexa, co que está caendo (5 millóns de parados a final de ano, salarios conxelados, presión fiscal en aumento, subida da luz como non se recorda...) o consumo privado vaise recuperar nun 5%. Acojonante... Tamén ten outras brillantes deduccións como que o PIB so vai caer o 0.3%, mentras as cifas oficiales a Xuño deste ano xa eran do -4.2% (eso as oficiales, porque as independentes cifrano no doble).
Baste ver que o indice de producción industrial de Xullo, caeu en España nun 17%, mentras que en Europa, medrou un 2%. Efectivamente para estos o peor xa pasou, e pasou coa mitade do paro que aquí, e con Merkel gañando e prometendo reducir o gasto do estado, reducir os impostos e aumentar a moratoria nuclear. Igualiño igualiño que ZP.
Así nos vai.

0 comentarios: