Como comentaba no anterior post, Solbes marchou. Continúa a sangría na compañía de ZP, e non me extraña, xa que naide se cree o da "folla de ruta" que comenta Pajin. E non é que non crean no destino marcado polo presidente como fin das súas medidas, é que directamente non creen que exista tal folla de ruta, non creen que exista unha estratexia a seguir, e todo o mundo se está dando conta de que esto é un puro improvisar, ocurrencia tras ocurrencia para seguir sacando coellos da chisteira como si as arcas públicas non tiveran fondo.
Unha destas ocurrencias é o de subir os impostos para manter o benestar social. Para esto, o prestidixitador recurre ó argumento da solidaridade. E claro, quen se vai opoñer a esta medida e ser tachado de insolidario? O PP, por exemplo non, e caeu na trampa, na especialidade do partido socialista, vender fume. Levan criticando o gasto do goberno dous anos, pero cando chega a hora da verdade son incapaces de expoñer os seus argumentos e opoñerse a unha medida claramente populista e infaccionista. Unha medida que ten como único obxetivo anestesiar ós parados. En ese sentido ten mais arredaños Rosa Diez, non lle importa chamarlle ás cousas polo seu nome.
Porque esta é a típica medida socialista, de crear dependentes do estado, unha inxente cantidade de "sopaboberos" que son unha fonte de votos inmensa, e que funciona mui ben como xa vimos comprobando en Andalucía. Esto non é nin mais nin menos que o escalamento do PER a nivel nacional.
Habería que recordarlle ó sr. presidente, que os españois xa demostraron ter unha boa dosis de xenerosidade e solidaridade nos ultimos anos, cando elexiron doar euros (dos que ahora non hai) a todo tipo de asociacións e ONG´s, sendo unha das nacións mais colaborativas con estas organizacións. Pero a solidaridade ten que ser elexida, non obligatoria a golpe de lei de impostos, si me obligas, que remedio me queda mais que ser xeneroso?
Pois eu, concretamente, estou totalmente en contra de darlle a pasta que tanto traballo costa gañar a un señor que demostrou ser claramente incapaz de sacar a este pais adiante, que foi capaz de convertir un superávit dun 2% en un déficit dun 10% en só un ano, sin que esto servise para contér o paro que posiblemente chegue ó 20% a finais deste ano. Todo para que monte un tinglado de parados dependentes do estado e pobres, porque con 400 €/mes en este pais, eres pobre.
Xa o decía o sabio, non lle dies peixe a un famento, dalle unha caña e enséñalle a pescar. Pois eso, sr. presidente, díanos cañas en forma de maior competitvidade, infrestructuras, educación, xusticia, marco laboral moderno e europeo, baixe o deficit corrente, evite a sangría dos funcionarios, desfaigase das ataduras dos sindicatos, e deixese de sopas bobas.
solidaridade si ou si.
sábado, 19 de septiembre de 2009 | Publicado por layla en 12:15
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
¿Estas escribindo este articulo en horario laboral?,¿Eres funcionario/a do concello de Alfoz? ¿Isto e o que facedes cando estades traballando LIBERALES? Dentro dun ano e medio estaredes fora 80 o por cento dese traballo seudo funcionaral politico que tedes ai por que vos vamos botar para fora.
Tedes pouca democracia neste blog, censurades o contido antes de publicalo ja ja ja.
por suposto que se moderan os comentarios, pero non por censura política, porque todos os que se enviaron hasta ahora foron publicados, xa que non insultaban nin agredían a naide.
Ti xa viñas coa gana de chinchar, protestas por que non se che publica, dous minutos mais tarde de envialo. En fin.
Con respecto a si escribo en horario laboral ou non... hai que ser parvo para pensar, despois do que levo escrito dos funcionarios, que poidera ser funcionario. Pero bueno, todo pode ser...
Eu non sei quen eres ti, pero si fas limpa de personal non útil no concello, terás a miña felicitación. Desgraciadamente primeiro hai que gañar as eleccións. E despois hai que facelo, normalmente o que se fai e meter os amiguiños de turno e acumulalos xunto os que xa estaban, pero pode que o teu caso sexa diferente, dende logo xa partes con un obxetivo mui claro, botar ó 80%, esta cifra supoño que sae dun estudo pormenorizado do que fai cada un e si fai falla ou non, non creo que sexa por puro revanchismo político. Non o creo porque presumes de demócrata.
Publicar un comentario