Sempre e cando entendamos por intelectuais, á xente que sabe de algo, non ós estomagos agradecidos da cexa. Intelectuais son según a RAE: "Dedicado preferentemente al cultivo de las ciencias y las letras", evidentemente a Sra. Bardem, Almodovar e demais non entran nesta definición, entre outras cousas porque si entraran, estarían excluidos de dar opinión porque son claramente opinións compradas. xa que un de cada dous euros gastados no cine español, vén dos impostos, recibiron 85 M€ e recaudaron 77 M€, é decir a subvención é netamente superior á recaudación!!! Ante este panorama, Marisa Paredes, explica que a falta de xente á proxección de cine espñol ven do apoio ó "No a la guerra" ó lado de ZP, é decir, a xente non vai ó cine porque non lle gustou que se alinearan políticamente en público. Autocrítica cero.
Pois ben sra. Paredes, a xente non vai ó cine a ver as películas patrias, porque non lle gustan a naide. Punto. Cando hai unha boa película española, que conecta cos gustos do español medio (Tesis, Los Otros, Alatriste, Mar Adentro, Mortadelo e Filemón, a saga Torrente ou Los Crímenes de Oxford) este acude en tropel a velas. Non van a ver revisións pseudohistóricas da guerra civil, trangalladas de casposa intelectualidade, ou simplemente produccións feitas Ad Hoc para a subvención. E non é por falta de profesionais, non hai mais que ver como as series da tele, ben feitas, conectando co público, e sobre todo sin sangrado de diñeiro público, funcionan ás mil maravillas (non é o mismo xogarse os cartos propios que chupar da teta do da cexa, que pagamos o resto).
E tamén convén explicarlle a Sra. Paredes que, efectivamente, non convén alinearse políticamente tan claramente, cando o teu caldo depende dun negocio, que vende a todos por igual, socialistas, peperos, bloqueros, izquierdistas, etc. Pero claro eles non viven dun negocio, viven dunha subvención ( e ben ).
Quen si é intelectual, por exemplo, é Gregorio Peces Barba (catedrático de Filosofía del Derecho na Universidade Carlos III de Madrid) aparte de socialista de pro, e mándalle un bo viaxe ó presidente no seu artigo "Un compendio de errores y desatinos" polo tema da lei do aborto e da constitucionalidade do estatuto catalán, so dous extractos: "En la preferencia del presidente del Gobierno de la juventud sobre la experiencia, está quizás el error más de fondo que ha podido propiciar estos lodos. Exilios externos como los de Jáuregui o López Aguilar, o internos como el de Jesús Quijano o Caldera, tienen sin duda mucho que ver con la bisoñez con la que se toman algunas decisiones." "valoraciones muy desacertadas e inexactas del ministro de Justicia, que me gustaría atribuir más a despiste que a ignorancia, casi imposible en un profesor de Derecho Constitucional como Francisco Caamaño". Duas perlas cargadas de amor.
Tamén é un intelectual Ol gurú da progresia europea, O francés Alain Minc: “España estaría mejor si Felipe González ocupase la Moncloa”. (expansión, 02/09/09). Casi nada. Como aparte de socialista moderado e ideólogo da esquerda francesa, é un eminente economista, que asesora a grandes multinacionales, pódese escoitar cando di: "mi sensación es que Zapatero es reactivo, pero ha actuado sin estrategia durante la crisis", "se ha dejado de lado el esfuerzo de productividad". Outro enamorado.
Tamén o outrora noivo do socialismo, o sr. Cebrián atiza duro,"Una de las señas de identidad del franquismo que parecen no haber periclitado todavía es la tendencia natural en aquella época a dictar decretos","La ideología no es ninguna frontera para la incompetencia. Tampoco para la corrupción. La sospecha de que la verdadera urgencia para la aprobación del decreto ley es favorecer los intereses de una empresa cuyos propietarios están ligados por lazos de amistad al poder". (El Pais, 21/08/09).
Non hai que olvidar os que se van sin facer ruido, David Vergara o David Taguas que se foron á empresa privada, como Jordi Sevilla, e a Pedro Solbes, pouco lle queda xa no escaño, será o seguinte e abandoar esta nave que vai ó garete sin remedio. Pero é ben sabido que o presi non quere xente válida, quere a quen diga que si a todo sin dudar, e que levante o puño con cerril confianza nos designios do líder, como Suso de Toro, Bibiana, Corbacho (que hoxe tamén admiteu que chegaremos o 20% de paro) ou Leire Pajín
Non deixa de ser significativo que a patronal se baixara do carro do concerto social, que non é mais que un teatrillo para que o goberno deixe de facer o seu traballo, Gobernar. A qué ven que se senten sindicatos e patronal, e o que decidan o aprobe o goberno? Como os patronos non queren aprobar nada sin un plan de ataque en aras de mellorar a productividade (o que reclaman todos os verdadeiros intelectuais da economía), pois o presidente ataca inmisericordemente a Diaz Ferrán ("no te olvides que yo soy el presidente"), acabouse o talante. E este fin de semana aparece disfrazado de sindicalista chocho, prometendo subir as pensións (esta semana sacarei unha lista das mentiras económicas do goberno), e subir os impostos "ós ricos". Infeliz. Os ricos de verdade (non os que gañan 24.000€ brutos/ano, que foi onde puxo a barreira) teñen os cartos en Sicavs, fondos de inversións que teñen unha barreira de entrada de un mínimo de 2.000.000€ e tributan ó, atención, 1%, pero a estes non se lles mete mau. Unha porque non hai valor, e outra porque seguramente moitos dos "coleguitas" da cexa teñen ahí os seus cartiños.
Neste senso, hoxe publica La Voz de Galicia, que os concellos están caninos, porque esperaban un descenso do 0.03% da recaudación, e están no 30%, así que a primeira medida é aumentar as multas un 200%, que ven a ser unha subida de impostos, sin ser subida, pero que vamos a pagar todiños os españois, sobre todo os da clase media, porque os outros levan chófer.

En fin. que se queda sólo, de compañía e demostrando que é a ineptitude feita presidente.
ZP quédase sin apoio intelectual.
lunes, 7 de septiembre de 2009 | Publicado por layla en 15:56
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario