"Que no se aprovechen de la crisis"

Ole os co**óns des esta xente.
A veces dame por pensar que todo esto non é real, que é algo onírico e que non está sucedendo na realidade, porque senón como é posible que os sindicatos saian a protestar á rúa contra as empresas (non contra a desastrosa política económica do goberno) e co lema de "que no se aprovechen de la crisis".
Claro, os empresarios, que poñen o seu capital en risco, están desexando pechar as súas empresas (este mes medrou nun 10% o número de empresas finiquitadas con respecto ó mesmo mes do ano pasado) e perder hasta a camisa, por suposto o seu obxetivo é desmontalas, botar a xente e irse a producir a paises mais baratos.
É posible que esto esté ó alcance de grandes empresas (telefónica, opel...) pero resulta que o 90% das empresas españolas son pemes o nin eso. ¿A donde van a ir? O electricista do pueblo, vai botar a xente que ten para traer rumanos? Ou é que si ten seis empregados e ahora só ten traballo para catro, ten que manter os seis ata que se arruine a empresa e despois non haxa traballo para ningún?
Por suposto a crise e culpa da empresa. En esto están dacordo os artistas da cexa e os sindicatos. Saen xuntos á manifestación. Claro, teñen moito en común, casi se confunden, non se sabe cales son mais cantantes.
Teñen en común por exemplo que son dous colectivos que mantemos todos os traballadores de este pais. Os sindicatos reciben millonarias sumas do goberno polo número de parados (mais parados ----> mais subvención) e ós da cexa repártelles a Sinde cada vez mais pasta, anque non vaia naide a ver as súas películas nin compren os seus discos, para eso está a SGAE.
Tamén resulta curioso que os sindicatos sexan, xunto coa casa real, os únicos organismos que reciben cartos públicos e non están auditados polo tibunal de contas. Ou sexa, que esta xente, que dende o 2006, aumentou os seus ingresos nun 50%, e en plena crise, este ano, nun 10% (e digo os seus ingresos, pero podía decir as subvencións, porque é o mesmo, todo o que ingresan ven do estado, porque só o 15% dos traballadores están afiliados a algún sindicato). Pois ben, os sindicatos con este arrollador apoio da masa traballadora, ten nada menos que 203.000 liberados sindicales, e un número incalculable de delegados que utilizan as horas sindicales para collerse puentes ou cambiar turnos que lles incomodan endosándollos ós compañeiros (sempre mirando polo camarada).
Por suposto estas horas que non traballan non as cobran do sindicato, cóbranos da empresa. Ademais de esto, este ano recibiron nada menos que 30.000 millons de euros en subvencións, e polo visto hai que devolverlles o bens incautados durante a guerra civil (si esto se fai extensivo a todos os cidadáns, temos para rato, pero bueno si vamos indemnizar ós moriscos, como non vamos a reparar o dano ós sindicatos).
Así que friamente mirado, os sindicatos son a segunda empresa deste bendito pais, detrais de... adiviñades que empresa pode ser mais grande que esta?.... pois si, a administración, con todos os seus funcionarios mimadiños e cuidadiños, non vaia a ser.
E así nos vai, con unha tasa de paro que dobla a media europea, e solo superada por Letonia. Polo tanto, todos os demais paises da eurozona están mellor que España, por suposto por culpa da empresa privada.
Si es que son unos perros.

0 comentarios: