que cara mais dura

Hoxe publica "La voz de Galicia" que os asistentes á manifestación, foron a "gastos pagos" (desgraciadamente non puiden encontrar o enlace na web), séndolles abonados con cargo ós sindicatos (ou sexa a cartos públicos) o transporte e "dietas".
E ainda así eran catro gatos (concretamente 32.921 según ese novedoso sistema de reconto de asistentes). Nin siquiera foron os liberados pagándolles os gastos!!!!
Claro, os labregos que protestan en Santiago, teñen que abandoar as súas explotacións para estar alí, gastar o gasoil dos tractores, e pagarse a comida fóra da casa, e os que quedan teñen que facer mais traballo para compensar a falta. Esto mesmo lle pasa ós autónomos que quixeran protestar. Pero non ós sindicalistas, a estes pagámoslles todos a ronda!!!, e como xa non fan nada, pois non se lles acumula o traballo.
Entre liberados e mantidos, ainda non chegan para facer unha manifestación como deus manda, anque, por suposto, non faltaron os estómagos agradecidos (Bardem, Wyomin...)
Como exemplo significativo, o que aparece na foto de abaixo, un pobre sindicalista desempregado, golpeado pola crise, bandeira en ristre, facendo uso dun limpabotas:
"Bó traballo camarada! Cando acabes de lustrame os zapatos, levántate e loita polos teus dereitos!"
"mire señorito, non me lie que teño que facer caixa e non está o forno para bolos".
Ole sus cojones!

0 comentarios: