Levamoso camiño convertir este pais en Arxentina, con corralito e goberno corrupto incluido, e por suposto coronado por unha población cuentista adherida ás subvencións de papá estado, que será convintemente repartida a cambio de votos.
E non se trata de outra das miñas pesimistas prediccións (que non son tan negras como di algún dos lectores) básanse na mais pura lóxica:
O goberno é incapaz de detér a espiral de empobrecemento da sociedade, unha sociedade que se empeña en anestesiar para que non vexa como se lle están amputando os membros un a un. O gasto corrente non se reduce, os gastos de protección social aumentan geométricamente e os ingresos disminuen exponencialmente, cómo diantre vai o estado manter este sistema? As CCAA teñen unha deuda de 90.000 M€, as familias, anteriores ricos plastificados, convertironse en desgraciados hipotecados, con algún (ou todos) membro no paro, fan milagros para dar pagados os gastos, e solo falta a previsible suba de Euribor para poñerlles a puntilla.
Según os datos de Cáritas, teñen 800.000 paisanos nas suas listas de axuda. Casi nada, e ollo, a cifra non é o peor, o peor é que o ano pasado eran a mitade e fai dous, a cuarta parte. Casi 400.000 destes novos dependentes da caridade no 2007 non sabía onde estaban estos centros de axuda. Dura caida para estos conciudadans empuxados pola voráxine expansiva da (ficticia) riqueza inmobiliaria, lastrados por créditos e tarxetas, e afogados polos primeiros impagos que multiplican a deuda.
E ainda faltan os que ainda non saben que tamén son pobres, os sobrepotexidos fillos que viven no amparo do fogar familiar, sin moita posiblidade (e menos ganas) de encontrar traballo e mimados e abrigados por papá e mamá, mentras preparan larguisimas oposicións que posiblemente nunca sexan convocadas por quiebra do sistema, ou simplemente se sinten menospreciados por un mercado laboral que tasa a sua preparación universitaria como mileuristas (que ironía, xa quixeran moitas familias completas esos despreciados mil euros mensuais...) eso si consiguen encontrar algo. Si non, pois esperamos, que tampouco imos depreciar o noso flamante titulo universitario traballando de camareiro... sobre todo mentras siga mamá poñendo o plato debaixo do fuciño todos os dias. En esos datos de Cáritas, aparece outro dato escalofriante, xubilados que cobran pensión e vivían con ela os ultimos anos, ahora van a comer da caridade, ¿por qué, si a vida non subeu? Pois porque os cartos que antes dedicaban a comer e ós seus (pequenos) gastos, ahora van destinados a manter a hipoteca dos seus fillos e netos...
A morosidade multiplicouse por catro, atacando á linea de flotación da pequena empresa nacional (80% do emprego en España), o 70% das empresas fixeron ERE o ano pasado afectando a 490.000 traballadores, e este ano presentase outra oleada de paros regulados en torno ós 390.000 afectados. Tamén hai que sumar, 3670 concursos de acreedores admitidos a trámite (a inmensa maioría acaban en liquidación) e un tercio de esta cifra, que están pendentes de ser tramitados.
Mentras toda esta xente pasa a depender do estado, o PIB baixará outro 0.6% no 2010 (según FUNCAS, e non é o dato mais pesimista) có cal, o endudamento, que xa roza o 30%, alcanzará cifras impensables fai 3 anos, e o apalancamento do estado faise tan dramático que non ten recursos para sostener, para cando mais, impulsar e economía. Por outro lado tampouco o faría si os tivera, porque xa tivo oportunidade e non o fixo. En lugar de informar á población e facerlle ver que viñan anos duros onde todos ibamos a ter que arrimar o hombro para mellorar a competitividade das empresas nacionais, reparteu dividendos en forma de paga extra a todo o mundo, radicalizou o poder dos sindicatos, sigueu aumentando o gasto corrente en forma de mais funcionarios, permitiu transferencias ruinosas as CCAA, nunca puxo coto ó suicida endeudamento de concellos e comunidades...
Mentras a ciudanía, tranquila, afectada polo conocido como sindrome de Buenos Aires, pensando como os nosos primos de ultramar, que esto non iba con eles, e seguían como sempre a pesar de que o corralito estaba anunciado e era coñecido por todos. Aquí tamén, os datos económicos que poño aquí, estan sacados de coñecidos periódicos económicos, da comunidade económica europe, Banco de España, Banco Central europeo, etc... entidades que dende logo non están a altura do eminente talento economico planetario de ZP, que por outro lado, e inexplicablemente, sigue parecendo mais creible para a masa deste pais.
Arxentinización
miércoles, 30 de diciembre de 2009 | Publicado por layla en 10:23
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario